De seguido amosamosvos a entevista que lle fixemos a Nuno Mecía e Rubén Castro, dous dos nosos benxamins convocados para a selección galega benxamin que participará o vindeiro mes de abril nos Campionatos de España de categorias base:
Boas, vos ides xogar coa selección galega no Campionato de España, verdade?
Nuno.- Creo que si…si.
Rubén.- Si
Onde ides xogar?
N/R.- En Málaga (os dous ó unísono).
Cando ides xogar?
N/R.- En abril (os dous ó unísono).
Disfrutástedes nas concentracións da selección galega?
N.- Si, sobre todo Rubén…jajaja.
Por qué di iso?
R.- Porque os monitores da selección galega non crían que me doera o estómago e logo tiven que estar ingresado no hospital.
Pero xa estás ben, non?
R.- Si.
E na selección da Mariña, disfrutades tamén moito?
N.- Si porque xogamos cos amigos.
R.- E ademáis xogamos moi ben.
Que opinión tendes voso adestrador na selección da Mariña, Fran?
N/R.- Caenos ben.
Que esperades do Campionato Nacional coa selección galega?
N.- Imos gañar (taxante).
R.- Eu tamén o creo.
Entón védesvos con moitas posibilidades?
N/R.- Siiiiiiiiiiiii.
Qué tal vos levades cos vosos compañeiros da selección galega?
N/R.- Moi ben, facemos moitas tonterías e contamos chistes.
De onde son eles?
N/R.- Hainos de Coruña, Ourense, Noia, Ferrol, Lugo…(a maioría dos lugares coñéceos mellor Rubén ca Nuno)
Esta so para Nuno, qué é a bolecha?
N.- É un baile personal meu, so eu o fago.
Dende aqui queremoslles dalles as grazas polos seus simpáticos comentarios e ao mesmo tempo darlles a nosa noraboa e amosarlles todo o noso apoio esperando que faigan un bo papel deixando o pavillón mariñán moi alto.
¡Noraboa Nuno e Rubén!