skip to main |
skip to sidebar
Unha vez máis, os benxamins mariñáns Nuno Mecia, Pablo López e Rubén Castro foron chamados para o adestramento que a selección galega da súa categoría vaia a realizar o vindeiro mércores 10 de marzo no pavillón municipal de Roxos, situado na carretera de Santiago a Noia. O adestramento dará comezo ás 17:45h e os rapazes deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e ficha federativa.¡Moita sorte rapazes!