¡MOITA SORTE RAPACES!
jueves, 26 de enero de 2012
¡MOITA SORTE RAPACES!
martes, 17 de enero de 2012

A hora de entrada na piscina será ás 18:00h. e a hora de saída será ás 19:30h. e tódolos rapaces deberán ir provistos de gorro, chanclas, toalla e roupa e útiles de aseo.
Esperemos que tódolos rapaces disfruten ó máximo nesta lúdica xornada de convivencia.
O turno para as seleccións infantil e cadete na piscina será en vindeiras datas.
¡TODOS Á AUGA!

Asímesmo, tamén nos comunicaron que o noso combinado alevin disputará a súa semifinal no pavillón Carballiño 2 ás 12:30h. contra o gañador da eliminatoria entre a Selección de Ourense e Lugo Sur.
En vindeiras datas informaremos do planing da xornada, así como, das horas e lugares de saída do autobús.
¡SORTE RAPACES!
sábado, 14 de enero de 2012
¡NORABOA RAPACES!
martes, 10 de enero de 2012
Despois dun brillante acto de presentación foi o turno para os mais pequenos, a categoría benxamín, a partir das 16:30 da tarde. Como premisa destacar que o empate beneficiaba á selección de Lugo posto que tiñan o golaverage a favor do partido que os enfrontou á selección de Lambre.
Saíron á cancha un pouco dubitativos os nenos dirixidos por Brenan Rivas, da ED Lourenzá, froito do cal chegou o 0-1 inicial, logo dunha contra. Aínda así pouco tardou Pol Bassa , do Burela Fs e estilete mariñán, en poñer táboas no marcador, facendo o 1-1. Cando mellor estaban os mariñáns e contaban con mellares ocasións chegaron dous novos tantos en contra, que subiron un escalofriante 1-3 ó marcador, a pesar de acumular os locais un bo feixe de ocasións e de contar os visitantes con so tres tiros á porta. Antes do descanso os mariñáns recurtaron distancias colocándose 2-3 e poñendo a clasificación a dous goles.
Na reanudación seguiron os mariñáns ameazando a meta lucense, cun continuo goteo de ocasións pero voltaron a ser os visitantes os que engordaban a súa vantaxe facendo un 2-4 que parecía enterrar as opcións locais. Aínda así Brenan e, sobre todo, os seus rapaces nunca se rendiron e comezaron a asediar con mais intensidade se cadra a portería lucense, froito do cal recurtaron distancia colocándose 3-4 con 8 minutos por diante e todo o vento e a grada a favor. Cunha presión asfixiante en toda a cancha dos homes de primeira linea, con Adrián e David roubando tódolos balóns dende o peche e con Joao baixo os paos transmitindo a mesma seguridade que Hugo parecía cuestión de tempo que os nosos nenos voltearan o marcador. Así as cousas, o 4-4 non se fixo esperar e ante a excitación que este supuxo entre o público e os propios xogadores, Brenan pediu tempo para tranquilizar os ánimos e dar as últimas instruccións de cara a acadalo gol definitivo a falta de cinco minutos. Despois de un vendaval por parte dos locais e outro bo feixe de ocasións para conseguilo gol da victoria o tempo rematou e o empate deu un inxusto pase ós lucenses e un amargo pero digno resultado ós nosos pequenos que o ano que ven, outra vez mais, tentarán superarse e desquitarse de dous anos de mala sorte e inxustizas.
Un aplauso moi forte para tódolos xogadores e o cadro técnico formado polo laurentino Brenan Rivas e ó viveirense Emilio Rosanes de AD Praia de Covas.
Era o turno agora para os alevíns, dirixidos polo focego da ACD Xove Francisco Vázquez e ós que tamén lles servía unicamente a victoria logo do seu empate fronte a Lambre. Foi un partido moi diferente ó anterior, no que a superioridade foi tal que dende o comezo se fixo palpable a superioridade local e os goles foron caendo polo seu propio peso, dada a distancia en técnica, táctica e dinamismo entre émbolos equipos. So co 5-0 o adestrador visitante foi quen de cambiar un pouco o guión ó introducir o ataque con porteiro-xogador, pero os locais sobrepuxeronse sen problemas cunha gran colocación e apretando moi ben o balón dende a primeira liña, chegando a ampliar a vantaxe ata o 6-0 final. Os goleadores mariñáns foron: Fran Fiallega da ED Pontenova cun triplete, Jorge Insua de AD Praia de Covas con dous goles e Paulo Gonzalez da ED Lourenzá cun tanto. Pese ó empate na xornada inicial, bastante enganoso, o cadro alevín foi o que mostrou nos dous encontros un xogo mais convincente e as ideas mais claras, polo que a súa clasificación parece máis que xusta.
Noraboa a tódolos rapaces e ó cadro técnico formado por Francisco Vázquez de ACD Xove e Carlos Méndez do Burela FS, que disputarán a fase final do campionato en Lalín o domingo 5 de Febreiro de 2012. Teñan moita sorte, aquela que faltou ós benxamines.
O terceiro encontro correspondía á categoría infantil, sendo o que se preveía máis igualado e coa baixa por parte mariñá dunha das súas pezas fundamentais, Asier, da ED Lourenzá que recaeu das súas molestias. Ó igual que no partido inicial ante Lambre, os visitantes eran superiores en altura e físico, polo que o encontro disputouse polos mesmos parámetros que o anterior, cunha selección local a remolque durante toda a primeira metade chegando nesta ocasión ó descanso cun desfavorable 2-3, Dani e Alex do Burela FS anotaron os goles mariñáns antes do descanso. Nesta primeira metade os locais foron anulados por completo, con dous moi simples e vellos recursos, defensa na media pista 2-2 e colgar balóns ó pivot para aproveitar a súa superioridade física. A falta de movilidade e apoios entre os xogadores locais facilitou a defensa e saída á contra dos lucenses. Na segunda metade, conscientes do que se xogaban, os rapaces de Christian Gómez Fustes, saíron con todo a polo partido, intentándoo de tódolos xeitos posibles pero non conseguiron no inicio máis que fallar ocasións e encaixar o 2-4 que poñía as cousas moi costa arriba, despois dun erro na circulación de balón. Foi entón cando os locais se sacaron tódolos complexos de enriba e comezaron a presionar como saben para conseguir sendos goles de Pablo Casas do Burela FS e Manuel Vázquez da ED Lourenzá, este dun forte escadrazo dende uns 15 metros. Quedaban uns 10 minutos e todo aínda por xogarse co empate a 4 goles. Sen embargo o enésimo balón perdido dos locais facilitou unha nova contra na que os visitantes se adiantaban e obrigaban ós locais a seguir remando. Pouco máis tarde Mamadou, tamén do Burela FS facía o 5-5 a falta de 4 minutos que devolvía tódalas opcións ós locais, que sen facer o seu vistoso xogo tiñan a clasificación a un gol, xa que o empate ó igual que nas anteriores categorías favorecía a Lugo polo golaverage. Nos catro últimos minutos os mariñáns non foron quen de batir a portería visitante polo que o a clasificación voou cara Lugo, logo dun partido regular por parte dos locais, no que so despertaron cando se viron coa auga ó pescozo e no que nunca encontraron a súa forma de xogar. Aínda así agradecer o esforzo a tódolos integrantes do plantel infantil e ó cadro técnico pola súa dedicación, o focense de AD Santiago de Foz Christian Gómez Fustes e o seu colaborador habitual Mario Pillado Mon.
O último turno da tarde correspondía á categoría cadete, na que a priori parecía favorito o conxunto visitante, que pouco a pouco foi plasmando esa condición no marcador, a pesar dos esforzos dos xogadores mariñáns, que so poideron maquillar o marcador. Adiantaronse os lucenses por partida dobre, o primeiro de forte disparo e o segundo nun grave erro da defensa local. A pesar do 0-2 os locais non se viñeron abaixo e o xogador do Burela FS Carlos Barbosa recurtaba distancias nun contragolpe, batendo por Baixo o porteiro visitante. Pero non foi mais ca un espellismo e os capitalinos voltaron a poñer terra de por medio ata colocarse 1-4 falta de poucos minutos para a conclusión. Só a falta de 50 segundos para o remate puido Diego López do Colexio O Pilar de Foz puido facer algo por recurtar distancias, subindo o 2-4 final logo dunha boa xogada individual.
Como en categoría cadete a selección de Lambre non presentaba equipo este partido era o único e definitivo para a clasificación, sen volta atrás, así que tampouco os cadetes se poden meter na fase final. Agradecerlles o esforzo feito os xogadores así como ó cadro técnico formado por Emilio González Escourido do Cidade de Viveiro e Jandri Rego.
¡NORABOA RAPACES!
miércoles, 4 de enero de 2012
CATEGORIA CADETE
Xoves 5-1-2012 ás 12:00h. no Pavillón da Veiga de San Cibrao
CATEGORIA BENXAMIN
Venres 6-1-2012 ás 17:00h. no Pavillón Vista Alegre de Burela
CATEGORIA ALEVIN
Venres 6-1-2012 ás 19:00h. no Pavillón Vista Alegre de Burela
¡SORTE RAPACES!
lunes, 2 de enero de 2012
CATEGORIA INFANTIL
Mércores 4-1-2012 ás 18:30h. no Pavillón Monte Castelo de Burela.
CATEGORIA CADETE
Martes 3-1-2012 ás 19:00h. no Pavillón Monte Castelo de Burela.
¡SORTE RAPACES!
domingo, 1 de enero de 2012
CATEGORIA BENXAMIN
Ás 17:00h. no Pavillón Municipal de Xove
CATEGORIA ALEVIN
Ás 19:00h. no Pavillón Municipal de Xove
¡ÁNIMO RAPACES!
→CATEGORIA BENXAMIN
SELECCIÓN LAMBRE-MANDEO 0-4 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA ALEVIN
SELECCIÓN LAMBRE-MANDEO 2-2 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
→CATEGORIA INFANTIL
SELECCIÓN LAMBRE-MANDEO 4-5 SELECCIÓN A MARIÑA F.S.
¡NORABOA RAPACES!