jueves, 29 de diciembre de 2011

O vindeiro Venres 30-12-11 desprazarémonos ata a localidade de Curtis para a disputa do primeiro partido correspondente á Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais contra a Selección de Lambre-Mandeo, para iso informámoslles dos horarios e paradas volas que vai a pasar o autobús:
•13:00h. de VIVEIRO (Supermercado Haley)
•13:10h. de XOVE (Boutique Catycris)
•13:20h. de SAN CIBRAO (Casa do Mar)
•13:30h. de BURELA (Pavillón Vista Alegre)
•13:35h. de CANGAS (Restaurante Selmira)
•13:40h. de NOIS (Bar Brea)
•13:45h. de FOZ (Concello)
•14:00h. de BARREIROS (Restaurante O Asador)
•14:10h. de LOURENZÁ (Mesón Paraíso)
•14:20h. de MONDOÑEDO (Restaurante O Rei das Tartas)
A continuación, tamén lles informamos dos horarios dos partidos:
→CATEGORIA BENXAMIN ás 17:00h.
SELECCIÓN DE LAMBRE-MANDEO - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA ALEVIN ás 18:00h.
SELECCIÓN DE LAMBRE-MANDEO - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA INFANTIL ás 19:00h.
SELECCIÓN DE LAMBRE-MANDEO - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
*TÓDOLOS PARTIDOS DISPUTARÁNSE NO PAVILLÓN MUNICIPAL DE CURTIS.
*IMPORTANTE:
- IMPRESCINDIBLE LEVAR DNI E TARXETA SANITARIA
- LEVAR O CHANDAL e ROUPA DA SELECCIÓN
- LEVAR ROUPA E ÚTILES DE ASEO

¡MOITA SORTE RAPACES!

miércoles, 28 de diciembre de 2011

Os combinados mariñáns que este venres viaxaran a Curtis van a levar a cabo os derradeiros adestramentos do ano 2011 onde se darán as listas de xogadores convocados e se informará do planing de viaxe previsto, o mércores 28-12-2011 nos seguintes horarios e pavillóns:
CATEGORIA BENXAMIN
Ás 17:00h. no pavillón do Colexio o Cantel de Foz
CATEGORIA ALEVIN
Ás 18:30h. no pavillón Monte Castelo de Burela
CATEGORIA INFANTIL
Ás 19:00h. no pavillón do Colexio o Cantel de Foz

¡ÁNIMO RAPACES!

martes, 27 de diciembre de 2011

Nos encontros amigables disputados este martes no pavillón de Xove e que lle serviron aos combinados mariñáns como preparación para a cita do vindeiro venres que será cando disputen os seus primeiros encontros oficiais da fase de clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais, derónse os seguintes resultados:
CATEGORIA BENXAMIN
ACD XOVE ALEVIN 0-7 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
CATEGORIA ALEVIN
ACD XOVE INFANTIL 2-3 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
CATEGORIA INFANTIL
ESCOLAS CELEIRO FLANAGANS FS 4-8 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA CADETE
CFS CIDADE DE VIVEIRO XUVENIL 6-1 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.

¡NORABOA RAPACES!

domingo, 25 de diciembre de 2011

O vindeiro martes 27-12-2011 os combinados mariñáns van a disputar no Pavillón Municipal de Xove uns encontros amigables que lles sirva de preparación na fase de clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se vai a disputar o Domingo 29-1-2012 na localidade de Lalin, nos seguintes horarios:
CATEGORIA BENXAMIN ás 16:30h.
ACD XOVE ALEVIN - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 15:30h.)
CATEGORIA ALEVIN ás 17:30h.
ACD XOVE INFANTIL - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 16:30h.)
CATEGORIA INFANTIL ás 18:30h.
AD PRAIA DE COVAS CADETE - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 17:30h.)
→CATEGORIA CADETE ás 19:30h.
CFS CIDADE DE VIVEIRO XUVENIL - SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 18:30h.)

¡SORTE RAPACES!

viernes, 23 de diciembre de 2011

Todos os que formamos parte da grande familia que son as Seleccións A Mariña FS queremos desexarlles a todos os clubs, directivos, patrocinadores, xogadores, pais, nais... unhas Felices Festas e un Próspero Ano 2012.

¡1 SAÚDO!
En vísperas da festividade de Nadal imos a realizar unha nova xornada de adestramentos nos seguintes horarios e pavillóns:
CATEGORIA BENXAMIN
Sábado 24-12-2011 ás 10:30h. no Pavillón A Veiga de San Cibrao.
CATEGORIA ALEVIN
Sábado 24-12-2011 ás 11:00h. no Pavillón do Colexio O Cantel de Foz.
CATEGORIA INFANTIL
Sábado 24-12-2011 ás 11:00h. no Pavillón Vista Alegre de Burela.
CATEGORIA CADETE
Sábado 24-12-2011 ás 12:00h. no Pavillón A Veiga de San Cibrao.

¡FELICES FESTAS!

viernes, 16 de diciembre de 2011

Un fin de semana máis imos celebrar unha nova xornada de adestramentos dos distintos combinados da Selección A Mariña F.S., nos seguintes horarios e pavillóns:
CATEGORIA BENXAMIN
Domingo 18-12-2011 ás 17:00h. no Pavillón Municipal de Lourenzá.
CATEGORIA ALEVIN
Domingo 18-12-2011 ás 16:00h. no Pavillón Municipal de Xove.
CATEGORIA INFANTIL
Sábado 17-12-2011 ás 17:00h. no Pavillón Colexio Os Castros de Burela.

¡ANIMO RAPACES!

martes, 13 de diciembre de 2011

Xa temos confirmadas as datas e horarios dos encontros oficiais correspondentes á tempada 2011-2012 e son os seguintes:
VENRES 30-12-2011
No pavillón de Curtis frontes ás Seleccións de Lambre nos seguintes horarios:
17:00h. SELECCIÓN LAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS (Categoria Benxamin)
18:00h. SELECCIÓN LAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS (Categoria Alevin)
19:00h. SELECCIÓN LAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS (Categoria Infantil)
A comarca de Lambre non presenta selección na Categoría Cadete.

DOMINGO 8-1-2012
No pavillón Municipal de Xove fronte ás Seleccións de Lugo nos seguintes horarios:
16:30h. SELECCIÓN A MARIÑA FS - SELECCIÓN LUGO (Categoria Benxamin)
17:30h. SELECCIÓN A MARIÑA FS - SELECCIÓN LUGO (Categoria Alevin)
18:30h. SELECCIÓN A MARIÑA FS - SELECCIÓN LUGO (Categoria Infantil)
19:30h. SELECCIÓN A MARIÑA FS - SELECCIÓN LUGO (Categoria Cadete)


¡MOITA SORTE RAPACES!

viernes, 9 de diciembre de 2011

A 3ª xornada de adestramentos levárase a cabo o domingo 11-12-2011 nos seguintes horarios e pavillóns:
CATEGORIA BENXAMIN
No Pavillón Municipal de Viveiro ás 18:30h.
CATEGORIA ALEVIN
No Pavillón Monte Castelo de Burela ás 18:30h.
CATEGORIA INFANTIL ás 18:00h.
No Pavillón Torqués de Marzán ás 18:30h.
CATEGORIA CADETE
No Pavillón Vista Alegre de Burela ás 18:30h.

¡MOITA SORTE!

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Os combinados mariñáns seguen cos seus adestramentos e este vindeiro domingo día 4-12-2011 levarán a cabo a segunda xornada nos seguintes horarios e pavillóns:
CATEGORÍA BENXAMIN

No Pavillón do Colexio O Cantel (Foz) ás 16:00h.
CATEGORÍA ALEVIN

No Pavillón Torqués de Marzán (Foz) ás 16:00h.
CATEGORÍA INFANTIL

No Pavillón Torqués de Marzán (Foz) ás 18:00h.
CATEGORÍA CADETE

No Pavillón Municipal de Xove ás 19:00h.

¡Moita Sorte!

viernes, 25 de noviembre de 2011

O vindeiro domingo 27-11-2011 van dar comezo os adestramentos dos distintos combinados mariñáns, no que suporá o comezo dunha nova tempada que poñerá punto e final o vindeiro 29 de Xaneiro coa disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais na localidade de Lalin. Os horarios e pavillóns de adestramento son os seguintes:
CATEGORÍA BENXAMIN:
No pavillón Torqués de Marzán (Foz) ás 19:00h.
CATEGORÍA ALEVIN:
No pavillón do Colexio O Cantel (Foz) ás 16:00h.
CATEGORÍA INFANTIL:
No pavillón do Colexio O Cantel (Foz) ás 18:00h.
CATEGORÍA CADETE:
No pavillón Vista Alegre (Burela) ás 17:00h.

¡Moita sorte!

martes, 5 de julio de 2011

Un título infantil e tres finais foi o botín acadado polos combinados mariñáns no campionato organizado polo Burela FS. Amén disto, a sensación de dominio na meirande parte das categorías foi clara, posto que foi a entidade, xunto con Vigo 2015, que mais equipos colocou en semifinais, cun total de tres. Ademáis estes tres equipos accederon á final dándose o caso de ser o único equipo que xogou varias finais, de novo tres.
O campionato comezou o venres á tarde e o dominio mariñán xa se palpaba posto que ningún equipo caeu derrotado gañaron infantís e alevíns e empataron cadetes e benxamíns. O sábado pola mañá os mariñáns seguían na boa linea e so os cadetes caeron derrotados. Aínda así as outras tres seleccións pasaban de grupo con grandes perspectivas de victoria. So a selección cadete quedou fora da fase final tras un empate e dúas derrotas.
Deste xeito o domingo á mañá o equipo benxamín acadaba o billete para a final, así como o conxunto alevín, que eliminaba ó UD Las Rozas Boadilla por 5-2. O conxunto infantil tivo que sufrir arreo ante o Vigo 2015, posto que pouco antes do descanso perdía por 0-2, pero un gol antes do descanso e a expulsión dun dos componentes do corpo técnico fixo de revulsivo para os rapaces que os cinco minutos da reanudación xa voltearan o marcador. Logo a falta de 3 minutos unha rigorosa expulsión fixo que os mariñáns xogaran cun menos e encaixaran o empate a falta de un minuto, o que deixaba todo para os penaltis, nos que os mariñáns estiveron mais acertaron e acadaron o pase para a final da tarde.
Na sesión vespertina o protagonismo ó comezo foi para os mais pequenos e así o Troula FS e a Selección da Mariña disputaron unha final mais igualada do que indica o marcador final, posto que a falta de dez minutos o electrónico reflexaba un 2-2 que se convirtiu nun 7-2 para os betanceiros. Nada que replicar á victoria, xa que os nenos mariñáns chegaron moi cansados á final.
A final alevín deparaba un derbi de gran rivalidade entre o Santiago de Foz, símbolo do traballo na base, e a Selección da Mariña. Dúas entidades amigas e colaboradoras enfrontábanse na busca do primeiro posto, pero de xeito moi cordial posto os responsables de ámbolos equipos gardan amizade. Os campións provinciais de Fútbol – 7non tardaron en imponer a súa superioridade e chegaba 2-0 ó descanso ante un combinado mariñán que non o facía de todo mal pero que non era capaz de contrarrestar a abalancha focense. Recurtou distancias a pouco do descanso a Selección da Mariña, pero co paso dos minutos o Santiago de Foz recobrou a manixa do partido e foise 4-1 no mardador final.
Na final infantil había tamén rivalidade, entre o Eon Burela FS e a Selección da Mariña, con xogadores que se coñecen á perfección e que teñen compartido equipo nalgúns casos. A primeira metade foi de claro dominio mariñán,que se adiantaba no marcador 3-0 en dúas xogadas moi parecidas. Os visitantes gozaban das mellores ocasións e os locais parecían noqueados, a pesar de chegar en algunha perigosa contra. Aínda así chegou o 3-0, pero pouco antes do descanso os locais fixeron o 3-1que deixaba todo aberto para a segunda metade. Nese segundo período os lacais apretaron mais, buscaron a superioridade física dalgún dos seus homes e recurtaron distancias nunha xogada parecida á do primeiro gol. Visto isto, seguiron a colgar balóns de saque de banda, ata que chegou o empate a tres a falta de dous minutos para a conclusión, nunha xogada algo mais elaborada. Por parte dos mariñáns, o cansancio facía mella en parte dos xogadores, que acusaban o esforzo de todo o fin de semana e da disputada semifinal da mañá. Aínda así chegaron con perigo poñendo a proba en mais dunha ocasión ó meta local. Todo se decidiu nos penaltis onde a sorte voltou a estar de cara para os mariñáns que se levaron o trofeo de gañadores.
Na final cadete o UD Las Rozas Boadilla impúxose por 4-2 ó Vigo 2015.
Dende aquí queremos aproveitar a ocasión para darlles as grazas a tódolos rapaces convocados polo seu comportamento impecable e a súa total implicación.

¡NORABOA RAPACES¡

miércoles, 29 de junio de 2011

Os distintos combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala van a realizar este xoves unha serie de adestramentos de cara á preparación para a súa participación no I Torneo EON de Fútbol Sala, nos seguintes horarios e pavillóns:
→CATEGORÍA BENXAMIN
Pavillón Monte Castelo de Burela ás 17:00h.
→CATEGORÍA ALEVIN
Pavillón Os Castros de Burela ás 17:00h.
→CATEGORÍA INFANTIL
Pavillón Torqués de Marzán de Foz ás 18:00h.
→CATEGORÍA CADETE
Pavillón Os Castros de Burela ás 18:30h.

¡ÁNIMO RAPACES!

A Selección da Mariña de Fútbol Sala vai participar no I Torneo EON de Fútbol Sala que se disputa este fin de semana, do 1 ó 3 de Xullo, entre as localidades de Burela, Foz e San Cibrao. As catro categorías que conforman o combinado mariñano estarán presentes no torneo burelés, no que competirán con clubes da talla do UD Las Rozas Boadilla ou do Caja Segovia así como outros da comunidade autónoma galega coma o Vigo 2015 ou o Troula de Betanzos, amén do propio Burela FS.
Como mínimo os rapaces seleccionados competirán o Venres á tarde e o Sábado en doble xornada de mañá e tarde. De lograren a clasificación xogarían a fase final ó longo do domingo.
De cara á preparación para a disputa deste torneo vaise levar a cabo algunha sesión de adestramento previa ó campeonato, en tódalas categorías, das que iremos informando puntualmente.


¡SORTE RAPACES!

domingo, 17 de abril de 2011

Os infantís mariñáns Cristian García e Renato Lopes proclamáronse campións de España o pasado fin de semana no Campionato de España de Seleccións Territoriais organizado pola Confederación Nacional de Fútbol Sala que se disputou nas localidades de Porriño e Ponteareas. A selección galega infantil impuxose na gran final á selección andaluza e logrou repetir revalidar o título colleitado o ano pasado en Málaga. No campionato celebrado en terras galegas,Galicia foi a gran triunfadora xa que ao titulo obtido polo combinado infantil hai que sumarlle o obtido polo combinado benxamin e cadete, mentres que os rapaces do combinado alevin tiveron que conformarse co segundo posto. Dende aquí queremos felicitar aos xogadores éxitos colleitados esperando que volvan a repetir en vindeiras convocatorias coas seleccións galegas.
¡NORABOA RAPACES!

jueves, 14 de abril de 2011

As localidades pontevedresas de Ponteareas e O Porriño acollerán este fin de semana o Campionato de España de seleccións de fútbol sala, unha competición na que ao igual que en anos anteriores volverá a haber representación mariñá.
Concretamente, nesta ocasión participarán dous membros do combinado mariñán infantil, o burelense Renato Lopes Furtado, que xoga de universal, e o barreirense Cristian García Méndez, que se desenvolve na posición de ala-peche.
No resto de categorías -benxamín, alevín e cadete- no haberá representantes da nosa comarca.
O combinado galego infantil competirá contra Castela-A Mancha, Andalucía e Extremadura, facendo o seu debut o venres ás cinco e media da tarde en Ponteareas, ante a selección manchega.

¡SORTE RAPACES!

lunes, 11 de abril de 2011

Os xogadores mariñáns Renato Lopes e Cristian García foron de novo convocados para o derradeiro adestramento que o combinado galego infantil vai a realizar o martes 12-4-2011 ás 18:00h., antes da disputa do Campionato de España o vindeiro fin de semana do 15, 16 e 17 de Abril en terras pontevedresas. O adestramento terá lugar no pavillón Municipal A Castellana (Autovía A Coruña a Lugo, saida Montesalgueiro, coller estrada dirección Lugo, ao lado do colexio). Os xogadores deberán ir provistos de ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

domingo, 3 de abril de 2011

O combinado galego infantil vaia a realizar un adestramento e de novo os xogadores mariñáns Cristian García e Renato Lopes van a formar parte del. Este adestramento terá lugar o vindeiro luns 4-4-2011 ás 18:00h. no pavillón Monte Alto (C/ Alcalde Sanjurjo s/n (Zona Torre Hércules, ao lado da Iglesia de San Xosé).
Os rapaces deberán ir provistos de licencia deportiva, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

domingo, 27 de marzo de 2011

De novo, os xogadores mariñáns, Renato Lopes e Cristian García, volveron a ser chamados para un novo adestramento que o combinado galego infantil vai a realizar o vindeiro martes 29-3-2011 no ás 17:45h. no pavillón Municipal de Teixeiro (detrás do Concello de Teixeiro). Os xogadores deberán ir provistos de licencia deportiva, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

lunes, 14 de marzo de 2011

De novo o seleccionador galego infantil, Ibán García, volveu a reclamar a presenza dos mariñáns Cristian García e Renato Lopes para os adestramentos que o combinado da súa categoría vai a realizar en vindeiras datas. O primeiro adestramento será o vindeiro xoves 17-3-2011 no pavillón Municipal de Teixeiro (detrás do Concello de Teixeiro) e a vindeira semana farán un novo adestramento coa disputa dun partido o mércores 23-3-2011 ás 17:45h. no pavillón Centro Polideportivo Terra (Polígono O Ceao-Lugo).
Os xogadores deberán ir provistos de D.N.I., ficha federativa, roupa deportiva e útiles de aseo e toallas.

¡NORABOA RAPACES!

lunes, 7 de marzo de 2011

O seleccionador galego da categoría infantil, Ibán García, volveu a reclamar a presenza dos mariñáns Cristian García e Renato Lopes para a concentración que a selección da súa categoría vaia a relaizar o vindeiro fin de semana. Os rapaces presentaránse o venres día 11-3-2011 ás 17:30h. no Pavillón San Pantaleón Paderne (Urbanización Montecelo, San Pantaleón das Viñas, carretera a Miño en rotonda a man dereita dirección Betanzos, e sairán o domingo ás 15:30h.
Os xogadores deberán ir provistos de D.N.I., ficha federativa, roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

sábado, 5 de marzo de 2011

O vindeiro Luns 7/03/11 o noso combinado infantil desprazarase ata a localidade de Xove para pasar unha divertida mañá na piscina municipal de dita localidade e poñer punto e final a exitosa campaña que levaron a cabo estes rapaces, co Subcampionato Galego obtido o pasado mes de XaneiroXove.
A hora de entrada na piscina será ás 11:30h. e a hora de saída serán ás 13:00h.
Tódolos rapaces deberán ir provistos de gorro, chanclas, toalla e roupa e útiles de aseo.
Esperemos que tódolos rapaces disfruten ó máximo nesta lúdica xornada de convivencia.

¡TODOS Á AUGA!

martes, 22 de febrero de 2011

Os infantiles mariñáns Renato Lopes e Cristian García volveron a ser chamados para o adestramento que o combinado galego da súa categoría vai a realizar o vindeiro xoves 24-2-2011 ás 17:15h. no pavillón municipal de Teixeiro. Para este adestramento os xogadores deberán de levar a ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

jueves, 17 de febrero de 2011

O alcalde de Viveiro, Melchor Roel, ofreceu onte unha recepción oficial á selección comarcal infantil de fútbol sala, que logrou o subcampionato no Campionato Galego de Seleccións Comarcais, nunha fase final que se disputou no pavillón muncipal da cidade viveirense o pasado día 30 de xaneiro. Os xogadores, acompañados dos seus adestradores, Christian Gómez e Mario Pillado, acudiron á nova casa consistorial de Viveiro, donde Roel os felicitou pola súa exitosa participación na competición. O rexidor da cidade do Landro entregoulles a cada un deles un pequeno recordo do seu paso pola selección comarcal infantil.

¡NORABOA RAPACES!

martes, 15 de febrero de 2011

Nesta ocasión tocálle o turno ao Concello de Viveiro recibir aos subcampións galegos. A recepción será o mércores 16-2-2011 ás 19:30h. na casa consistorial da cidade do Landro. Os rapaces mariñáns serán recibidos polo alcalde local, Melchor Roel, que os felicitará polo éxito colleitado recentemente.

¡NORABOA RAPACES!

lunes, 14 de febrero de 2011

O pasado venres día 11 ás 19:30 horas foi recibida no Concello de Burela a selección infantil de fútbol sala da Mariña, recentemente proclamada subcampiona galega.
Dende a Delegación de Deportes felicitaron “a todos os xogadores polo éxito acadado e, asimesmo, aos adestradores. E tamén fixeron extensiva a súa felicitación e agradecemento aos pais e nais destes xogadores que, co seu esforzo e dedicación, tamén contribuíron a esta merecida recompensa”.
Os xogadores e adestradores foron agasallados cun presente e quedaron emprazados para o ano que vén para festexar xuntos o título, neste caso xa, de campións.


¡NORABOA RAPACES!
A selección galega infantil vai a realizar unha concentración dende o venres día 18 até o domingo día 20 no Complexo Xuvenil As Mariñas. Para esta concentración, o seleccionador da categoría Ibán García reclamou a presenza dos mariñáns Cristian Garcia Méndez e Renato Lopes Furtado. Os xogadores deberán de presentarse o venres ás 17:30h. no Pabellón San Pantaleón Paderne(Urbanización Montecelo, San Paderne das Viñas) e sairán o domingo ás 15:30h, debendo ir provistos da ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!
O seleccionador galego da categoría cadete, Manuel Martínez, volveu a reclamar a presenza do mariñán Erik Campo Vázquez para o adestramento que o combinado irmandiño vai a levar a cabo o vindeiro venres 18-2-2010 ás 17:30h. no pavillón municipal de Melide. O xogador deberá ir provisto de ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA ERIK!

viernes, 11 de febrero de 2011

O venres 11 de febreiro no salón de plenos do Concello de Xove produciuse o recibimento do equipo da Selección A Mariña de Fútbol Sala que recentemente se proclamou subcampión galego de seleccións locais. No acto, que foi presidido polo alcalde Demetrio Salgueiro, fíxose a entrega ao equipo dun prato co escudo do concello, e tamén un agasallo para cada un dos compoñentes do equipo.

¡NORABOA RAPACES!
O vindeiro venres 11-2-2011 o noso combinado infantil será recibido nos Concello de Xove e de Burela, como recoñecemento ao título de SUBCAMPIÓNS GALEGOS obtido na Fasa Final do Campionato Galego de Seleccións Locais. Ás 18:00h. o Alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, recibirá aos rapaces na casa consistorial do Concello de Xove. Unha vez alí os infantís mariñáns ofreceránlle ao rexidor local o título obtido. De seguido, desprazáranse ate a localidade de Burela, para ser recibidos na Casa do Concello, ás 19:30h., pola Concelleira de Deportes, Neves Cando.

¡NORABOA RAPACES!

lunes, 7 de febrero de 2011

Moitas grazas a tod@s polo voso apoio sen o cal sería moi difícil seguir adiante. Dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremosvos agradecer as numerosas visitas que facedes a nosa páxina e que fan que xa pasemos das 10000. Esperamos que vos sexa de moita utilidade e que nos deades moitas ideas coas que poidamos seguir mellorando.

¡1 saúdo!
O seleccionador infantil, Ibán García, volveu a reclamar a presenza dos infantiles mariñáns Javier Fraga Pérez e Jorge Pernas Vázquez para o adestramento que o combinado da súa categoría vai a realizar o vindeiro xoves día 10 ás 17:45h. no pavillón Municipal de Teixeiro (detrás do Concello de Teixeiro). Pola súa parte, o seleccionador cadete Manuel Martínez, volveu a reclamar a presenza de Erik Campo Vázquez para a concentración que van a realizar o vindeiro fin de semana no Complexo Xuvenil As Mariñas. O xogador mariñán deberá de presentarse o venres 11 ás 16:30h. no Pavillón Pantaleón Paderne e sairá o domingo 13 ás 15:00h.
Os xogadores deberán ir provistos do D.N.I., ficha federativa, roupa deportiva e útiles de aseo.

¡SORTE RAPACES!

domingo, 6 de febrero de 2011

O pequeno mariñán, Jorge Insúa Candia, volveu a ser convocado para un novo adestramento da selección galega benxamin. O adestramento será o vindeiro martes 8-2-2011 ás 18:00h. no pavillón Restollal de Santiago de Compostela (detrás do Cortes Inglés). O xogador deberá levar o D.N.I., ficha federativa, roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA JORGE!

miércoles, 2 de febrero de 2011

Neste caso tocálle o turno aos alevins e cadetes. O seleccionador galego alevin, Alfonso Castro, reclamou a presenza dos mariñáns Pablo López Gallo e Fran Rolle Meítin para o adestramento que o seu combinado vaia a facer o vindeiro luns día 7-2-2011 ás 18:00h. no pavillón municipal de Miño. Pola súa parte, o seleccionador galego cadete, Manuel Martínez, solicitou a presenza de Erik Campo Vázquez para o adestramento que van a realizar o vindeiro xoves 3-2-2011 ás 17:45h. no pavillón municipal Lamas de Abade (Santiago).
Os xogadores deberán ir provistos de D.N.I., ficha federativa, roupa deportiva e útiles de áseo.

¡MOITA SORTE RAPACES!

lunes, 31 de enero de 2011

Como non podía ser de outra maneira e trala disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais, as Seleccións Galegas comezan cos seus adestramentos de cara a confeccionar a lista definitiva de doce rapaces. Para os primeiros adestramentos das preseleccións galegas o seleccionador galego benxamín Enrique Serantes convocou aos pequenos mariñáns Jorge Insúa Candia e Brais Vilar González, para o adestramento que levarán a cabo o martes 1-2-2011 no pavillón La Castellana de Montesalgueiro ás 18:15h.. Pola súa parte, o seleccionador galego infantil, Ibán García, reclamou a presenza dos mariñáns Javier Fraga Pérez , Jorge Vázquez Pernas, Cristian García Méndez e Renato Lopes Furtado para o adestramento que levará a cabo o vindeiro xoves 3-2-2011 no pavillón Municipal de Teixeiro ás 17:45h.

¡MOITA SORTE RAPACES!
Pasou un ano e as sensacións despois do Campionato Galego de Seleccións Comarcais celebrado no día de onte en Viveiro e Xove son moi semellantes ás do ano pasado ó rematalo torneo en Santiago. A selección da Mariña fixo un gran esforzo e quedouse ás portas do título infantil tras caer na final fronte á selección da Coruña.
Antes diso, pola maña os pupilos de Christian Gómez "Fustes" tiveron que eliminar á selección de Vigo cun contundente 8-2.
Neste partido xogaron e marcaron Aaron Fernández; Cristian García(1), Renato Lópes(1), Javi Fraga(2) e Jorge Pernas(3). Tiveron a súa oportunidade para entrar durante o partido, Borja Blanco, Adrián Sanjurjo, Dani López, Cristian Reigosa, Alex Paz(1), Aaron Blanco e Samuel Alvo (PS).
Aínda que moitas veces dise que o primeiro partido é o mais compricado non foi así e os infantís mariñáns desfixéronse con comodidade dos vigueses. A presión adiantada dos pupilos do míster focense facía imposible xogar ó rival e os goles foron caendo durante a primeira metade ata o 4-0 que parecía definitivo, pero os de Vigo recurtaban distancias a 15 segundos para o final, 4-1.
Na segunda metade non cambiou moito a decoración a pesar do gol psicolóxico e os mariñáns seguiron abrindo brecha ata copletar o 8-2 definitvo, tras conceder outro gol ó rival.
As sensacións eran boas de cara a final, porque o grupo compacto e unido, semellaba desenvolver un futbol sala de calidade incomparable nos rivais.
Tras presenciar a outra semifinal, da que saiu gañador o representante de A Coruña, os rapaces dirixíronse a comer, para afrontala final sen mais sobresaltos que os propios do partido.
Era o turno da final, do último esforzo no que sempre fai falla un pouco de sorte que os nosos rapaces non tiveron o que á postre foi decisivo. Tras facer a rutina habitual de quecemento os rapaces xa estaban preparados para o seu momento.
Neste segundo encontro do día xogaron e marcaron: Aaron Fernández Cabana; Cristian García(2), Renato Lópes, Javi Fraga(1) e Jorge Pernas(1). Tamén participaron Alex Paz, Borja Blanco e Dani López. Aaron Blanco, Cristian Reigosa, Adrián Sanjurjo e Samuel Alvo animaron os seus compañeiros dende o banco.
Comezaron con dúbidas os locais, con perdas de balón que provocaron dúas contras nas que Aaron tivo que intervir para desbaratar o perigo. Todo ía cambiar coa aparición de Javi ó contragolpe facendo o 1-0. A partires do gol os mariñáns parecían eles mesmos e pasaron a dominalo partido. Contaron ocasións de gol, para amplialo marcador ata que Javi encaron so o porteiro dentro da área e foi derribado claramente polo gardamallas coruñés sen que se pitase sanción algunha. O pívot burelés quedou tendido no chan, polo que tiveron que entrar as asistencias. Na xogada seguinte chegou o empate a 1-1, tras unha novo desconcerto defensivo dos mariñáns. Noutro lance do encontro Alex quedou tendido sen que o árbitro parase o partido ata que Renato impulsou o balón fora para que as asistencias entrasen de novo. Esta vez o viveirense non puido seguir e non voltou a participar. Na xogada seguinte chegou o 1-2, que fixo que Christian Gómez "Fustes" pedise tempo tivese que pedir tempo morto para reconducir o xogo do equipo e reanimar a Aaron, moi aflixido polo gol encaixado, descoñecedor pola súa inexperiencia e xuventude de que os erros os cometen tamén os grandes coma Edu ou Luis Amado.
O equipo voltou a acusar os nervios debido ó incomodo e negativo do marcador, sen poder reaccionar antes do descanso, co que se chegou coa desvantaxe mínima.
A saída dos vestiarios foi fulgurante e os mariñáns deronlle a volta o marcador en un minuto, o que invitaba a soñar con todo. Nos compases seguintes os locais poideron amplialo marcador pero a súa falta de puntería condenounos posto que co paso dos minutos e cansanzo e os nervos, mais ben esto segundo, atenazaron ós mariñáns que xa non podían seguir os seus rivais, eran incapaces de que non lles gañaran a espalda. En ataque precipitábanse co balón e non seguían as premisas que sempre cumplían. Así a remontada visitante foi chegando ata o 3-5, momento no que o míster mariñán solicitou un tempo morto para preparar outra remontada. O 4-5 serviu para a esperanza pero pouco mais tarde un novo golpe de sorte dos visitantes facía o 4-6 e o 4-7 definitivo chegou tras unha falta. A efectividade coruñesa era total, sete goles de 10 tiros entre os tres paos, a pesar de que Aaron atallou un bo feixe de contras nas saídas e mesmo deslizándose polo chan ata roubalo balón dos pés dos atacantes. Un dos mais destacados do encontro.
Xa non quedaba tempo para mais. O título viaxaba para Coruña pese a que os afeccionados disfrutaron dunha selección mariñana que os fixo vibrar e que o deixou todo na pista. Os integrantes do corpo técnico da selección felicitaron no vestiario ós rapaces polo seu esforzo e mostráronse orgullosos deles.
Aaron Fernández Cabana, Cristian García Méndez, Daniel López Otero, Álex Paz Alonso, Jorge Pernas Vázquez, Cristian Reigosa Karageorgian, Javier Fraga Pérez, Borja Blanco López, Adrián Sanjurjo Penabad, Renato Lopes Furtado, Aaron Blanco Casabella e Samuel Alvo Cavaleiro sodes uns auténticos CAMPIÓNS¡¡¡¡¡

MOITAS GRAZAS RAPACES e NORABOA!!!!!!!!!!!!!!!!!

viernes, 28 de enero de 2011

O vindeiro Domingo 30 de Xaneiro de 2011 dispútase a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais, baixo a organización do Concello de Viveiro, Concello de Xove e do Club de Fútbol Sala Cidade de Viveiro e en colaboración coa Federación Galega de Fútbol Sala.
A selección da Mariña infantil xoga o seu partido de semifinais ás 10:30 da mañá perante a selección de Vigo. De eliminar ós vigueses, os mariñáns xogarían a final perante o gañador de Lugo e A Coruña, ás 16:30 da tarde. Ámbolos dous encontros disputaránse no Pavillón Municipal Cidade do Landro.
O corpo técnico das seleccións da Mariña pide o máximo apoio posible para os rapaces no momento mais decisivo, ó igual que xa recibiron ese apoio nas fases previas do torneo.

¡Un cordial saúdo!.

jueves, 27 de enero de 2011

O combinado infantil da Selección A Mariña de Fútbol Sala levará a cabo o seu derradeiro adestramento antes da disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais o vindeiro sábado 29 de Xaneiro no pavillón Monte Castelo de Burela.

¡MOITA SORTE RAPACES!


miércoles, 26 de enero de 2011

O vindeiro Sábado 29/01/11 e como colofón á tempada da Selección A Mariña de Fútbol Sala temos o pracer de convidar a tódolos rapaces que foron seleccionados nas categorías benxamín e alevín a pasar unha divertida mañá na piscina municipal de Xove.
A hora de entrada na piscina será ás 11:30h. e a hora de saída serán ás 13.30h.
Tódolos rapaces deberán ir provistos de gorro, chanclas, toalla e roupa e útiles de aseo.
Esperemos que tódolos rapaces disfruten ó máximo nesta lúdica xornada de convivencia.
O turno para as seleccións infantil e cadete na piscina virá mais adiante, cando o equipo infantil remate a competición.


¡TODOS Á AUGA!

lunes, 24 de enero de 2011

Aquí vos deixamos, para tod@s @s interesad@s, o calendario de partidos da Fase Final do Campionato Galego de Selección Locais que se vai a disputar o vindeiro domingo 30 de Xaneiro nas localidades de Viveiro e Xove e á que a Selección A Mariña de Fútbol Sala acude co seu combinado infantil.

miércoles, 19 de enero de 2011

O combinado infantil segue coa súa preparación de cara a disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputará o vindeiro Domingo 30 de Xaneiro en Viveiro, e faino cun novo adestramento que terá lugar o vindeiro domingo 23-1-2011 a partir das 18:45h. no pavillón Vista Alegre de Burela.

¡ÁNIMO RAPACES!

sábado, 15 de enero de 2011

Para o combinado infantil que reanuda os adestramentos tras conseguir a calsificación o fin de semana pasado para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais. Adestrará o domingo 16-1-2011 ás 18:30h. no pavillón Vista Alegre de Burela.

¡SORTE RAPACES!

lunes, 10 de enero de 2011

Os integrantes do corpo técnico da Selección A Mariña de Fútbol sala de base queren agradecer a tódolos asistentes, pais e nais, familiares e amigos dos rapaces, ás institucións participantes o seu apoio na eliminatoria disputada este pasado domingo 9 de Xaneiro fronte a Ferrol, a pesar do negativo dos resultados en categoría benxamín, alevín e cadete.
Tódolos rapaces deron un exemplo de esforzo, solidaridade e deportividade, representando e deixando en moi bo lugar a honra e a dignidade de tódolos mariñáns. Foi unha demostración de deportividade e civismo de tódolos veciños da Mariña asistentes, que souberon recoñecer todo isto antes e despois de cada partido, reconfortando na medida do posible ós pequenos, nos momentos mais duros, demostrándolles que o resultado é o de menos é que o seu comportamento foi excelente.


Por todo isto ¡MOITAS GRAZAS A
TOD@S!
Tarde de lágrimas en Xove para os rapaces da selección da Mariña de fútbol sala, sobre todo, para os mais pequenos. Despois da disputa dos partidos contra Ferrol, marcados pola tensión imprimida polos visitantes a unha competición escolar, a selección só foi quen de meter o equipo infantil na segunda fase, algo que xa case tiña asegurado pois só necesitaba perder por menos de sete goles. No resto de categorías non houbo sorte e os rapaces deberán esperar ó ano que ven para seguir a competir no campionato galego de seleccións locais. Os benxamíns e alevíns, que contaban con moitas posibilidades de clasificación, levaronse os mirandes disgustos do día, tras empatar e perder respectivamente. O cadro cadete sumou a súa segunda derrota en dous partidos despois de caer fronte ó combinado de Ferrol por 4-1, coas dúas seleccións xa eliminadas.
Comezaba o encontro en categoría benxamín co pavillón cheo, os bombos sonando e a selección da Mariña presionando. A igualdade presumíase total, tras gañar os dous equipos os seus encontros por 8-0, pero eran os mariñáns quenes asumían a responsabilidade como locais e embotellaban ós ferroláns. Estes limitábanse a facer o que podían que era saír esporádicamente á contra. Nunha delas chegaba o 0-1, que relaxaba o ambiente na poblada grada xovense. Isto ía durar pouco porque as gañas e o xogo dos mais pequenos de entre os mariñáns faría ó público de novo levantarse dos seus asentos e animalos rapaces. Así ós cinco minutos chegaría o empate, na enésima ocasión para os locais. Non remataba ahí a ristra de ocasións dos rapaces de Brenan, posto seguían a acosar a meta visitante pero o resultado ó descanso sería de 1-1.
Despois do descanso a tónica non cambiaba, os mariñáns eran superiores e non paraban de chegar a porta ferrolá, que acumulaba perigosas contras. Así mediada a segunda metade, cando a sombra dos penaltis asomaba, chegou o 2-1 que fixo saltar polos aires o pavillón e desatar de xúbilo ós pequenos mariñáns. Aínda así quedaba moito tempo, como se ía demostrar.
Nos seguintes compases, os ferroláns estiraronse algo mais, o que abría o campo para os mariñáns, polo que a tensión aumentaba, se cabe, por momentos. Naide sabía como poñerse e os rapaces daban unha leccións de entrega e futbol sala. Pouco despois do gol, chegaría o empate a 2, cerníndose de novo sobre a localidade xovense o pesadelo dos penaltis. Quedaban 6 minutos e o técnico laurentino quería dar o todo polo todo para gañar o partido. Os seus cativos entendérono a perfección e foronse claramente a pola victoria, contabilizando dúas ou tres claras ocasións, entre un feixe delas. Sen embargo o tempo cumpriuse e os penaltis esperaban. E esperaban ante a oposición inicial do cadro visitante a lanzalos, escudándose non se sabe moi ben en que. Logo de confirmar ante a federación galega esta resolución querían os ferroláns impoñer os xogadores que debían lanzar, pero os árbitros comunicáronlles que calquera xogador podía lanzar o tiro dende os 6 metros, estivese ou non na pista óremate do tempo regulamentario.
Comezaron tirando os mariñáns e fallaron os tres primeiros tiros. Os visitantes meteron os dous primeiros, a pesar de que o bravo porteiro mariñan, Lucas, rozou o segundo. O terceiro lanzamento ferrolán podía darlles a victoria pero foi fora e abríase a esperanza para os locais, pero pouco Ferrol. Non se levaron o partido nin a clasificación os mais cativos dos mariñáns pero si unhas cantas bágoas e sobre todo, unha longa, sentida e cerrada ovación de todo o público, que recoñeceu o esforzo, a valentía e o saber facer dos seus nenos, que pese a ser moi superiores toparonse de bruces fronte á mala sorte.
Moitas grazas a Lucas, Miguel, Brais, Juan, Natalael, Mario, Pol, Aaron, Adrián, Arturo, Jorge e Hugo, sodes uns CAMPIÓNS.
Logo da decepción inicial había que cambiar o chip posto que lles tocaba o turno ós alevíns, que precisabann gañar, co empate nin sequera se tirarían penaltis posto que viñan os ferróláns de gañar 11-0 o seu encontro ante Lambre-Mandeo. Ante a teórica superioridade visitante, os locais tiñan que poñer tódalas gañas e aproveitarse dun pavillón cheo con ganas de disfrutar dunha victoria despois das lágrimas dos benxamíns.
Así o gran "Paco" Vázquez ordenou ós seus rapaces presionar con todo arriba e disfrutar co balón nos pés. A saída foi boa dos locais que tiñan o dominio pero debían controlar ben o balance defensivo. É decir, o econtro presentábase moi parecido ó anterior, con algo mais de presencia dos visitantes en ataque, que tiñan un importante poderío físico e unha agresividade inusual en rapaces de 10 e 11 anos.
Pouco tardaron en chegar os goles. Adiantábanse os locais tras un inicio de intenso dominio, pero uns minutos mais tarde ía chegar o empate dos visitantes. Isto non facía perdela cabeza ós mariñáns que seguían a presionar con fé a salida do balón e non permitían que os visitantes chegaran á porta. Deste xeito ían chegar mais goles, medrando a distancia dos locais ata o 3-1. Pero as malas novas tamén chegaban, en forma de lesión de Xavi, Pablo e Manuel Vázquez, tres dos puntais do míster focense, que recibían sendos golpes, os dous primeiros no sóleo e o terceiro no fuciño. Eran momentos de apuros para os locais, o cal se traduciu no 3-2, no que os visitantes recurtaban distancias. Con ese marcador se chegaba ó descanso.
A segunda parte íase afrontar sen tres dos efectivos máis empregados polo bando local, o que dificultaba de forma notable as cousas, pero iso non ía servir de excusa. Comezaron apretando os visitantes en busca do empate e con el a clasificación, pero resistían ben os locais, cun gran Noé baixo os paos. Pouco a pouco foronse sacudindo o dominio ata a chegar a equilibralas forzas e contabilizar boas ocasións. Aínda así a pegada dos visitantes íase facer notar e chegaban o empate mediado o segundo tempo. Foi moi celebrado no banco visitante, todo o tempo increpando ós arbitros, dando un moi negativo exemplo ós seus rapaces. Isto non deixaba de ser unha confirmación de que non as tiñan todas consigo. Tanto era así que os locais xa non paraban de chegar, incluso Pablo saiu o campo para buscar o gol da victoria visiblemente doente da perna dereita. Cando mais chegaban os locais ía chegar unha lousa moi dura de levantar co 3-4. Outra mala nova foi a lesión de Noé, o porteiro que estaba a completar unha gran actuación, pero foi sustituído por Luismi con garantías. Nos últimos 5 minutos os rapaces deron o todo polo todo, parecía que ían comer ata a portería pero os seus intentos ían todos por fora ou cara as mans do porteiro de Ferrol. Así o partido rematou co definitivo 3-4 que tampouco facía xustiza ó visto sobre a pista. Outra decepción e outra cerrada ovación para os nosos rapaces. Moitas grazas a Noe, Luismi, Nito, Roi, Fran Fiallega, Pablo, Manuel Vázquez, Manuel Noceda, Fran Rolle, Dani, Xoe e Xavi, tamén sodes uns CAMPIÓNS.
Dous partidos e dúas decepcións. Todo tiña que cambiar para ben e o partido infantil semellaba propicio para iso posto que só con perder por menos de sete goles o cadro de Christian Gómez "Fustes" estaba clasificado. Aínda así os mariñáns comezaron adiantándose ata 3-0 con goles de Javi (2) e Jorge, pero non estaban a rendir ó seu nivel nin moito menos. Isto traduciríase nun gran enfado do seleccionador focense e no 3-1 co que se chegaba ó descanso. Cambiaron algo as cousas nas segunda metade, os locais tentaban tocar mais ante un rival inferior, pero que provocara 35 pérdidas en 25 minutos de tempo corrido, frente a 18 recuperacións dos locais. Logo chegaría o 4-1 obra de Javi que parecía achaiar o camiño dos mariñáns, pero cando todo semellaba máis fácil, comenzarono a facer máis dificil e a incrementalo cabreo do seu adestrador. Froito diso chegaron os goles en contra ata apertalo marcador 4-3 que maquillou Javi a última hora facendo o 5-3, pero iso non maquillaba a mala imaxe ofrecida.
O derradeiro encontro do día enfrontaba a dous equipos sen opcións tras perdelos seus encontros fronte a Lambre. Así nun encontro sen moita tensión os visitantes adiantáronse ata o 0-2, pero os locais recurtarían, 1-2, antes do descanso. na reanudación voltarona saír mellor os de Ferrol e que conseguiron o 1-3. Isto provocou que o seleccionador vivariense Melu tirara do porteiro xogador que non deu moitos froitos mais ca un gol en contra que sería o 1-4 definitivo. Último partido para os cadetes que non poideron nin con moito repetila brillante actuación do ano anterior.
Agora toca agardar á disputa da fase final en Viveiro, cuxa organización correo a cargo da delegación da Mariña. Xa está todo preparado para que se compita en tódalas categorías, con especial atención para a selección infantil que tentará traer por primeira vez o título para A Mariña.


¡NORABOA A TOD@S!

miércoles, 5 de enero de 2011

O vindeiro Domingo 9-1-11 disputaremos o segundo partido da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais fronte ás Seleccións de Ferrol no pavillón Municipal de Xove; para iso dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala animamos a todo o mundo a que acude e preste o seu apoio nestes transcendais encontros nos que os combinados mariñáns se xogan a súa clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputará o vindeiro domingo 30-1-2011 na localidade de Viveiro.
De seguido, informamoslles dos horarios dos partidos e a hora de convocatoria das distintas categorias:
→CATEGORIA BENXAMIN ás 17:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – SELECCIÓN DE FERROL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 16:00h.)
→CATEGORIA ALEVIN ás 18:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – SELECCIÓN DE FERROL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 17:00h.)
→CATEGORIA INFANTIL ás 19:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – SELECCIÓN DE FERROL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 18:00h.)
→CATEGORIA CADETE ás 20:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – SELECCIÓN DE FERROL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 19:00h.)
*Recordar que para a disputa destes partidos os xogadores deberán de desprazarse polos seus propios medios.

*IMPORTANTE:
- IMPRESCINDIBLE LEVAR DNI E TARXETA SANITARIA
- LEVAR O CHANDAL e ROUPA DA SELECCIÓN
- LEVAR ROUPA E ÚTILES DE ASEO

¡MOITA SORTE RAPACES!

martes, 4 de enero de 2011

Tralo comezo do ano novo, as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala reanudan de novo os seus adestramentos nos seguintes horarios e pavillóns:
→CATEGORIA BENXAMIN
Xoves 6-1-2011 ás 16:30h.no Pavillón do Colexio O Cantel.
Sábado 8-1-2011 ás 16:30h. no Pavillón Municipal de Viveiro.
→CATEGORIA ALEVIN

Sábado 8-1-2011 ás 16:30h. no Pavillón do Colexio O Cantel.
→CATEGORIA INFANTIL

Martes 4-1-2011 ás 18:00h. no Pavillón Monte Castelo de Burela.
Xoves 6-1-2011 ás 17:30h. no Pavillón Vista Alegre de Burela.
 


Blogger Template By LawnyDesignz