martes, 13 de abril de 2010

Os benxamins mariñáns Nuno Mecía, Pablo Lòpez e Rubén Castro proclamáronse campións de España o pasado fin de semana no Campionato de España de Seleccións Territoriais organizado pola Confederación Ncional de Fútbol Sala que se disputou en Málaga. A selección galega benxamin completou un gran torneo xa que no primeiro partido impúxose a Castilla La Mancha por 13-0, no segundo partido impúxose a Extremadura por 12-1 e xa no derradeiro partido logo de empezar perdendo consigueu empatar o partido(2-2) contra Andalucía a falta de dous minutos para a conclusión do encontro pero a maior diferenza de goles ao seu favor otorgoulles o primeiro posto.
Pola contra, a selección cadete da que formaba parte o mariñán Erik Campo tivo que conformarse có segundo posto logo de perder no derradeiro partido contra Andalucía por 4-2.
Dende aquí queremos felicitar aos xogadores éxitos colleitados esperando que volvan a repetir en vindeiras convocatorias coas seleccións galegas.
¡NORABOA RAPACES!
 


Blogger Template By LawnyDesignz