¡Sorte rapazes!
viernes, 12 de marzo de 2010
De novo, os benxamins mariñáns Nuno Mecia, Pablo López e Rubén Castro foron chamados para o adestramento que a selección galega da súa categoría vaia a realizar o vindeiro mércores 17 de marzo no pavillón municipal de Roxos, situado na carretera de Santiago a Noia e que dará comezo ás 18:00h. Este adestramento e será o derradeiro que faigan antes da segunda concentración que van a levar a cabo na Ponte de San Xosé no albergue da Marina Española situado na localidade coruñesa de Gandarío en Sada. Os rapazes deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e ficha federativa.