sábado, 27 de febrero de 2010

Os pequenos mariñáns Nuno Mecía, Pablo López e Rubén Castro seguen a demostrar, pouco a pouco, todo o seu nivel e potencial xa que o seleccionador benxamin da súa categoria, Enrique Serantes, volveu a convocalos para o adestramento que o vindeiro mércores 3-3-2010 a selección galega da súa categoria vai a realizar no Pavillón Municipal de Guitiriz ás 18:00h.Os xogadores deberán de levar a ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.
¡Moita sorte rapazes!

jueves, 25 de febrero de 2010

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares que estaba prevista que se desenvolvese desde mañá, xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido á previsión de adversas condicións climatolóxicas.
Ante a previsión existente, a Secretaría Xeral para o Deporte optou pola suspensión das actividades logo de escoitar a todas as partes implicadas na campaña de Deporte en Idade Escolar, que promove a Xunta de Galicia. Unha decisión tomada co obxectivo de evitar incidencias, xa que se espera durante o fin de semana unhas condicións climatolóxicas moi complicadas.
A decisión foi inmediatamente comunicada ás federacións deportivas, aos clubs e aos responsables de Deporte Escolar en cada zona coa finalidade de que a medida xere os menos prexuízos posibles.
Así mesmo a Secretaría Xeral para o Deporte informou a todas as federacións galegas da previsión de mal tempo que haberá este fin de semana en Galicia e deixa á súa decisión o desenvolvemento das competicións oficiais, xa son eles os responsables das mesmas.
A Secretaría Xeral para o Deporte fixo fincapé ás federacións na necesidade de que tomen as máximas precaucións para evitar incidencias e que estuden a posibilidade de suspender as competicións se fose necesario.

miércoles, 24 de febrero de 2010

O seleccionador galego cadete, Manuel Martínez, volveu a reclamar a presenza do noso xogador cadete, Erik Campo, para o adestramento que o combinado galego vaia a realizar o vindeiro venres 26-2-2010 no pavillón Quiroga Palacios situado na localidade santiaguesa de Conxo ás 18:45h. Neste adestramento a selección galega xogará un partido amistoso contra o equipo xuvenil do Autos Lobelle de Santiago. O xogador deberá de presentarse alí con roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e a ficha federativa.
¡Moita sorte Erik!

lunes, 22 de febrero de 2010

Todos os que formamos a grande familia das Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremos dar as grazas a todos aqueles que seguides o blogue con interese. Xa van máis de dúas mil visitas o cal quere dicir que entrades nel e ledes as entradas que nel se poñen. GRAZAS.
Tamén vos agradeceríamos que deixásedes os vosos comentarios e vos fixérades seguidores do noso blogue. A pesar de facer posible o blogue de maneira altruista e con moito gusto, os vosos comentarios farían que a elaboración do blogue se fixera con moito máis agrado
.
!1 saúdo!

lunes, 15 de febrero de 2010

Os nosos xogadores benxamíns Nuno Mecía, Pablo López e Rubén Castro foron seleccionados para a concentración que a selección galega da súa categoría vaia a realizar o fin de semana do 19,20 e 21 de febreiro no albergue da Marina Española en Gandarío na localidade de Sada. Os rapaces deberán de estar alí o venres ás 16:15h e saíran o domingo ás 15:00h e deberán de levar roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e a ficha federativa.
Completan a convocatoria os seguintes rapaces: Israel Pérez e Alex Pérez do Liceo, Diego Varela e Alejandro Vilas do Ex Alcohólicos, Adrián Rodriguez do Lumieira, Noel Escanlar do Outeiro de Rei, Alejandro Regueira do Parrulo, Jesus Cela do Meigallos, Martin Diz do Ancoradouro, Matias Jesus, Raul Melo, Alvaro Andrade e Tiago Rodriguez do Anexa.
¡Sorte rapaces!

jueves, 11 de febrero de 2010

Onte á tarde os seleccionadores galegos cadete e infantil, Manolo Maradona e Ibán García, reclamaron a pesenza dos nosos xogadores Erik Campo e Rubén Fernández para as concentracións que as seleccións destas categorias van a realizar o vindeiro fin de semana dende o venres 12 ata o domingo 14 de febreiro no albergue de Gandarío na localidade de Sada. Os rapaces incorporaránse a esta concentración o venres ás 16:15h. e sairán o domingo pola tarde para retornar as súas casas.Os xogadores deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, ficha federativa e o D.N.I.
A relación dos xogadores convocados son as seguintes:
-Categoría Cadete:Bruno Abalde e Fabio Gonzalves do Coruxo, Antonio Rodriguez e Rodrigo Blanco do Bueu, Erik Campo do Burela Turística, Pablo Ramos do Parrulo, Oscar Lago do Mera, Uxio Tojo do Riazor, Ricardo Arcay Troula, Javier Rico, Alejandro Gruñeiro, Erik Mariño, Carlos Areñas do Azkar Lugo, Frank Sal de Rellan do Lobelle e Cristian Pérez do Carballiño.
-Categoria Infantil:Ilian Ares Casas, Jose López e Rubén Mouriz Azkar Lugo, Alberto Vilariño Láncara, Rubén Fernéndez EDM Barreiros, Enrique Varela Exalcohólicos, Eduardo Ares e Ricardo Jiménez do Frutas del Fraile, Miguel Sánchez do Valle Inclén, Martin Rodriguez e Diego Carreira Barval, Marco Moreno, Igancio Paredes, Samuel Fernandez e Alberto Fernéndez do Vigo 2015.
¡Moita sorte rapaces!

sábado, 6 de febrero de 2010

A selección galega benxamin volveu a reclamar a presencia dos benxamíns mariñáns Nuno Mecía, Pablo López e Rubén Castro para o adestramento que vai levar a cabo o vindeiro mércores 10-2-2010 ás 17:45h. no pavillón municipal de Cea en Ourense.Os rapazes deberán de levar a ficha federativa, D.NI., roupa deportiva e útiles de aseo.
¡Moita sorte!

martes, 2 de febrero de 2010

A selección galega infantil reclamou a presenza do noso xogador infantil,Rubén Fernández, para o adestramento que o combinado galego fará o vindeiro xoves 4 de febreiro, ás 17.45 horas, no pavillón municipal de Teixeiro. O xogador deberá levar a ficha federativa,D.N.I.,roupa deportiva e útiles de aseo.
¡Moita sorte!.
 


Blogger Template By LawnyDesignz