lunes, 10 de enero de 2011

Tarde de lágrimas en Xove para os rapaces da selección da Mariña de fútbol sala, sobre todo, para os mais pequenos. Despois da disputa dos partidos contra Ferrol, marcados pola tensión imprimida polos visitantes a unha competición escolar, a selección só foi quen de meter o equipo infantil na segunda fase, algo que xa case tiña asegurado pois só necesitaba perder por menos de sete goles. No resto de categorías non houbo sorte e os rapaces deberán esperar ó ano que ven para seguir a competir no campionato galego de seleccións locais. Os benxamíns e alevíns, que contaban con moitas posibilidades de clasificación, levaronse os mirandes disgustos do día, tras empatar e perder respectivamente. O cadro cadete sumou a súa segunda derrota en dous partidos despois de caer fronte ó combinado de Ferrol por 4-1, coas dúas seleccións xa eliminadas.
Comezaba o encontro en categoría benxamín co pavillón cheo, os bombos sonando e a selección da Mariña presionando. A igualdade presumíase total, tras gañar os dous equipos os seus encontros por 8-0, pero eran os mariñáns quenes asumían a responsabilidade como locais e embotellaban ós ferroláns. Estes limitábanse a facer o que podían que era saír esporádicamente á contra. Nunha delas chegaba o 0-1, que relaxaba o ambiente na poblada grada xovense. Isto ía durar pouco porque as gañas e o xogo dos mais pequenos de entre os mariñáns faría ó público de novo levantarse dos seus asentos e animalos rapaces. Así ós cinco minutos chegaría o empate, na enésima ocasión para os locais. Non remataba ahí a ristra de ocasións dos rapaces de Brenan, posto seguían a acosar a meta visitante pero o resultado ó descanso sería de 1-1.
Despois do descanso a tónica non cambiaba, os mariñáns eran superiores e non paraban de chegar a porta ferrolá, que acumulaba perigosas contras. Así mediada a segunda metade, cando a sombra dos penaltis asomaba, chegou o 2-1 que fixo saltar polos aires o pavillón e desatar de xúbilo ós pequenos mariñáns. Aínda así quedaba moito tempo, como se ía demostrar.
Nos seguintes compases, os ferroláns estiraronse algo mais, o que abría o campo para os mariñáns, polo que a tensión aumentaba, se cabe, por momentos. Naide sabía como poñerse e os rapaces daban unha leccións de entrega e futbol sala. Pouco despois do gol, chegaría o empate a 2, cerníndose de novo sobre a localidade xovense o pesadelo dos penaltis. Quedaban 6 minutos e o técnico laurentino quería dar o todo polo todo para gañar o partido. Os seus cativos entendérono a perfección e foronse claramente a pola victoria, contabilizando dúas ou tres claras ocasións, entre un feixe delas. Sen embargo o tempo cumpriuse e os penaltis esperaban. E esperaban ante a oposición inicial do cadro visitante a lanzalos, escudándose non se sabe moi ben en que. Logo de confirmar ante a federación galega esta resolución querían os ferroláns impoñer os xogadores que debían lanzar, pero os árbitros comunicáronlles que calquera xogador podía lanzar o tiro dende os 6 metros, estivese ou non na pista óremate do tempo regulamentario.
Comezaron tirando os mariñáns e fallaron os tres primeiros tiros. Os visitantes meteron os dous primeiros, a pesar de que o bravo porteiro mariñan, Lucas, rozou o segundo. O terceiro lanzamento ferrolán podía darlles a victoria pero foi fora e abríase a esperanza para os locais, pero pouco Ferrol. Non se levaron o partido nin a clasificación os mais cativos dos mariñáns pero si unhas cantas bágoas e sobre todo, unha longa, sentida e cerrada ovación de todo o público, que recoñeceu o esforzo, a valentía e o saber facer dos seus nenos, que pese a ser moi superiores toparonse de bruces fronte á mala sorte.
Moitas grazas a Lucas, Miguel, Brais, Juan, Natalael, Mario, Pol, Aaron, Adrián, Arturo, Jorge e Hugo, sodes uns CAMPIÓNS.
Logo da decepción inicial había que cambiar o chip posto que lles tocaba o turno ós alevíns, que precisabann gañar, co empate nin sequera se tirarían penaltis posto que viñan os ferróláns de gañar 11-0 o seu encontro ante Lambre-Mandeo. Ante a teórica superioridade visitante, os locais tiñan que poñer tódalas gañas e aproveitarse dun pavillón cheo con ganas de disfrutar dunha victoria despois das lágrimas dos benxamíns.
Así o gran "Paco" Vázquez ordenou ós seus rapaces presionar con todo arriba e disfrutar co balón nos pés. A saída foi boa dos locais que tiñan o dominio pero debían controlar ben o balance defensivo. É decir, o econtro presentábase moi parecido ó anterior, con algo mais de presencia dos visitantes en ataque, que tiñan un importante poderío físico e unha agresividade inusual en rapaces de 10 e 11 anos.
Pouco tardaron en chegar os goles. Adiantábanse os locais tras un inicio de intenso dominio, pero uns minutos mais tarde ía chegar o empate dos visitantes. Isto non facía perdela cabeza ós mariñáns que seguían a presionar con fé a salida do balón e non permitían que os visitantes chegaran á porta. Deste xeito ían chegar mais goles, medrando a distancia dos locais ata o 3-1. Pero as malas novas tamén chegaban, en forma de lesión de Xavi, Pablo e Manuel Vázquez, tres dos puntais do míster focense, que recibían sendos golpes, os dous primeiros no sóleo e o terceiro no fuciño. Eran momentos de apuros para os locais, o cal se traduciu no 3-2, no que os visitantes recurtaban distancias. Con ese marcador se chegaba ó descanso.
A segunda parte íase afrontar sen tres dos efectivos máis empregados polo bando local, o que dificultaba de forma notable as cousas, pero iso non ía servir de excusa. Comezaron apretando os visitantes en busca do empate e con el a clasificación, pero resistían ben os locais, cun gran Noé baixo os paos. Pouco a pouco foronse sacudindo o dominio ata a chegar a equilibralas forzas e contabilizar boas ocasións. Aínda así a pegada dos visitantes íase facer notar e chegaban o empate mediado o segundo tempo. Foi moi celebrado no banco visitante, todo o tempo increpando ós arbitros, dando un moi negativo exemplo ós seus rapaces. Isto non deixaba de ser unha confirmación de que non as tiñan todas consigo. Tanto era así que os locais xa non paraban de chegar, incluso Pablo saiu o campo para buscar o gol da victoria visiblemente doente da perna dereita. Cando mais chegaban os locais ía chegar unha lousa moi dura de levantar co 3-4. Outra mala nova foi a lesión de Noé, o porteiro que estaba a completar unha gran actuación, pero foi sustituído por Luismi con garantías. Nos últimos 5 minutos os rapaces deron o todo polo todo, parecía que ían comer ata a portería pero os seus intentos ían todos por fora ou cara as mans do porteiro de Ferrol. Así o partido rematou co definitivo 3-4 que tampouco facía xustiza ó visto sobre a pista. Outra decepción e outra cerrada ovación para os nosos rapaces. Moitas grazas a Noe, Luismi, Nito, Roi, Fran Fiallega, Pablo, Manuel Vázquez, Manuel Noceda, Fran Rolle, Dani, Xoe e Xavi, tamén sodes uns CAMPIÓNS.
Dous partidos e dúas decepcións. Todo tiña que cambiar para ben e o partido infantil semellaba propicio para iso posto que só con perder por menos de sete goles o cadro de Christian Gómez "Fustes" estaba clasificado. Aínda así os mariñáns comezaron adiantándose ata 3-0 con goles de Javi (2) e Jorge, pero non estaban a rendir ó seu nivel nin moito menos. Isto traduciríase nun gran enfado do seleccionador focense e no 3-1 co que se chegaba ó descanso. Cambiaron algo as cousas nas segunda metade, os locais tentaban tocar mais ante un rival inferior, pero que provocara 35 pérdidas en 25 minutos de tempo corrido, frente a 18 recuperacións dos locais. Logo chegaría o 4-1 obra de Javi que parecía achaiar o camiño dos mariñáns, pero cando todo semellaba máis fácil, comenzarono a facer máis dificil e a incrementalo cabreo do seu adestrador. Froito diso chegaron os goles en contra ata apertalo marcador 4-3 que maquillou Javi a última hora facendo o 5-3, pero iso non maquillaba a mala imaxe ofrecida.
O derradeiro encontro do día enfrontaba a dous equipos sen opcións tras perdelos seus encontros fronte a Lambre. Así nun encontro sen moita tensión os visitantes adiantáronse ata o 0-2, pero os locais recurtarían, 1-2, antes do descanso. na reanudación voltarona saír mellor os de Ferrol e que conseguiron o 1-3. Isto provocou que o seleccionador vivariense Melu tirara do porteiro xogador que non deu moitos froitos mais ca un gol en contra que sería o 1-4 definitivo. Último partido para os cadetes que non poideron nin con moito repetila brillante actuación do ano anterior.
Agora toca agardar á disputa da fase final en Viveiro, cuxa organización correo a cargo da delegación da Mariña. Xa está todo preparado para que se compita en tódalas categorías, con especial atención para a selección infantil que tentará traer por primeira vez o título para A Mariña.


¡NORABOA A TOD@S!
 


Blogger Template By LawnyDesignz