lunes, 15 de marzo de 2010

Hoxe á tarde o seleccionador galego benxamin, Enrique Serantes, volveu a reclamar a presenza dos nosos pequenos Nuno Mecía, Rubén Castro e Pablo López para a concentración que a selección da súa categoria vai a realizar de novo o vindeiro fin de semana dende o venres 19 ata o domingo 21 de marzo no albergue da Marina Española en Gandarío na localidade de Sada. Os xogadores deberán de incorporarse a esta concentración o venres ás 16:15h. e sairán o domingo pola tarde para retornar as súas casas ás 15:00h. Os xogadores deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, ficha federativa e o D.N.I.
A relación de xogadores convocados é a seguinte: Israel Pérez e Alex Pérez do Liceo, Diego Varela Ex Alcohólicos, Ruben Castro das ED Valadouro, Nuno Mecia da AD Santiago de Foz, Pablo López das ED Lourenzá, Adrián Rodriguez do Lumieira, Martin Diz do Ancoradouro, Matias Jesús, Raúl Melo, Alvaro Andrade, Tiago Rodriguez e Miguel Sánchez do Anexa.
¡Sorte rapazes!
 


Blogger Template By LawnyDesignz