viernes, 31 de diciembre de 2010

Dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremos desexarlle a todo o mundo un Feliz e Próspero Ano 2011.

¡FELIZ ANO 2011!
Tres claras victorias e unha soa derrota. Ese foi o botín que acadou a selección da Mariña de Fútbol sala na súa visita á selección de Lambre-Mandeo, en partidos disputados na tarde de onte Xoves 20 de Decembro de 2010.
Comezou a sesión de tarde co debút do benxamíns ás 16:30. Os rapaces dirixidos por Brenan saíron apretando dende o inicio e o pouco de comezar xa gozaban dunha renta de 0-3, debido en meirande parte á falta de experiencia dos nenos do equipo contrario. Destacaron expecialmente os vivarienses Jorge e Miguel que non pararon de chegar á porta contraria. Así coa vantaxe no marcador tódolos nenos dirixidos polo míster laurantino tiveron a súa oportunidade para demostrala súa valía. Foron caendo os goles tamén na segunda metade ata completarse o 0-8 final.
Era agora o turno da categoría alevín, na que Fran Vázquez, "O Gran Paco", guía a unha gran xeración, con algúns rapaces que xa coñece do seu anterior paso pola categoría benxamín ou de adestrar o Cidade de Viveiro, mais a veteranía que lle aportan outros coma os laurentinos Manuel Noceda e Manuel Vázquez, así como a impresión física que causan os pontenoveses Roi e Fran. Comezou o encontro cun asedio total dos visitantes que en pouco máis de tres minutos xa tiraran 3 veces a porta e sacaran tres veces dende a esquina. Mais na única ocasión na que os locais pasaron do medio do campo ía chegar o 1-0, pois a pesar de fallala súa ocasión, no saque de porta foille sinalado a Luismi unha rigorosa falta indirecta por tardar en sacar. Foi un momento de baixón para os alevíns, que souperon recuperar trala entrada no campo de rapaces que souberon recuperalo control do balón coma Xavi, Dani ou Vázquez. Así uns 5 minutos mais tarde Roi facía o empate cun perfecto chupinazo que se colocou pola escadra local, quitándolle tódalas penas o pequeno xogador da pontenova e ós seus compañeiros. Notaban en falta os mariñáns as poucas aparicións dos seus dous zurdos, Pablo e mais Fran. Pero o primeiro ía deixar un zurdado na escadra antes de marchar ó banco para descansar, facendo así o 1-2. Co marcador a favor o míster focense quixo reforzalo equipo cun quinteto mais físico: Noé; Roi, Fran, Noceda e Vázquez; que non deixaba saír ó seu rival. Cabalo grande ande ou non ande. Con todo o resultado non se ía mover ata o descanso.
Na segunda metade os visitantes ían tomar unha boa renta ata o 1-4, tras perder tódolos nervios da primeira metade e coller Pablo e Fran o control da situación. Destacaba tamén especialmente Nito co seu bo equilibrio defensa ataque e o pontenovés Fran coas súas galopadas na ala esquerda.
Nembargantes, ían recurtar distancias os locais, 2-4. Pero foi o preludio do definitivo 5-2, un tremendo escadrazo coa zurda do vivariense Fran. Ó final 2-5 e tres puntos para os mariñáns, que ó igual que os benxamíns se situaban a un paso da clasificación.
Era agora o turno da categoría infantil, na que o xa experimentado Cristian Gómez Fustes, alma máter destas seleccións, dirixe a un equipo sen moito potencial físico pero que se move como peixe na auga sobre o 40x20. No inicio, comezaban so visitantes apretando arriba, seña de identidade do míster focense, e os locais colgando balóns á espalda do peche. Non parecían ter problemas os visitantes para chegar, froito do cal ó pouco de comezar chegaría o 0-1, obra de Jorge, melena ó aire. Pero se cadra un exceso de relaxación fixo que á saída dun corner os locais empatasen, 1-1. A partires deste intre o partido convertiuse no correcalles que quería Lambre ata que o mais forte da clase, Cristian García, poñia as cousas no seu sitio con dous goles seguidos, 1-3. Antes de chegar ó descanso o vivariense Alex facía o 1-4 tras unha boa xogada personal. A pesar do marcador, os mariñáns tiñan un par de rémoras, o balance balóns roubados - balóns perdidos, que era negativo e a cantidade de ocasións malogradas, 21 disparos á porta para so 4 goles, tres deles a porta vacía.
Serviu o descanso para que os de Fustes se puxesen as pilas, posto que comezaron a recuperar mais balóns dos que perdían, non deixaban ó rival saír da súa área e afinaron coa porta rival. Así non importaban quen estivera na pista pois o dominio foi total e os goles foron chegando ata completar o 2-12 final, nunha gran segunda parte na que os menos habituais aproveitaron os seus minutos con eficiencia.
Pouco despois ía chegar o turno dos cadetes, que defenden o listón alto que deixaron o ano pasado os seus antecesores chegando á final do campionato galego, tamén dirixidos polo vivariense Emilio "Melu" Calpita. No encontro mais igualado da tarde, os visitantes foron aguantando o tipo ata mediada a primeira metade, cando os locais fixeron o 1-0. Aínda que os mariñáns apenas sufrían atrais tampouco lograban levar moito perigo á meta rival, nun encontro sen moitas ocasións na que Erik non tivo o traballo que acostuma.
Logo de chegar ó descanso co marcador en contra, Melu decidiu ir polo partido subindo un pouco a defensa, pero saiulle mal e encaixou o 2-0. Isto serviu para que puxera toda a carne no asador disputando 10 minutos con Erik, que fora sustituído por Cristian, coma porteio xogador. As ocasións mais claras foro para Rubén, Miguel Rivas, Isi e Benxa, pero non foron quen nin de recurtar distancias.
Ó final derrota por 2-0 que resta opcións a selección cadete de repetila xesta do ano pasado.
Pese a esto último as seleccións da Mariña teñen opcións de meter varios equipos nas fases finais a disputar en Viveiro posto que lograron tres claras victorias, dúas delas con moitos goles de vantaxe. O próximo domingo 9 a derradeira xornada para a selección da Mariña teremos mais novas ó respecto, dependendo do que fagan os seus rivais entre si.
Grazas a tódolos rapaces e as súas familias polo seu esforzo na viaxe a Miño.


¡NORABOA RAPACES!

martes, 28 de diciembre de 2010

O vindeiro Xoves 30-12-10 desprazarémonos ata a localidade de Miño para a disputa do primeiro partido correspondente á Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais contra a Selección de Lambre-Mandeo, para iso informámoslles da hora e lugar de saída do autobús:
•12:30h. de VIVEIRO (Supermercado Haley)
•12:40h. de XOVE (Boutique Catycris)
•12:50h. de CERVO (Concello)
•13:00h. de BURELA (Pavillón Vista Alegre)
•13:05h. de CANGAS (Restaurante Selmira)
•13:10h. de NOIS (Bar Brea)
•13:15h. de FOZ (Concello)
•13:25h. de BARREIROS (Restaurante O Asador)
•13:30h. de LOURENZÁ (Mesón Paraíso)
•13:40h. de MONDOÑEDO (Restaurante O Rei das Tartas)
Os horarios dos partidos serán os seguintes:
→CATEGORIA BENXAMIN ás 16:30h.
SELECCIÓN DE LAMBRE-MANDEO - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA ALEVIN ás 17:30h.
SELECCIÓN DE LAMBRE-MANDEO - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA INFANTIL ás 18:30h.
SELECCIÓN DE LAMBRE-MANDEO - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA CADETE ás 19:30h.
SELECCIÓN DE LAMBRE-MANDEO - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
*TÓDOLOS PARTIDOS DISPUTARÁNSE NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE MIÑO.
*IMPORTANTE:
- IMPRESCINDIBLE LEVAR DNI E TARXETA SANITARIA
- LEVAR O CHANDAL e ROUPA DA SELECCIÓN
- LEVAR ROUPA E ÚTILES DE ASEO


¡MOITA SORTE RAPACES!

sábado, 25 de diciembre de 2010

A selección benxamín, dirixida polo laurentino Brenan Rivas Terrón está formada polos seguintes xogadores: Lucas Díaz Teijeira, Miguel González Giz, Brais Vilal González, Juan López Sánchez, Natalael Jiménez Borja e Mario Cao Ossorio do Praia de Covas, Pol Bassa Mora e Aaron Artin Hernández do CD Burela FS, Adrián Rodríguez Rego da A.C.D. Xove, Arturo Cardenal López Santos de A Mariña FS, Jorge Insúa Candia do C.F.S. Cidade de Viveiro e Hugo Rodriquez Pardo das ED Lourenzá.
Pola súa parte a selección alevín, dirixida polo focense Francisco Vázquez Beltrán está formada polos seguintes xogadores: Pablo López Gallo, Manuel Vázquez Cortiñas e Manuel Noceda Ferreiro das ED Lourenzá, Luismi Nieto Fraga e Néstor Valle Gómez do CD Burela FS, Roi Campo Rivero e Fran Fiallega Fernández de ED Pontenova-Superti, Daniel Bertolo Casas, Fran Rolle Meiti, Xavi Goás Gómez e Xoel Rodríguez García do C.F.S. Cidade de Viveiro e Noé Cabana Alemparto da A.C.D. Xove.
Polo que respecta á selección infantil, dirixida por Christian Gómez Fustes, está formada polos seguintes xogadores: Samuel Alvo Cabaleiro e Alejandro Paz Alonso de A Mariña F.S., Christian García Méndez, Renato Lopes Furtado, Borja Blanco López, Adrián Sanjurjo Penabad, Daniel López Otero, Cristian Reigosa Karageorgian e Aaron Fernández Cabana do CD Burela FS, Jorge Pernas Vázquez e Javier Fraga Pérez do C.F.S. Cidade de Viveiro e Aaron Blanco Casabella da A.C.D. Xove.
Finalmente a selección cadete, dirixida polo viveiriense Emilio González Escourido ”Melu”, está formada polos seguintes xogadores: Erik Campo Vázquez, Óscar Blanco Basanta, Diego Fernández Medina, Cristian Fernández Fernández e Santi Timiraos González do C.F.S. Cidade de Viveiro, Miguel Márquez Fernández, Daniel García Maseda, Cristian Méndez Soares, Miguel Rivas Romo, Isaac Losada Cunha e Benxamín Pena López do CD Burela FS e Rubén Fernández Díaz das ED Barreiros.

¡SORTE RAPACES!

viernes, 24 de diciembre de 2010

Dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremos desexarlle a todo o mundo unhas Felices Festas de Nadal.

¡BO NADAL!

martes, 21 de diciembre de 2010

Nos partidos amigables disputados o pasado Domingo 19-12-2010 derónse os seguintes resultados:
→CATEGORIA BENXAMIN:
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 3–4 ED LOURENZÁ ALEVIN
→CATEGORIA ALEVIN:
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 2–2 ED LOURENZÁ INFANTIL
→CATEGORIA INFANTIL:
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 4–7 ED LOURENZÁ CADETE
→CATEGORIA CADETE:
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 3–9 ED LOURENZÁ XUVENIL

miércoles, 15 de diciembre de 2010

O vindeiro Domingo 19-12-2010 os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala van a xogar novos partidos amigables no Pavillón Municipal de Lourenzá.
A continuación, informamoslles dos horarios dos partidos:
→CATEGORIA BENXAMIN ás 16:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – ED LOURENZÁ ALEVIN
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 15:30h.)
→CATEGORIA ALEVIN ás 17:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – ED LOURENZÁ INFANTIL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 16:30h.)
→CATEGORIA INFANTIL ás 18:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – ED LOURENZÁ CADETE
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 17:30h.)
→CATEGORIA CADETE ás 19:30h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – ED LOURENZÁ XUVENIL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 18:30h.)
Asimesmo, tamén lles recordamos que para a disputa deste partido os xogadores deberán de desprazarse polos seus propios medios.

¡SORTE RAPAZES!

lunes, 13 de diciembre de 2010

Rubén xa ten xogado na selección infantil o ano pasado, cando incluso xogou a fase final en Santiago de Compostela co cadro cadete, proclamándose subcampión.Un experto neste tipo de lides que nos contesta como sigue:
1)Como te chamas? Rubén Fernández Díaz
2)Cantos anos tes? 14
3)Onde xogas? EDM Barreiros
4)De que xogas? Universal
5)De que equipo de Fútbol eres? Do Dépor
6)Cal é o teu xogador favorito? Xavi
7)Cres que tedes boa selección cadete? Ben, non hai queixa.
8)Que opinas de Melu? É bo entrenador.
9) Xa ligas moito? Bah, o normal, cada un opina do seu.
10)Cambias moito de peinado coma CR7? Non (responde de forma rotunda e convincente)

Cristian tamén repite na selección tralo ano pasado como infantil de primeiro ano. Coma un dos veteranos terá que asumir o papel que lle corresponde e ser un dos máximos referentes das ordes de Christian Gómez "Fustes".
1)Como te chamas? Cristian García Méndez
2)Cantos anos tes?13
3)En qué equipo xogas? No Burela FS
4)De que xogaas? Universal
5)De que equipo eres? Real Madrid
6)Cal é o teu xogador favorito? Higüaín
7)Cres que hai boa selección infantil? Regular (contesta con pesimismo)
8)Que opinas de Fustes? Que é bo adestrador
9)Que opinas de Madar, adestrador do Burela fs? Tamén, con defectos, é bo adestrador.
10) De onde sacas tanta forza? Dos adestramentos que fago...jajajjajaja(a parte de xogar ó futbol sala, Cristian é piragüista)
O vindeiro Xoves 30-12-2010 os combinados mariñáns desprazáranse até a comarca de Lambre para enfrontarse cos combinados de dita comarca. Os partidos disputaránse no Pavillón Municipal de Miño e os horarios serán os seguintes:
→16: 30h. CATEGORÍA BENXAMIN
→17:30h. CATEGORÍA ALEVIN
→18:30h. CATEGORÍA INFANTIL
→19:30h. CATEGORÍA CADETE

¡MOITA SORTE RAPAZES!

Pablo é, probablemente, un dos rapaces con mais calidade de tódalas categorías; nunca pasa desapercibido. O salto de categoría case non se nota para él e no debút en alevíns, xa fixo boas migas cos novos compañeiros, aparte de seguir a estreitala relación con outros de primeiro ano coma Nito, Luismi, Xavi...A súa peculiar forma de expresarse pode ser interesante nesta conversa:
1)Cómo te chamas? Pablo López Gallo
2)Cantos anos tes? 10
3)En qué equipo xogas? No EDM Lorenzana
4)De qué xogas? De Ala
5)De qué equipo Fútbol eres? Do Real Madrid
6)Cal é o teu xogador favorito? Özil
7)Cres que tedes bo equipo na selección? Si, moi bo.
8)Que opinas de Fran, o teu adestrador da selección? Buff...(resopla) é moi bo
9)Que opinas de Brenan, o adestrador do teu equipo? Tamén é moi bo
10)Como é o adestramento de porteiros? Jajajajaja...Con rodilleras e coderas.
11)Os bocadillos de xamón ou de chorizos?De chorizos...do Mazo!!!!!
Jorge debuta este ano na selección benxamín, sendo un dos seus referentes. Este ano tentará, xunto cos seus compañeiros continuar na boa liña do ano pasado, a pesar da renovación da selección:
1)Como te chamas? Jorge Insua Candia
2)Cantos anos tes? 9
3)Onde xogas? No Cidade de Viveiro
4)En qué posto xogas? De pívot
5)De qué equipo de fútbol eres? Do Real Madrid
6)Cal é o teu xogador favorito? Cristiano Ronaldo
7)Cal é o compañeiro da selección co que mellor te levas? Con Juan
8)Cres que tedes bo equipo na selección da Mariña? Si, vamos ganar
9)Que opinas de Paxi, o adestrador do teu equipo? É moi bo adestrador
10)Que opinas de Brenan,o adestrador da selección? Tamén é moi bo adestrador

jueves, 9 de diciembre de 2010

Trala disputa dos primeiros partidos amigables as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala non descansan e prosiguen cos seus adestramentos. O vindeiro domingo 12 de decembro os combinados mariñáns desprazáranse de novo ata a vila de Foz para seguir cos seus adestramentos de cara a disputa da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais, nos seguintes pavillóns e horarios:
CATEGORÍA BENXAMIN:
Domingo 12-12-2010 ás 16:30h. no Pavillón Torqués de Marzán.
CATEGORÍA ALEVIN:
Domingo 12-12-2010 ás 16:30h. no Pavillón do Colexio O Cantel.
CATEGORÍA INFANTIL:
Domingo 12-12-2010 ás 18:30h. no Pavillón do Colexio O Cantel.
CATEGORÍA CADETE:
Domingo 12-12-2010 ás 18:00h. no Pavillón Torqués de Marzán.
Xa temos as datas confirmadas dos partidos oficiais que os combinados das Seleccións A Mariña de Fútbol Sala van a disputar na fase de clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais, cuia fase final se vaia a disputar en Viveiro.
O primeiro partido será fora , o xoves día 30 de Decembro,e terémonos que desprazar ata a comarca de Lambre para enfrontarnos ás seleccións de dita comarca; os horarios e pavillón no que se van a disputar os partidos están pendentes de confirmar. O segundo partido será xa o vindeiro ano, en concreto, o 9 de Xaneiro, data na que nos enfrontaremos aos combinados de Ferrol no pavillón Municipal de Xove nos seguintes horarios: os máis pequenos,categoría benxamin serán os primeiros en saltar á pista ás 17:00h, de seguido xogará a categoría alevín ás 18:00h., a continuación a categoría infantil ás 19:00h. e pecharan a xornada os cadetes que xogarán ás 20:00h.

¡MOITA SORTE RAPAZES!


Nos partidos amigables disputados o pasado Mércores 8 no Pavillón Municipal de Viveiro derónse os seguintes resultados:
→CATEGORIA BENXAMIN
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 5–6 C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO ALEVIN
→CATEGORIA ALEVIN
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 8–1 PORTO CELEIRO F.S. INFANTIL
→CATEGORIA CADETE
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 4–5 C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO XUVENIL
→CATEGORIA INFANTIL
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. 7–2 PRAIA DE COVAS CADETE

sábado, 4 de diciembre de 2010

O vindeiro Mércores 8-12-2010 os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala van a xogar os primeiros partidos amigables no Pavillón Municipal de Viveiro.
A continuación, informamoslles dos horarios dos partidos:
→CATEGORIA BENXAMIN ás 16:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO ALEVIN
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 15:30h.)
→CATEGORIA ALEVIN ás 17:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – PORTO CELEIRO F.S. INFANTIL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 16:00h.)
→CATEGORIA CADETE ás 18:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – C.F.S. CIDADE DE VIVEIRO XUVENIL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 17:00h.)
→CATEGORIA INFANTIL ás 19:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – PRAIA DE COVAS CADETE
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 18:00h.)
Asimesmo, tamén lles recordamos que para a disputa deste partido os xogadores deberán de desprazarse polos seus propios medios.

¡SORTE RAPAZES!

jueves, 2 de diciembre de 2010

O vindeiro domingo 5 de decembro os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala desprazáranse ata a vila de Burela para seguir con seus adestramentos de cara a disputa da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais, nos seguintes pavillóns e horarios:
CATEGORÍA BENXAMIN:
DESCANSA
CATEGORÍA ALEVIN:
Domingo 5-12-2010 ás 16:30h. no Pavillón do Vista Alegre de Burela.
CATEGORÍA INFANTIL:
Domingo 5-12-2010 ás 18:30h. no Pavillón do Vista Alegre de Burela.
CATEGORÍA CADETE:
Domingo 5-12-2010 ás 17:00h. no Pavillón Monte Castelo de Burela.
 


Blogger Template By LawnyDesignz