Comezou a sesión de tarde co debút do benxamíns ás 16:30. Os rapaces dirixidos por Brenan saíron apretando dende o inicio e o pouco de comezar xa gozaban dunha renta de 0-3, debido en meirande parte á falta de experiencia dos nenos do equipo contrario. Destacaron expecialmente os vivarienses Jorge e Miguel que non pararon de chegar á porta contraria. Así coa vantaxe no marcador tódolos nenos dirixidos polo míster laurantino tiveron a súa oportunidade para demostrala súa valía. Foron caendo os goles tamén na segunda metade ata completarse o 0-8 final.
Era agora o turno da categoría alevín, na que Fran Vázquez, "O Gran Paco", guía a unha gran xeración, con algúns rapaces que xa coñece do seu anterior paso pola categoría benxamín ou de adestrar o Cidade de Viveiro, mais a veteranía que lle aportan outros coma os laurentinos Manuel Noceda e Manuel Vázquez, así como a impresión física que causan os pontenoveses Roi e Fran. Comezou o encontro cun asedio total dos visitantes que en pouco máis de tres minutos xa tiraran 3 veces a porta e sacaran tres veces dende a esquina. Mais na única ocasión na que os locais pasaron do medio do campo ía chegar o 1-0, pois a pesar de fallala súa ocasión, no saque de porta foille sinalado a Luismi unha rigorosa falta indirecta por tardar en sacar. Foi un momento de baixón para os alevíns, que souperon recuperar trala entrada no campo de rapaces que souberon recuperalo control do balón coma Xavi, Dani ou Vázquez. Así uns 5 minutos mais tarde Roi facía o empate cun perfecto chupinazo que se colocou pola escadra local, quitándolle tódalas penas o pequeno xogador da pontenova e ós seus compañeiros. Notaban en falta os mariñáns as poucas aparicións dos seus dous zurdos, Pablo e mais Fran. Pero o primeiro ía deixar un zurdado na escadra antes de marchar ó banco para descansar, facendo así o 1-2. Co marcador a favor o míster focense quixo reforzalo equipo cun quinteto mais físico: Noé; Roi, Fran, Noceda e Vázquez; que non deixaba saír ó seu rival. Cabalo grande ande ou non ande. Con todo o resultado non se ía mover ata o descanso.
Na segunda metade os visitantes ían tomar unha boa renta ata o 1-4, tras perder tódolos nervios da primeira metade e coller Pablo e Fran o control da situación. Destacaba tamén especialmente Nito co seu bo equilibrio defensa ataque e o pontenovés Fran coas súas galopadas na ala esquerda.
Nembargantes, ían recurtar distancias os locais, 2-4. Pero foi o preludio do definitivo 5-2, un tremendo escadrazo coa zurda do vivariense Fran. Ó final 2-5 e tres puntos para os mariñáns, que ó igual que os benxamíns se situaban a un paso da clasificación.
Era agora o turno da categoría infantil, na que o xa experimentado Cristian Gómez Fustes, alma máter destas seleccións, dirixe a un equipo sen moito potencial físico pero que se move como peixe na auga sobre o 40x20. No inicio, comezaban so visitantes apretando arriba, seña de identidade do míster focense, e os locais colgando balóns á espalda do peche. Non parecían ter problemas os visitantes para chegar, froito do cal ó pouco de comezar chegaría o 0-1, obra de Jorge, melena ó aire. Pero se cadra un exceso de relaxación fixo que á saída dun corner os locais empatasen, 1-1. A partires deste intre o partido convertiuse no correcalles que quería Lambre ata que o mais forte da clase, Cristian García, poñia as cousas no seu sitio con dous goles seguidos, 1-3. Antes de chegar ó descanso o vivariense Alex facía o 1-4 tras unha boa xogada personal. A pesar do marcador, os mariñáns tiñan un par de rémoras, o balance balóns roubados - balóns perdidos, que era negativo e a cantidade de ocasións malogradas, 21 disparos á porta para so 4 goles, tres deles a porta vacía.
Serviu o descanso para que os de Fustes se puxesen as pilas, posto que comezaron a recuperar mais balóns dos que perdían, non deixaban ó rival saír da súa área e afinaron coa porta rival. Así non importaban quen estivera na pista pois o dominio foi total e os goles foron chegando ata completar o 2-12 final, nunha gran segunda parte na que os menos habituais aproveitaron os seus minutos con eficiencia.
Pouco despois ía chegar o turno dos cadetes, que defenden o listón alto que deixaron o ano pasado os seus antecesores chegando á final do campionato galego, tamén dirixidos polo vivariense Emilio "Melu" Calpita. No encontro mais igualado da tarde, os visitantes foron aguantando o tipo ata mediada a primeira metade, cando os locais fixeron o 1-0. Aínda que os mariñáns apenas sufrían atrais tampouco lograban levar moito perigo á meta rival, nun encontro sen moitas ocasións na que Erik non tivo o traballo que acostuma.
Logo de chegar ó descanso co marcador en contra, Melu decidiu ir polo partido subindo un pouco a defensa, pero saiulle mal e encaixou o 2-0. Isto serviu para que puxera toda a carne no asador disputando 10 minutos con Erik, que fora sustituído por Cristian, coma porteio xogador. As ocasións mais claras foro para Rubén, Miguel Rivas, Isi e Benxa, pero non foron quen nin de recurtar distancias.
Ó final derrota por 2-0 que resta opcións a selección cadete de repetila xesta do ano pasado.
Pese a esto último as seleccións da Mariña teñen opcións de meter varios equipos nas fases finais a disputar en Viveiro posto que lograron tres claras victorias, dúas delas con moitos goles de vantaxe. O próximo domingo 9 a derradeira xornada para a selección da Mariña teremos mais novas ó respecto, dependendo do que fagan os seus rivais entre si.
Grazas a tódolos rapaces e as súas familias polo seu esforzo na viaxe a Miño.
¡NORABOA RAPACES!