jueves, 25 de marzo de 2010

Unha vez máis, os benxamins mariñáns Nuno Mecia, Pablo López e Rubén Castro foron chamados para o adestramento que a selección galega da súa categoría vaia a realizar o vindeiro mércores 31 de marzo no pavillón municipal de Roxos (Carmen Estévez), situado na carretera de Santiago a Noia e que dará comezo ás 18:00h. Os rapazes deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e ficha federativa.
¡Sorte rapazes!
 


Blogger Template By LawnyDesignz