martes, 10 de abril de 2012

Os mariñáns Fran Fiallega Fernández, na categoría alevin, e Asier Burundarena Otero, na categoría infantil, serán os representantes da nosa comarca no Campionato Nacional de Seleccións Base que se vai a celebrar na localidade de Rincón de la Victoria en Málaga os vindeiros días 13,14 e 15 de Abril.
Dende aquí queremos desexarlle a ambolos rapaces, así como, a tódolos combinados galegos toda a sorta do mundo.

¡NORABOA RAPACES!

domingo, 11 de marzo de 2012

O seleccionador galego da categoría alevin, Alfonso Castro, volveu a reclamar a presenza do mariñán Fran Fiallega, para a concentración que o seu combinado vai a levar a cabo no Complexo Xuvenil As Mariñas o vindeiro fin de semana. O xogador deberá de presentarse o Venres 16 ás 16:15h. no Pavillón Albergue Marina Español (carretera Sada a Bergondo). Pola súa parte, o seleccionador galego da categoría infantil, Ibán García, volveu a convocar ao infantil mariñán Asier Burundarena, para o adestramento que o seu combinado vai a a levar a cabo o vindeiro Martes 13 ás 17:45h. no Pavillón Municipal de Teixeiro (detrás do Concello).
Os rapaces deberán ir provistos de Licencia Deportiva, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

martes, 21 de febrero de 2012

O seleccionador galego da categoría infantil, Ibán García, volveu a reclamar a presenza do mariñán Asier Burundarena para o adestramento que o seu combinado vai a realizar o vindeiro xoves 23-2-2012 ás 17:45h. no pavillón La Castellana, situado no Colexio Público La Castellana (Aranga), Autovía A Coruña a Lugo saída Montesalgueiro. O xogador deberá ir provisto de ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡MOITA SORTE!
O vindeiro MÉRCORES 22-2-2012 o noso combinado alevin será recibido nos Concellos de Xove e de Burela, como recoñecemento ao título de SUBCAMPIÓNS GALEGOS obtido na Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputou en Carballiño o pasado día 5 de Febreiro. Ás 17:30h. os rapaces serán recibidos no Concello de Xove. Unha vez alí os alevins mariñáns ofreceránlles aos rexidores locais o título obtido. De seguido, desprazáranse ate a localidade de Burela, para ser recibidos na Casa do Concello, ás 18:30h., polo Alcalde de Burela, José Mª Barcia, onde lle ofrecerán tamén o título colleitado.

¡NORABOA RAPACES!

lunes, 13 de febrero de 2012

O combinado galego alevin, dirixido por Alfonso Castro, vai a levar a cabo o vindeiro fin de semana a súa primeira concentración para a que foron chamados os mariñáns Rubén Castro e Fran Fiallega. Os dous rapaces deberán de presentarse o Venres 17-2-2012 ás 16:15h. no pavillón Albergue Marina Española (Complexo Xuvenil As Mariñas) e estarán alí todo o fin de semana saíndo o domingo ás 15:00h. Para esta concentración os rapaces deberán ir provistos de ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!
O seleccionador galego na categoría infantil, Ibán García, reclamou a presenza dos mariñáns Álex García e Asier Burundarena para o adestramento que o seu combinado vai a facer o vindeiro Martes 14-2-2012 ás 17:45h. no Pavillón Municipal de Teixeiro (detrás do Concello). Para este adestramento os rapaces deberán ir provistos de licencia federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

miércoles, 8 de febrero de 2012

O vindeiro sábado 11-2-2012 e como colofón a tempada dos combinados infantil e cadete os rapaces que formaron parte destes están convidados a pasar unha tarde divertida na piscina municipal de Xove. A hora de entrada na piscina será ás 18:00h. e a hora de saída será ás 19:30h. e tódolos rapaces deberán ir provistos de gorro, chanclas, toalla e roupa e útiles de aseo.
Esperemos que tódolos rapaces disfruten ó máximo nesta lúdica xornada de convivencia.

¡TODOS Á AUGA!

martes, 7 de febrero de 2012

Unha vez rematado o Campionato Galego de Seleccións Locais comeza o turno dos combinados irmandiños. O seleccionador galego da categoría benxamin, Enrique Serantes, reclamou a presenza dos pequenos amriñáns Hugo Rodriguez (ED Lourenzá), Pol Bassa (Burela FS) e Juan López (Praia de Covas), para o adestramento que vai levar a cabo o vindeiro xoves 9-2-2012 ás 17:45h. no Pavillón Municipal de Teixeiro.
Pola súa parte, o seleccionador da categoría infantil, Ibán García, tamén reclamou a presenza dos mariñáns Daniel López, Álex García e Mamadou Diof, todos eles pertencentes ao Burela FS, para o adestramento que vai levar a cabo o vindeiro mércores 8-2-2012 no Pavillón A Castellana (Autovía A Coruña a Lugo saida de Montesalgueiro).
Todos os rapaces deberán ir provistos de ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.

¡NORABOA RAPACES!

lunes, 6 de febrero de 2012

Tras impoñerse con solvencia nas semifinais do Campionato Galego de Seleccións Zonais, os rapaces da categoría alevín da selección de A Mariña de fútbol sala sufriron un dos episodios mais amargos das súas cortas pero prometedoras carreiras. Unha dura e inxusta derrota na que os nenos mariñáns coñeceron o lado mais amargo e deleznable do deporte.
Comezou moi ben a xornada, tras un bo madrugón, posto que pese ó susto inicial dos dous goles encaixados na semifinal fronte a Lugo Sur, os mariñáns sobrepuxéronse con caracter e enteireza chegando gañando 3-2 ó descanso e ó final do encontro cun marcador de 6-2 que reflexaba a amplia diferencia entre ámbolos dous equipos.
Formaron por parte de A Mariña: Rubén; Nito, Fran, Alex e Jorge. Tamén xogaron Luca, Paulo, Manu, Alvaro, Luis, Alberto e Luismi (PS).
Tras comezar o partido bastante nerviosos, os rapaces dirixidos por Fran foronse asentando no campo, en parte polas correccións feitas polo focense no tempo morto, e comezaron a desplegar o seu xogo que, sen alardes, lles deu vantaxe no marcador. Xa na segunda metade, con 4-2 no marcador, o técnico rival tentou contrarrestar o resultado sacando o porteiro-xogador pero os rapaces de Lugo Sur case non foron capaces de pasar do seu campo dada a boa presión feito polos mariñáns na salida do balón. Deste xeito seguiron chegando os goles ata o 6-2 final. Cambre esperaba na final, ás 17:30 no mesmo lugar das semis, logo de eliminar a Santiago.
Os rapaces foron comer na compaña dos monitores da Selección da Mariña, nun ambiente moi familiar e tras indagar na cultura popular e enxebre galega, dirixíronse cara o pavillón para afrontar a final.
Formaron desta volta: Rubén; Nito, Fran (2), Alex e Luca. Tamén xogaron Luismi (PS), Jorge, Paulo e Álvaro. Alberto, Luis e Manu agardaron a súa oportunidade no banco animando ós seus compañeiros. O partido comezou moi cerrado, o que sería a tónica xeral do encontro, cos dous equipos respetándose moito e cos rapaces mariñáns moi atenazados. Apenas se vían aproximacións e so cando Nito, imperial ó corte dende o cierre, roubaba e conectaba con Fran conseguían crear perigo os nosos rapaces. Pola outra banda, Rubén non tivo que empregarse con moita intensidade posto que os rivais non chegaron con moita claridade á portería mariñá. Transcorreron os minutos sen que apenas pasase nada, mais que nervios e pouco xogo colectivo, chegándose ó descanso co marcador inicial. Na segunda metade os mariñáns, a falta de xogo e lucidez no xogo de ataque tiraron de casta e fixeron valer a superioridade física de Fran para adiantarse por dúas veces no marcador, tras unha pugna cun defensa na área riva e un penalti tras unha man bastante clara. Neste intre semellaba máis cerca o 3-0 que o 2-1, posto que apareceron as ocasións para os mariñáns que comezaban a facer o que eles saben.
Aínda así, nun balón colgado polos rapaces de Cambre o propio Fran sacou o balón de cabeza, lance no que recibiu un involuntario golpe no nariz. Acto seguido, cando todo o mundo, incluidos os rivais, crían que se pitara falta, un dos colexiados, adquirindo un protagonismo incrible nun partido de categoría alevín, sinalou o punto de penalti sen saberse moi ben a día de hoxe o que pitou. Cambre non fallou e subiu o 2-1 o marcador, recurtando distancias, metendose no partido e sacando do mesmo os nosos nenos. Na xogada seguinte, Nito, tras unha excelente e modélica defensa, arrebata o balón a un rival, o rexeite caelle a Luca que despexa con tan mala sorte que o balón chega a un rapaz de Cambre na frontal fusilando a Luismi cun tiro perfecto e pegado ó pao dereito. A estirada do porteiro burelao non foi suficiente. Cos nosos rapaces completamente alterados e sen cabeza, chegou o definitivo 2-3, nun 2 contra un ante Luismi, que nada puido facer. Quedaban 5 minutos de xogo, pero tratábase dun tempo virtual porque en realidade o tempo correu sen estar o balón en xogo. Tras un par de incidentes nos que o arbitro tivo que reclamar as asistencias, non quixo parar o tempo como se fixo en tódolos partidos do campionato, polo que se gastou mais da metade do tempo que restaba. A xente nas gradas vía con impotencia como o cronómetro na mesa corría sen que naide se atrevera ou poidera paralo. Ó final do partido, os nosos rapaces tiveron que cambiar as súas habituais bromas e sorrisos por caras largas e lágrimas, posto que a pesares de tratarse de nenos, non é facil enganalos e saben perfectamente o que aconteceu sobre a pista. Incluso afeccionados e xogadores doutras seleccións abuchearon e silbaron o acontecido e brindaron unha bonita pero insuficiente ovación ós mariñáns tanto o final do encontro como trala entrega de premios. É probable que os colexiados non se foran coa conciencia tranquila pero eles non tiveron que entrar no vestiaro e ver os nenos completamente desfeitos, nin ver como Fran, ó que lle pitaron un penalti, sangraba polo cóbado e pola rodilla, parte dun forte golpe no nariz, pero para el non tiveron tempo de atendelo.Logo na pseudoentrega de premios, na que ninguén soubo quen gañou e quen perdeu, os nosos rapaces tiveron que saír correndo literalmente da ducha porque se quedaban sen premio e naide os esperaba. Non houbo nin quen lles colgara as medallas no pescozo, tivo que ser o capitán, Nito, quen as repartira cos seus compañeiros. Un total desconcerto e desbaraxusto no que os rapaces non aprenderon nada bo e si o lado mais cruel e negativo do deporte.Dende o corpo técnico da Selección da Mariña de Fútbol sala de base, queremos agradecer ós pais e familiares o esforzo feito indo ata O Carballiño e os ánimos dende a grada, e, sobre todo, felicitar ós nenos pola súa entrega e responsabilidade, sendo nos conscientes de que sempre nos devolven moito mais do que nos lles aportamos a eles. Moitas Grazas a Rubén, Luismi, Nito, Fran, Alex, Jorge, Alberto, Luis, Manuel, Paulo, Álvaro, Luca, David e Xabi.

¡NORABOA RAPACES!

jueves, 26 de enero de 2012

O noso combinado alevin prosegue cos seus adestramentos de cara a presentarse na Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se vaia a disputar o vindeiro Domingo 5-2-2012 na localidade de Carballiño na mellor forma posible e volverá a adestrar o domingo 29-1-2012 ás 17:30h. no pavillón Torqués de Marzán de Foz.

¡MOITA SORTE RAPACES!

martes, 17 de enero de 2012

O vindeiro Sábado 21-1-12 e como colofón á tempada da Selección A Mariña de Fútbol Salan desprazaremosnos ata a piscina municipal de Xove para que tódolos rapaces que foron seleccionados nas categorías benxamín e alevín pasen unha divertida tarde na auga.
A hora de entrada na piscina será ás 18:00h. e a hora de saída será ás 19:30h. e tódolos rapaces deberán ir provistos de gorro, chanclas, toalla e roupa e útiles de aseo.
Esperemos que tódolos rapaces disfruten ó máximo nesta lúdica xornada de convivencia.
O turno para as seleccións infantil e cadete na piscina será en vindeiras datas.

¡TODOS Á AUGA!
Según nos comunicaron dende a Federación Galega de Fútbol Sala a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais finalmente vaise a disputar o vindeiro Domingo día 5-1-2012 e na localidade de Carballiño.
Asímesmo, tamén nos comunicaron que o noso combinado alevin disputará a súa semifinal no pavillón Carballiño 2 ás 12:30h. contra o gañador da eliminatoria entre a Selección de Ourense e Lugo Sur.
En vindeiras datas informaremos do planing da xornada, así como, das horas e lugares de saída do autobús.

¡SORTE RAPACES!

sábado, 14 de enero de 2012

Tras conseguir de forma brilante a súa clasificación para a FAse Final do Campionato Galego de SelecciónS Locais que se disputará o vindeiro Domingo 5 de Febreiro na localidade de Lalin, o combinado alevin, adestrado por Fran Vázquez e Carlos Méndez "Madar, levará a cabo un novo adestramento o vindeiro Domingo 15-1-2012 ás 18:00h. no Pavillón Torqués de Marzán.

¡NORABOA RAPACES!

martes, 10 de enero de 2012

Este domingo 8/01/2012 celebrouse a segunda xornada da fase de clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais de Fútbol Sala en categoría base. No municipal de Xove enfrontáronse as seleccións de A Mariña como local e Lugo como visitante en categorías benxamín, alevín, infantil e cadete cun reparto desigual de sorte e resultados.
Despois dun brillante acto de presentación foi o turno para os mais pequenos, a categoría benxamín, a partir das 16:30 da tarde. Como premisa destacar que o empate beneficiaba á selección de Lugo posto que tiñan o golaverage a favor do partido que os enfrontou á selección de Lambre.
Saíron á cancha un pouco dubitativos os nenos dirixidos por Brenan Rivas, da ED Lourenzá, froito do cal chegou o 0-1 inicial, logo dunha contra. Aínda así pouco tardou Pol Bassa , do Burela Fs e estilete mariñán, en poñer táboas no marcador, facendo o 1-1. Cando mellor estaban os mariñáns e contaban con mellares ocasións chegaron dous novos tantos en contra, que subiron un escalofriante 1-3 ó marcador, a pesar de acumular os locais un bo feixe de ocasións e de contar os visitantes con so tres tiros á porta. Antes do descanso os mariñáns recurtaron distancias colocándose 2-3 e poñendo a clasificación a dous goles.
Na reanudación seguiron os mariñáns ameazando a meta lucense, cun continuo goteo de ocasións pero voltaron a ser os visitantes os que engordaban a súa vantaxe facendo un 2-4 que parecía enterrar as opcións locais. Aínda así Brenan e, sobre todo, os seus rapaces nunca se rendiron e comezaron a asediar con mais intensidade se cadra a portería lucense, froito do cal recurtaron distancia colocándose 3-4 con 8 minutos por diante e todo o vento e a grada a favor. Cunha presión asfixiante en toda a cancha dos homes de primeira linea, con Adrián e David roubando tódolos balóns dende o peche e con Joao baixo os paos transmitindo a mesma seguridade que Hugo parecía cuestión de tempo que os nosos nenos voltearan o marcador. Así as cousas, o 4-4 non se fixo esperar e ante a excitación que este supuxo entre o público e os propios xogadores, Brenan pediu tempo para tranquilizar os ánimos e dar as últimas instruccións de cara a acadalo gol definitivo a falta de cinco minutos. Despois de un vendaval por parte dos locais e outro bo feixe de ocasións para conseguilo gol da victoria o tempo rematou e o empate deu un inxusto pase ós lucenses e un amargo pero digno resultado ós nosos pequenos que o ano que ven, outra vez mais, tentarán superarse e desquitarse de dous anos de mala sorte e inxustizas.
Un aplauso moi forte para tódolos xogadores e o cadro técnico formado polo laurentino Brenan Rivas e ó viveirense Emilio Rosanes de AD Praia de Covas.
Era o turno agora para os alevíns, dirixidos polo focego da ACD Xove Francisco Vázquez e ós que tamén lles servía unicamente a victoria logo do seu empate fronte a Lambre. Foi un partido moi diferente ó anterior, no que a superioridade foi tal que dende o comezo se fixo palpable a superioridade local e os goles foron caendo polo seu propio peso, dada a distancia en técnica, táctica e dinamismo entre émbolos equipos. So co 5-0 o adestrador visitante foi quen de cambiar un pouco o guión ó introducir o ataque con porteiro-xogador, pero os locais sobrepuxeronse sen problemas cunha gran colocación e apretando moi ben o balón dende a primeira liña, chegando a ampliar a vantaxe ata o 6-0 final. Os goleadores mariñáns foron: Fran Fiallega da ED Pontenova cun triplete, Jorge Insua de AD Praia de Covas con dous goles e Paulo Gonzalez da ED Lourenzá cun tanto. Pese ó empate na xornada inicial, bastante enganoso, o cadro alevín foi o que mostrou nos dous encontros un xogo mais convincente e as ideas mais claras, polo que a súa clasificación parece máis que xusta.
Noraboa a tódolos rapaces e ó cadro técnico formado por Francisco Vázquez de ACD Xove e Carlos Méndez do Burela FS, que disputarán a fase final do campionato en Lalín o domingo 5 de Febreiro de 2012. Teñan moita sorte, aquela que faltou ós benxamines.
O terceiro encontro correspondía á categoría infantil, sendo o que se preveía máis igualado e coa baixa por parte mariñá dunha das súas pezas fundamentais, Asier, da ED Lourenzá que recaeu das súas molestias. Ó igual que no partido inicial ante Lambre, os visitantes eran superiores en altura e físico, polo que o encontro disputouse polos mesmos parámetros que o anterior, cunha selección local a remolque durante toda a primeira metade chegando nesta ocasión ó descanso cun desfavorable 2-3, Dani e Alex do Burela FS anotaron os goles mariñáns antes do descanso. Nesta primeira metade os locais foron anulados por completo, con dous moi simples e vellos recursos, defensa na media pista 2-2 e colgar balóns ó pivot para aproveitar a súa superioridade física. A falta de movilidade e apoios entre os xogadores locais facilitou a defensa e saída á contra dos lucenses. Na segunda metade, conscientes do que se xogaban, os rapaces de Christian Gómez Fustes, saíron con todo a polo partido, intentándoo de tódolos xeitos posibles pero non conseguiron no inicio máis que fallar ocasións e encaixar o 2-4 que poñía as cousas moi costa arriba, despois dun erro na circulación de balón. Foi entón cando os locais se sacaron tódolos complexos de enriba e comezaron a presionar como saben para conseguir sendos goles de Pablo Casas do Burela FS e Manuel Vázquez da ED Lourenzá, este dun forte escadrazo dende uns 15 metros. Quedaban uns 10 minutos e todo aínda por xogarse co empate a 4 goles. Sen embargo o enésimo balón perdido dos locais facilitou unha nova contra na que os visitantes se adiantaban e obrigaban ós locais a seguir remando. Pouco máis tarde Mamadou, tamén do Burela FS facía o 5-5 a falta de 4 minutos que devolvía tódalas opcións ós locais, que sen facer o seu vistoso xogo tiñan a clasificación a un gol, xa que o empate ó igual que nas anteriores categorías favorecía a Lugo polo golaverage. Nos catro últimos minutos os mariñáns non foron quen de batir a portería visitante polo que o a clasificación voou cara Lugo, logo dun partido regular por parte dos locais, no que so despertaron cando se viron coa auga ó pescozo e no que nunca encontraron a súa forma de xogar. Aínda así agradecer o esforzo a tódolos integrantes do plantel infantil e ó cadro técnico pola súa dedicación, o focense de AD Santiago de Foz Christian Gómez Fustes e o seu colaborador habitual Mario Pillado Mon.
O último turno da tarde correspondía á categoría cadete, na que a priori parecía favorito o conxunto visitante, que pouco a pouco foi plasmando esa condición no marcador, a pesar dos esforzos dos xogadores mariñáns, que so poideron maquillar o marcador. Adiantaronse os lucenses por partida dobre, o primeiro de forte disparo e o segundo nun grave erro da defensa local. A pesar do 0-2 os locais non se viñeron abaixo e o xogador do Burela FS Carlos Barbosa recurtaba distancias nun contragolpe, batendo por Baixo o porteiro visitante. Pero non foi mais ca un espellismo e os capitalinos voltaron a poñer terra de por medio ata colocarse 1-4 falta de poucos minutos para a conclusión. Só a falta de 50 segundos para o remate puido Diego López do Colexio O Pilar de Foz puido facer algo por recurtar distancias, subindo o 2-4 final logo dunha boa xogada individual.
Como en categoría cadete a selección de Lambre non presentaba equipo este partido era o único e definitivo para a clasificación, sen volta atrás, así que tampouco os cadetes se poden meter na fase final. Agradecerlles o esforzo feito os xogadores así como ó cadro técnico formado por Emilio González Escourido do Cidade de Viveiro e Jandri Rego.


¡NORABOA RAPACES!

miércoles, 4 de enero de 2012

Os combinados mariñáns afrontan os derradeiros adestramentos antes de enfrontarse ás Seleccións de Lugo o vindeiro domingo día 8 de Xaneiro no pavillón Municipal de Xove e de donde sairá o representante do grupo III na Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais o vindeiro 29 de Xaneiro na localidade de Lalin. Os adestramentos repartiránse entre o xoves e o venres nos seguintes horarios e pavillóns:
CATEGORIA CADETE
Xoves 5-1-2012 ás 12:00h. no Pavillón da Veiga de San Cibrao
CATEGORIA BENXAMIN
Venres 6-1-2012 ás 17:00h. no Pavillón Vista Alegre de Burela
CATEGORIA ALEVIN
Venres 6-1-2012 ás 19:00h. no Pavillón Vista Alegre de Burela

¡SORTE RAPACES!

lunes, 2 de enero de 2012

Unha vez que os máis pequenos xa comezaron os novos adestramentos do ano 2012 o turno é agora para os infantiles e cadetes que seguen a preparar os encontros do vindeiro domingo día 8 e que os enfrontará aos combinados da selección de Lugo no pavillón Municipal de Xove. Levarán a cabo os seus adestramentos nos seguintes horarios e pavillóns:
CATEGORIA INFANTIL
Mércores 4-1-2012 ás 18:30h. no Pavillón Monte Castelo de Burela.
CATEGORIA CADETE
Martes 3-1-2012 ás 19:00h. no Pavillón Monte Castelo de Burela.

¡SORTE RAPACES!

domingo, 1 de enero de 2012

Trala celebración da chegada do novo ano, comezan outra vez os adestramentos dos distintos combinados mariñáns de cara aos trascendentais encontros que nos enfrontaran aos combinados de Lugo e nos que está en xogo a clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Selección Locais. Os primeiros en estrenar o 2012 serán os máis pequenos nos seguintes horarios e pavillóns:
CATEGORIA BENXAMIN
Ás 17:00h. no Pavillón Municipal de Xove
CATEGORIA ALEVIN
Ás 19:00h. no Pavillón Municipal de Xove

¡ÁNIMO RAPACES!

Os combinados mariñáns regresaron invictas de Curtis e manteñen intactas a súas opcións de clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se vai a celebrar na localidade de Lalin. Os resultados dos encontros xogados o pasado venres 30-12-2011 no pavillón Municipal de Curtis fronte ás seleccións de Lambre-Mandeo foron os seguintes:
→CATEGORIA BENXAMIN
SELECCIÓN LAMBRE-MANDEO 0-4 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA ALEVIN
SELECCIÓN LAMBRE-MANDEO 2-2 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA INFANTIL
SELECCIÓN LAMBRE-MANDEO 4-5 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.


¡NORABOA RAPACES!
 


Blogger Template By LawnyDesignz