martes, 21 de febrero de 2012

O seleccionador galego da categoría infantil, Ibán García, volveu a reclamar a presenza do mariñán Asier Burundarena para o adestramento que o seu combinado vai a realizar o vindeiro xoves 23-2-2012 ás 17:45h. no pavillón La Castellana, situado no Colexio Público La Castellana (Aranga), Autovía A Coruña a Lugo saída Montesalgueiro. O xogador deberá ir provisto de ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡MOITA SORTE!
O vindeiro MÉRCORES 22-2-2012 o noso combinado alevin será recibido nos Concellos de Xove e de Burela, como recoñecemento ao título de SUBCAMPIÓNS GALEGOS obtido na Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputou en Carballiño o pasado día 5 de Febreiro. Ás 17:30h. os rapaces serán recibidos no Concello de Xove. Unha vez alí os alevins mariñáns ofreceránlles aos rexidores locais o título obtido. De seguido, desprazáranse ate a localidade de Burela, para ser recibidos na Casa do Concello, ás 18:30h., polo Alcalde de Burela, José Mª Barcia, onde lle ofrecerán tamén o título colleitado.

¡NORABOA RAPACES!

lunes, 13 de febrero de 2012

O combinado galego alevin, dirixido por Alfonso Castro, vai a levar a cabo o vindeiro fin de semana a súa primeira concentración para a que foron chamados os mariñáns Rubén Castro e Fran Fiallega. Os dous rapaces deberán de presentarse o Venres 17-2-2012 ás 16:15h. no pavillón Albergue Marina Española (Complexo Xuvenil As Mariñas) e estarán alí todo o fin de semana saíndo o domingo ás 15:00h. Para esta concentración os rapaces deberán ir provistos de ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!
O seleccionador galego na categoría infantil, Ibán García, reclamou a presenza dos mariñáns Álex García e Asier Burundarena para o adestramento que o seu combinado vai a facer o vindeiro Martes 14-2-2012 ás 17:45h. no Pavillón Municipal de Teixeiro (detrás do Concello). Para este adestramento os rapaces deberán ir provistos de licencia federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

miércoles, 8 de febrero de 2012

O vindeiro sábado 11-2-2012 e como colofón a tempada dos combinados infantil e cadete os rapaces que formaron parte destes están convidados a pasar unha tarde divertida na piscina municipal de Xove. A hora de entrada na piscina será ás 18:00h. e a hora de saída será ás 19:30h. e tódolos rapaces deberán ir provistos de gorro, chanclas, toalla e roupa e útiles de aseo.
Esperemos que tódolos rapaces disfruten ó máximo nesta lúdica xornada de convivencia.

¡TODOS Á AUGA!

martes, 7 de febrero de 2012

Unha vez rematado o Campionato Galego de Seleccións Locais comeza o turno dos combinados irmandiños. O seleccionador galego da categoría benxamin, Enrique Serantes, reclamou a presenza dos pequenos amriñáns Hugo Rodriguez (ED Lourenzá), Pol Bassa (Burela FS) e Juan López (Praia de Covas), para o adestramento que vai levar a cabo o vindeiro xoves 9-2-2012 ás 17:45h. no Pavillón Municipal de Teixeiro.
Pola súa parte, o seleccionador da categoría infantil, Ibán García, tamén reclamou a presenza dos mariñáns Daniel López, Álex García e Mamadou Diof, todos eles pertencentes ao Burela FS, para o adestramento que vai levar a cabo o vindeiro mércores 8-2-2012 no Pavillón A Castellana (Autovía A Coruña a Lugo saida de Montesalgueiro).
Todos os rapaces deberán ir provistos de ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

lunes, 6 de febrero de 2012

Tras impoñerse con solvencia nas semifinais do Campionato Galego de Seleccións Zonais, os rapaces da categoría alevín da selección de A Mariña de fútbol sala sufriron un dos episodios mais amargos das súas cortas pero prometedoras carreiras. Unha dura e inxusta derrota na que os nenos mariñáns coñeceron o lado mais amargo e deleznable do deporte.
Comezou moi ben a xornada, tras un bo madrugón, posto que pese ó susto inicial dos dous goles encaixados na semifinal fronte a Lugo Sur, os mariñáns sobrepuxéronse con caracter e enteireza chegando gañando 3-2 ó descanso e ó final do encontro cun marcador de 6-2 que reflexaba a amplia diferencia entre ámbolos dous equipos.
Formaron por parte de A Mariña: Rubén; Nito, Fran, Alex e Jorge. Tamén xogaron Luca, Paulo, Manu, Alvaro, Luis, Alberto e Luismi (PS).
Tras comezar o partido bastante nerviosos, os rapaces dirixidos por Fran foronse asentando no campo, en parte polas correccións feitas polo focense no tempo morto, e comezaron a desplegar o seu xogo que, sen alardes, lles deu vantaxe no marcador. Xa na segunda metade, con 4-2 no marcador, o técnico rival tentou contrarrestar o resultado sacando o porteiro-xogador pero os rapaces de Lugo Sur case non foron capaces de pasar do seu campo dada a boa presión feito polos mariñáns na salida do balón. Deste xeito seguiron chegando os goles ata o 6-2 final. Cambre esperaba na final, ás 17:30 no mesmo lugar das semis, logo de eliminar a Santiago.
Os rapaces foron comer na compaña dos monitores da Selección da Mariña, nun ambiente moi familiar e tras indagar na cultura popular e enxebre galega, dirixíronse cara o pavillón para afrontar a final.
Formaron desta volta: Rubén; Nito, Fran (2), Alex e Luca. Tamén xogaron Luismi (PS), Jorge, Paulo e Álvaro. Alberto, Luis e Manu agardaron a súa oportunidade no banco animando ós seus compañeiros. O partido comezou moi cerrado, o que sería a tónica xeral do encontro, cos dous equipos respetándose moito e cos rapaces mariñáns moi atenazados. Apenas se vían aproximacións e so cando Nito, imperial ó corte dende o cierre, roubaba e conectaba con Fran conseguían crear perigo os nosos rapaces. Pola outra banda, Rubén non tivo que empregarse con moita intensidade posto que os rivais non chegaron con moita claridade á portería mariñá. Transcorreron os minutos sen que apenas pasase nada, mais que nervios e pouco xogo colectivo, chegándose ó descanso co marcador inicial. Na segunda metade os mariñáns, a falta de xogo e lucidez no xogo de ataque tiraron de casta e fixeron valer a superioridade física de Fran para adiantarse por dúas veces no marcador, tras unha pugna cun defensa na área riva e un penalti tras unha man bastante clara. Neste intre semellaba máis cerca o 3-0 que o 2-1, posto que apareceron as ocasións para os mariñáns que comezaban a facer o que eles saben.
Aínda así, nun balón colgado polos rapaces de Cambre o propio Fran sacou o balón de cabeza, lance no que recibiu un involuntario golpe no nariz. Acto seguido, cando todo o mundo, incluidos os rivais, crían que se pitara falta, un dos colexiados, adquirindo un protagonismo incrible nun partido de categoría alevín, sinalou o punto de penalti sen saberse moi ben a día de hoxe o que pitou. Cambre non fallou e subiu o 2-1 o marcador, recurtando distancias, metendose no partido e sacando do mesmo os nosos nenos. Na xogada seguinte, Nito, tras unha excelente e modélica defensa, arrebata o balón a un rival, o rexeite caelle a Luca que despexa con tan mala sorte que o balón chega a un rapaz de Cambre na frontal fusilando a Luismi cun tiro perfecto e pegado ó pao dereito. A estirada do porteiro burelao non foi suficiente. Cos nosos rapaces completamente alterados e sen cabeza, chegou o definitivo 2-3, nun 2 contra un ante Luismi, que nada puido facer. Quedaban 5 minutos de xogo, pero tratábase dun tempo virtual porque en realidade o tempo correu sen estar o balón en xogo. Tras un par de incidentes nos que o arbitro tivo que reclamar as asistencias, non quixo parar o tempo como se fixo en tódolos partidos do campionato, polo que se gastou mais da metade do tempo que restaba. A xente nas gradas vía con impotencia como o cronómetro na mesa corría sen que naide se atrevera ou poidera paralo. Ó final do partido, os nosos rapaces tiveron que cambiar as súas habituais bromas e sorrisos por caras largas e lágrimas, posto que a pesares de tratarse de nenos, non é facil enganalos e saben perfectamente o que aconteceu sobre a pista. Incluso afeccionados e xogadores doutras seleccións abuchearon e silbaron o acontecido e brindaron unha bonita pero insuficiente ovación ós mariñáns tanto o final do encontro como trala entrega de premios. É probable que os colexiados non se foran coa conciencia tranquila pero eles non tiveron que entrar no vestiaro e ver os nenos completamente desfeitos, nin ver como Fran, ó que lle pitaron un penalti, sangraba polo cóbado e pola rodilla, parte dun forte golpe no nariz, pero para el non tiveron tempo de atendelo.Logo na pseudoentrega de premios, na que ninguén soubo quen gañou e quen perdeu, os nosos rapaces tiveron que saír correndo literalmente da ducha porque se quedaban sen premio e naide os esperaba. Non houbo nin quen lles colgara as medallas no pescozo, tivo que ser o capitán, Nito, quen as repartira cos seus compañeiros. Un total desconcerto e desbaraxusto no que os rapaces non aprenderon nada bo e si o lado mais cruel e negativo do deporte.Dende o corpo técnico da Selección da Mariña de Fútbol sala de base, queremos agradecer ós pais e familiares o esforzo feito indo ata O Carballiño e os ánimos dende a grada, e, sobre todo, felicitar ós nenos pola súa entrega e responsabilidade, sendo nos conscientes de que sempre nos devolven moito mais do que nos lles aportamos a eles. Moitas Grazas a Rubén, Luismi, Nito, Fran, Alex, Jorge, Alberto, Luis, Manuel, Paulo, Álvaro, Luca, David e Xabi.

¡NORABOA RAPACES!
 


Blogger Template By LawnyDesignz