A tarde comezou co partido de benxamines no que os rapaces de Francisco Beltrán se impuxeron con claridade á escadra coruñesa por 4-0, con dous goles de Xavi Goás da ACD Xove, un gol de Pablo González das ED Valadouro e outro de Pablo López das ED Lourenzá.
A única derrota da tarde chegou no segundo partido no que a Selección de Lambre se impuxo por un axustado 5-6. Este partido tivo dúas partes ben distintas, xa que ao descanso os pupilos de José Francisco Martínez chegarían perdendo 1-4. Tralo descanso conseguiron empatar o partido pero a escasos segundos para a finalización deste un gol dos coruñeses deu ao traste cos esforzos levados a cabo polos alevins da mariña.
Anza Malluri, das ED Lourenzá, marcou tres goles, mentres que o seu compañeiro Manuel Nocedo anotou un e pecharía a conta anotadora Dani López do CD Burela FS.
A maior goleada da tarde deuse en infantiles, donde os xogadores de Christian Gómez Fustes amosaron a súa superiroridade dende o comezo do partido.O 8-2 reflexa a superioridade do combinado mariñán, no que destacou a actuación de Rubén Fernández, das ED Barreiros, que marcou catro goles. Rubén Nieto do Praia de Covas anotou dous goles e Adrián García e Isaac Losada, ambolos dous pertencentes ao CD Burela FS, anotaron cadanseu gol.
A tarde rematou co encontro na categoría cadete donde os discípulos de Emilio González “Melu”,nunha segunda parte sobresaínte conseguiron darlle a volta ao marcador adverso e acabaron por impoñerse por un claro 5-1.Os goleadores foron Jairo Campo, Miguel Gomes, Ález Otero do Burela Turística e Noé Fernández e Miguel Márquez do CD Burela FS.