Non puido ser.Viaxabámos con toda a ilusión do mundo de poder facer pleno de victorias pero tivemonos que conformarnos con dúas victorias e outras tantas derrotas.
Abriron a tarde os benxamines de Francisco Vázquez "Fran" que demostraron a súa superioridade cun contundente 3-8 no que destacaron Pablo cun hat-trick,metendo tódolos goles dende o círculo central,Nuno con catro goles e Pablo Vila cun gol que cerraría a conta para os da Mariña.
Acto seguido o equipo alevín correu menos sorte, moita menos, e recibiu un severo correctivo dun espléndido rival que ten tódalas papeletas de facerse co título galego. o resultado final dos discípulos de José Francisco “Martínez” foi de 10-1.As palabras do míster mariñán ao final do partido resumía mui ben o que foi o seu encontro:"Facía ben tempo que non via a un equipo elevín xogar da forma que hoxe xogou a selección de ferrol;foi unha exhibición de fútbol sala total"declarou.
Na categoría inantil, estivo se cadra o partido mais igualado e inxusto. Os rapaces de Christian Gómez Fustes, alma mater deste proxecto, comezaron algo nerviosos o que fixo que non presionasen como acostuman e que tivesen problemas coa salida do balón, ante un rival mellor do que teñen acostumado pero que en ningún caso foi superior. Así o cadro ferrolán adiantouse e acto seguido os mariñáns comezaron a mellorar sobre todo coa saída do caboverdián Helder ó pivote e da paciencia e garra de renato na ala esquerda. Xeneraron ocasións, Isi comezou a roubalos balóns que acostuma e ata disparou ó longueiro. Parecía que o empate era cuestión de tempo pero chegouse ó descanso co marcador adverso. Na segunda metade todo seguía igual, ata que Helder fixo o empate na enésima vez que tras controlar de costas lle fixo un roto a defensa local. A partir de aquí foi cando comezaron a caer incomprensiblemente as faltas ó cadro visitante. O árbitro moi presionado polo adestrador local, que en cada unha que sinalaba pedía outra acumulativa, parecía unha escopeta de repetición e non había balón dividido que non significase unha falta a favor dos locais, ata chegarse ó cupo de 5 faltas e o dobre penalti que significou o 2-1 que rachou o partido e que lle daba demasiado froito ós locais para o que facían uns e outros. Logo os mariñáns volveron entrar en crise, o porteiro xogador foi un desastre e o parido rematou 4-2.
Pecharon a tarde os cadetes vencendo por 6-4 á selección de Ferrol nunha auténtica exhibición na segunda parte, remontando un 4-2 adverso co que se chegaba ó descanso, tras unha primeira metade igualada pero inxusta no marcador.
Foi aquí cando os cadetes esgotaron a paciencia do seleccionador, o moderado adestrador vivariense “Melu” Calpita, que lles puxo as pilas no descanso para que fixesen o futbol sala que a el lle gusta e co que eran moi superiores ó rival. Lonxe de notala extrana baixa de Miguel, que non se presentou á cita, o equipo cadete liderado por Jairo e ben acompañado polo tamén palestino Carlos comezou a movelo balón con tranquilidade buscando apoios entre liñas que lles deran a posibilidade de facer simples paredes coas que desbordaban ó rival. Tamén contaban coa alternativa de xogar con Jairo ó pivote, opción coa que lle deron a puntilla ó rival.
Así, pese ás impertinencias do porteiro rival, o alto e melenudo xogador mariñán fíxose co mando das operacións do encontro e asoballou ós rivais, nunha segunda metade que parecía de homes contra nenos.
En menos de 10 minutos o marcador quedaba totalmente volteado trala chuvia de catro goles a favor dos visitantes. O resto dos xogadores tamén raiaron bo nivel, incluso os menos habituais.
Así as cousas, os cadetes están clasificados para a fase final do día 17 de Xaneiro de 2010 en Santiago, os benxamíns teñeno moi cerca grazas o golaverage, os alevíns xa están fora e os infantís dependen do resultado Ferrol- Lambre Mandeo mailo golaverage.
Dende a selección da Mariña non nos queda máis remedio que felicitar a tódolos rapaces pola súa entrega e sacrificio e desexarlles un Feliz Ano Novo.
¡Vémonos no 2010!.