¡Noraboa rapazes!
martes, 6 de abril de 2010
Ao final serán catro os rapaces mariñáns que nos representarán nas seleccións galegas de categorias base. Trátase dos benxamíns Nuno Mecía, Rubén Castro pertencentes á AD Santiago de Foz, Pablo López das ED Lourenzá e do cadete Erik Campo membro do Burela Turística. Todos eles desprazáranse o vindeiro xoves cara Málaga para a disputa do Campionato de España de Seleccións Territorias que se vai a celebrar o vindeiro fin de semana do 9-10 e 11. Dende aquí queremos desexarlles a todos eles moitísima sorte.