jueves, 25 de febrero de 2010

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares que estaba prevista que se desenvolvese desde mañá, xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido á previsión de adversas condicións climatolóxicas.
Ante a previsión existente, a Secretaría Xeral para o Deporte optou pola suspensión das actividades logo de escoitar a todas as partes implicadas na campaña de Deporte en Idade Escolar, que promove a Xunta de Galicia. Unha decisión tomada co obxectivo de evitar incidencias, xa que se espera durante o fin de semana unhas condicións climatolóxicas moi complicadas.
A decisión foi inmediatamente comunicada ás federacións deportivas, aos clubs e aos responsables de Deporte Escolar en cada zona coa finalidade de que a medida xere os menos prexuízos posibles.
Así mesmo a Secretaría Xeral para o Deporte informou a todas as federacións galegas da previsión de mal tempo que haberá este fin de semana en Galicia e deixa á súa decisión o desenvolvemento das competicións oficiais, xa son eles os responsables das mesmas.
A Secretaría Xeral para o Deporte fixo fincapé ás federacións na necesidade de que tomen as máximas precaucións para evitar incidencias e que estuden a posibilidade de suspender as competicións se fose necesario.
 


Blogger Template By LawnyDesignz