jueves, 11 de marzo de 2010

Hoxe á tarde o seleccionador galego cadete, Manuel Martínez, volveu a reclamar a presenza do noso xogador Erik Campo para a concentración que a selección da súa categoria vai a realizar de novo o vindeiro fin de semana dende o venres 12 ata o domingo 14 de marzo no albergue de Gandarío na localidade de Sada. Erik incorporaráse a esta concentración o venres ás 16:15h. e sairá o domingo pola tarde para retornar as súas casas. No transcurso deste concentración, e máis concretamente o sábado, os rapazes de "Maradona" van xogar un amistoso contra o combinado galego da categoría xuvenil. O xogador deberá ir provisto de roupa deportiva, útiles de aseo, ficha federativa e o D.N.I.
A relación dos xogadores convocados é a seguinte: Bruno Abalde e Fabio Gonzalves do Coruxo, Antonio Rodriguez eRodrigo Blanco do Bueu, Erik Campo do Burela Turística, Pablo Ramos de O Parrulo, Oscar Lago do Mera, ,Ricardo Arcay do Troula, Javier Rico, Alejandro Gruñeiro, Erik Mariño, Carlos Areñas do Azkar Lugo, Modesto Rouco Almuiña do Autos Lobelle.
¡Moita sorte Erik!
 


Blogger Template By LawnyDesignz