jueves, 9 de diciembre de 2010

Xa temos as datas confirmadas dos partidos oficiais que os combinados das Seleccións A Mariña de Fútbol Sala van a disputar na fase de clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais, cuia fase final se vaia a disputar en Viveiro.
O primeiro partido será fora , o xoves día 30 de Decembro,e terémonos que desprazar ata a comarca de Lambre para enfrontarnos ás seleccións de dita comarca; os horarios e pavillón no que se van a disputar os partidos están pendentes de confirmar. O segundo partido será xa o vindeiro ano, en concreto, o 9 de Xaneiro, data na que nos enfrontaremos aos combinados de Ferrol no pavillón Municipal de Xove nos seguintes horarios: os máis pequenos,categoría benxamin serán os primeiros en saltar á pista ás 17:00h, de seguido xogará a categoría alevín ás 18:00h., a continuación a categoría infantil ás 19:00h. e pecharan a xornada os cadetes que xogarán ás 20:00h.

¡MOITA SORTE RAPAZES!


 


Blogger Template By LawnyDesignz