Unha vez máis o seleccionador galego cadete, Manuel Martínez, volveu a reclamar a presenza do noso xogador cadete, Erik Campo, para o adestramento que o combinado galego vaia a realizar o vindeiro venres 6-3-2010 no pavillón do Centro Terra en Lugo. Neste adestramento a selección galega voltará a xogar un novo partido amistoso que lle sirva de preparación para o Campionato de España de seleccións territoriais que se vai a disputar o vindeiro mes de abril en Málaga. O xogador deberá de presentarse alí con roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e a ficha federativa.
¡Moita sorte Erik!