jueves, 25 de marzo de 2010

Seguimos coa rolda de entrevistas cos xogadores mariñáns convocados coas seleccións galegas. Hoxe tocálle o turno a Erik Campo, xogador cadete que vai a defender as cores do combinado galego no Campionato de España que se vaia a celebrar do 9 ao 11 de Abril en Málaga.
Pregunta.-Boa Tarde Erik. Qué tal está a ser ata o momento a experiencia coa seleccion galega?
Erik.-Ben polo feito de ser aínda de 1º ano e poder ir xa definitivamente convocado. Haber se para o ano podo repetir.
P.- Que tal te levas cos teus compañeiros da selección?
E.- Ben, todos son de segundo ano menos o outro porteiro que quedou fora e un rapaz de Ferrol que xoga no Parrulo.
P.- Cres que algún dos teus compañeiros de equipo ou da selección da Mariña tamén debera estar?
E.- Si. Carlos, Miguel ou Jairo, sobre todo co partido que este fixo en Ferrol, poderían estar perfectamente.
P.- Como te sintes cando xogas co teu irmán Jairo?
E.- Ben, sobre todo cando xogamos os dous ben e gañamos.
P.- Xogaches algunha vez contra él?
E.- Si pero so amistosos.
P.- E como te sintes cando sodes rivais?
E.- Ben sobre todo cando non me mete goles, jajaja…
P.-Tamén xogas ó futbol verdade?
E.- Si no cadete da S.D. Burela
P.- Qué é o que mais che gusta de cada deporte?
E.- Do fútbol sala o que mais me gusta é o un para un. Do fútbol o que mais me gusta é que teño mais liberdade co pé.
P.- En cal cres que destacas mais?
E.- En Fútbol sala, por todo o que levo conseguido ata o de agora.
P.- Ves á selección galega con opcións no nacional?
E.- Si eu creo que temos bastantes.
P.- A parte dos deportes, tes algunha afección máis, coma por exemplo algún xogo de cartas extranxeiro, moi de moda entre os teus compañeiros?
E.- Non, non me gusta apostar.
P.- Que tal che vai nos estudos?
E.- Ben, por agora sempre fun aprobando todo.
Pois que sigas así en tódolos ámbitos, moita sorte.
Erik da un forte e san apretón de mans.

¡Noraboa e moita sorte Erik!
 


Blogger Template By LawnyDesignz