martes, 13 de abril de 2010

Os benxamins mariñáns Nuno Mecía, Pablo Lòpez e Rubén Castro proclamáronse campións de España o pasado fin de semana no Campionato de España de Seleccións Territoriais organizado pola Confederación Ncional de Fútbol Sala que se disputou en Málaga. A selección galega benxamin completou un gran torneo xa que no primeiro partido impúxose a Castilla La Mancha por 13-0, no segundo partido impúxose a Extremadura por 12-1 e xa no derradeiro partido logo de empezar perdendo consigueu empatar o partido(2-2) contra Andalucía a falta de dous minutos para a conclusión do encontro pero a maior diferenza de goles ao seu favor otorgoulles o primeiro posto.
Pola contra, a selección cadete da que formaba parte o mariñán Erik Campo tivo que conformarse có segundo posto logo de perder no derradeiro partido contra Andalucía por 4-2.
Dende aquí queremos felicitar aos xogadores éxitos colleitados esperando que volvan a repetir en vindeiras convocatorias coas seleccións galegas.
¡NORABOA RAPACES!

jueves, 8 de abril de 2010

Grazas, grazas , de novo grazas e asi ata tres mil que son o número de visitas que recibeu xa a nosa páxina. Dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremosvos agradecer a tod@s as numerosas visitas que nos facedes diariamente e queremos agradecervos tamén o voso apoio sen o cal sería moi difícil seguir a diante. O dito esperamos que vos sexa de moita utilidade e que nos deades moitas ideas coas que poidamos seguir mellorando.
¡GRAZAS A TOD@S!
Os nosos xogadores mariñáns, Nuno, Pablo, Rubén e Erik, convocados polas seleccións galegas e os demáis compoñentes destas poñen hose rumbo a Málaga para a disputa dos Campionatos de España de Seleccións Territoriais. Sairán as 19:40h do Hotel Jorge I de Lugo. Ás 22:00 h. farán unha parada en Benavente para cear no Restaurante Paradores. A chegada a Torrox (Málaga) está prevista para as 9:00h do venres hospedándose no Hotel Santa Rosa. Unha vez alí tomarán o desayuno e procederase a entrega da roupa e reparto de habitacións. Os xogadores deberán de viaxar con D.N.I. ou pasaporte individual e a licencia federativa.
Dende aqui imóslles facer un amplio seguimento e iremosvos informando puntualmente de tódolos resultados colleitados. Asimesmo aproveitamos para desexarlles moita sorte e que leven a cabo un bo campionato.
¡Sorte rapaces!

martes, 6 de abril de 2010

Ao final serán catro os rapaces mariñáns que nos representarán nas seleccións galegas de categorias base. Trátase dos benxamíns Nuno Mecía, Rubén Castro pertencentes á AD Santiago de Foz, Pablo López das ED Lourenzá e do cadete Erik Campo membro do Burela Turística. Todos eles desprazáranse o vindeiro xoves cara Málaga para a disputa do Campionato de España de Seleccións Territorias que se vai a celebrar o vindeiro fin de semana do 9-10 e 11. Dende aquí queremos desexarlles a todos eles moitísima sorte.
¡Noraboa rapazes!
 


Blogger Template By LawnyDesignz