Pasou un ano e as sensacións despois do Campionato Galego de Seleccións Comarcais celebrado no día de onte en Viveiro e Xove son moi semellantes ás do ano pasado ó rematalo torneo en Santiago. A selección da Mariña fixo un gran esforzo e quedouse ás portas do título infantil tras caer na final fronte á selección da Coruña.
Antes diso, pola maña os pupilos de Christian Gómez "Fustes" tiveron que eliminar á selección de Vigo cun contundente 8-2.
Neste partido xogaron e marcaron Aaron Fernández; Cristian García(1), Renato Lópes(1), Javi Fraga(2) e Jorge Pernas(3). Tiveron a súa oportunidade para entrar durante o partido, Borja Blanco, Adrián Sanjurjo, Dani López, Cristian Reigosa, Alex Paz(1), Aaron Blanco e Samuel Alvo (PS).
Aínda que moitas veces dise que o primeiro partido é o mais compricado non foi así e os infantís mariñáns desfixéronse con comodidade dos vigueses. A presión adiantada dos pupilos do míster focense facía imposible xogar ó rival e os goles foron caendo durante a primeira metade ata o 4-0 que parecía definitivo, pero os de Vigo recurtaban distancias a 15 segundos para o final, 4-1.
Na segunda metade non cambiou moito a decoración a pesar do gol psicolóxico e os mariñáns seguiron abrindo brecha ata copletar o 8-2 definitvo, tras conceder outro gol ó rival.
As sensacións eran boas de cara a final, porque o grupo compacto e unido, semellaba desenvolver un futbol sala de calidade incomparable nos rivais.
Tras presenciar a outra semifinal, da que saiu gañador o representante de A Coruña, os rapaces dirixíronse a comer, para afrontala final sen mais sobresaltos que os propios do partido.
Era o turno da final, do último esforzo no que sempre fai falla un pouco de sorte que os nosos rapaces non tiveron o que á postre foi decisivo. Tras facer a rutina habitual de quecemento os rapaces xa estaban preparados para o seu momento.
Neste segundo encontro do día xogaron e marcaron: Aaron Fernández Cabana; Cristian García(2), Renato Lópes, Javi Fraga(1) e Jorge Pernas(1). Tamén participaron Alex Paz, Borja Blanco e Dani López. Aaron Blanco, Cristian Reigosa, Adrián Sanjurjo e Samuel Alvo animaron os seus compañeiros dende o banco.
Comezaron con dúbidas os locais, con perdas de balón que provocaron dúas contras nas que Aaron tivo que intervir para desbaratar o perigo. Todo ía cambiar coa aparición de Javi ó contragolpe facendo o 1-0. A partires do gol os mariñáns parecían eles mesmos e pasaron a dominalo partido. Contaron ocasións de gol, para amplialo marcador ata que Javi encaron so o porteiro dentro da área e foi derribado claramente polo gardamallas coruñés sen que se pitase sanción algunha. O pívot burelés quedou tendido no chan, polo que tiveron que entrar as asistencias. Na xogada seguinte chegou o empate a 1-1, tras unha novo desconcerto defensivo dos mariñáns. Noutro lance do encontro Alex quedou tendido sen que o árbitro parase o partido ata que Renato impulsou o balón fora para que as asistencias entrasen de novo. Esta vez o viveirense non puido seguir e non voltou a participar. Na xogada seguinte chegou o 1-2, que fixo que Christian Gómez "Fustes" pedise tempo tivese que pedir tempo morto para reconducir o xogo do equipo e reanimar a Aaron, moi aflixido polo gol encaixado, descoñecedor pola súa inexperiencia e xuventude de que os erros os cometen tamén os grandes coma Edu ou Luis Amado.
O equipo voltou a acusar os nervios debido ó incomodo e negativo do marcador, sen poder reaccionar antes do descanso, co que se chegou coa desvantaxe mínima.
A saída dos vestiarios foi fulgurante e os mariñáns deronlle a volta o marcador en un minuto, o que invitaba a soñar con todo. Nos compases seguintes os locais poideron amplialo marcador pero a súa falta de puntería condenounos posto que co paso dos minutos e cansanzo e os nervos, mais ben esto segundo, atenazaron ós mariñáns que xa non podían seguir os seus rivais, eran incapaces de que non lles gañaran a espalda. En ataque precipitábanse co balón e non seguían as premisas que sempre cumplían. Así a remontada visitante foi chegando ata o 3-5, momento no que o míster mariñán solicitou un tempo morto para preparar outra remontada. O 4-5 serviu para a esperanza pero pouco mais tarde un novo golpe de sorte dos visitantes facía o 4-6 e o 4-7 definitivo chegou tras unha falta. A efectividade coruñesa era total, sete goles de 10 tiros entre os tres paos, a pesar de que Aaron atallou un bo feixe de contras nas saídas e mesmo deslizándose polo chan ata roubalo balón dos pés dos atacantes. Un dos mais destacados do encontro.
Xa non quedaba tempo para mais. O título viaxaba para Coruña pese a que os afeccionados disfrutaron dunha selección mariñana que os fixo vibrar e que o deixou todo na pista. Os integrantes do corpo técnico da selección felicitaron no vestiario ós rapaces polo seu esforzo e mostráronse orgullosos deles.
Aaron Fernández Cabana, Cristian García Méndez, Daniel López Otero, Álex Paz Alonso, Jorge Pernas Vázquez, Cristian Reigosa Karageorgian, Javier Fraga Pérez, Borja Blanco López, Adrián Sanjurjo Penabad, Renato Lopes Furtado, Aaron Blanco Casabella e Samuel Alvo Cavaleiro sodes uns auténticos CAMPIÓNS¡¡¡¡¡
MOITAS GRAZAS RAPACES e NORABOA!!!!!!!!!!!!!!!!!