jueves, 4 de noviembre de 2010

Un ano máis arranca a tempada para as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala e volve a facelo con enerxías renovas e con toda a ilusión do mundo coa fin de intentar clasificarse para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais e que por primeira vez se xogará na nosa comarca, en concreto, na localidade de Viveiro.
Os diferentes combinados mariñáns terán os seus primeiros adestramentos o vindeiro Domingo 7 de Novembro nos seguintes horarios:
SELECCIÓN BENXAMIN ás 16:30h. no Pavillón Municipal de Lourenzá.
SELECCIÓN ALEVIN ás 16:30h. no Pavillón do Colexio O Cantel(Foz).
SELECCIÓN INFANTIL ás 18:30h. no Pavillón do Colexio O Cantel(Foz).
SELECCIÓN CADETE ás 18:30h. no Pavillón do Vista Aelegre(Burela).
¡ÁNIMO RAPAZES!
 


Blogger Template By LawnyDesignz