lunes, 31 de enero de 2011

Como non podía ser de outra maneira e trala disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais, as Seleccións Galegas comezan cos seus adestramentos de cara a confeccionar a lista definitiva de doce rapaces. Para os primeiros adestramentos das preseleccións galegas o seleccionador galego benxamín Enrique Serantes convocou aos pequenos mariñáns Jorge Insúa Candia e Brais Vilar González, para o adestramento que levarán a cabo o martes 1-2-2011 no pavillón La Castellana de Montesalgueiro ás 18:15h.. Pola súa parte, o seleccionador galego infantil, Ibán García, reclamou a presenza dos mariñáns Javier Fraga Pérez , Jorge Vázquez Pernas, Cristian García Méndez e Renato Lopes Furtado para o adestramento que levará a cabo o vindeiro xoves 3-2-2011 no pavillón Municipal de Teixeiro ás 17:45h.

¡MOITA SORTE RAPACES!
Pasou un ano e as sensacións despois do Campionato Galego de Seleccións Comarcais celebrado no día de onte en Viveiro e Xove son moi semellantes ás do ano pasado ó rematalo torneo en Santiago. A selección da Mariña fixo un gran esforzo e quedouse ás portas do título infantil tras caer na final fronte á selección da Coruña.
Antes diso, pola maña os pupilos de Christian Gómez "Fustes" tiveron que eliminar á selección de Vigo cun contundente 8-2.
Neste partido xogaron e marcaron Aaron Fernández; Cristian García(1), Renato Lópes(1), Javi Fraga(2) e Jorge Pernas(3). Tiveron a súa oportunidade para entrar durante o partido, Borja Blanco, Adrián Sanjurjo, Dani López, Cristian Reigosa, Alex Paz(1), Aaron Blanco e Samuel Alvo (PS).
Aínda que moitas veces dise que o primeiro partido é o mais compricado non foi así e os infantís mariñáns desfixéronse con comodidade dos vigueses. A presión adiantada dos pupilos do míster focense facía imposible xogar ó rival e os goles foron caendo durante a primeira metade ata o 4-0 que parecía definitivo, pero os de Vigo recurtaban distancias a 15 segundos para o final, 4-1.
Na segunda metade non cambiou moito a decoración a pesar do gol psicolóxico e os mariñáns seguiron abrindo brecha ata copletar o 8-2 definitvo, tras conceder outro gol ó rival.
As sensacións eran boas de cara a final, porque o grupo compacto e unido, semellaba desenvolver un futbol sala de calidade incomparable nos rivais.
Tras presenciar a outra semifinal, da que saiu gañador o representante de A Coruña, os rapaces dirixíronse a comer, para afrontala final sen mais sobresaltos que os propios do partido.
Era o turno da final, do último esforzo no que sempre fai falla un pouco de sorte que os nosos rapaces non tiveron o que á postre foi decisivo. Tras facer a rutina habitual de quecemento os rapaces xa estaban preparados para o seu momento.
Neste segundo encontro do día xogaron e marcaron: Aaron Fernández Cabana; Cristian García(2), Renato Lópes, Javi Fraga(1) e Jorge Pernas(1). Tamén participaron Alex Paz, Borja Blanco e Dani López. Aaron Blanco, Cristian Reigosa, Adrián Sanjurjo e Samuel Alvo animaron os seus compañeiros dende o banco.
Comezaron con dúbidas os locais, con perdas de balón que provocaron dúas contras nas que Aaron tivo que intervir para desbaratar o perigo. Todo ía cambiar coa aparición de Javi ó contragolpe facendo o 1-0. A partires do gol os mariñáns parecían eles mesmos e pasaron a dominalo partido. Contaron ocasións de gol, para amplialo marcador ata que Javi encaron so o porteiro dentro da área e foi derribado claramente polo gardamallas coruñés sen que se pitase sanción algunha. O pívot burelés quedou tendido no chan, polo que tiveron que entrar as asistencias. Na xogada seguinte chegou o empate a 1-1, tras unha novo desconcerto defensivo dos mariñáns. Noutro lance do encontro Alex quedou tendido sen que o árbitro parase o partido ata que Renato impulsou o balón fora para que as asistencias entrasen de novo. Esta vez o viveirense non puido seguir e non voltou a participar. Na xogada seguinte chegou o 1-2, que fixo que Christian Gómez "Fustes" pedise tempo tivese que pedir tempo morto para reconducir o xogo do equipo e reanimar a Aaron, moi aflixido polo gol encaixado, descoñecedor pola súa inexperiencia e xuventude de que os erros os cometen tamén os grandes coma Edu ou Luis Amado.
O equipo voltou a acusar os nervios debido ó incomodo e negativo do marcador, sen poder reaccionar antes do descanso, co que se chegou coa desvantaxe mínima.
A saída dos vestiarios foi fulgurante e os mariñáns deronlle a volta o marcador en un minuto, o que invitaba a soñar con todo. Nos compases seguintes os locais poideron amplialo marcador pero a súa falta de puntería condenounos posto que co paso dos minutos e cansanzo e os nervos, mais ben esto segundo, atenazaron ós mariñáns que xa non podían seguir os seus rivais, eran incapaces de que non lles gañaran a espalda. En ataque precipitábanse co balón e non seguían as premisas que sempre cumplían. Así a remontada visitante foi chegando ata o 3-5, momento no que o míster mariñán solicitou un tempo morto para preparar outra remontada. O 4-5 serviu para a esperanza pero pouco mais tarde un novo golpe de sorte dos visitantes facía o 4-6 e o 4-7 definitivo chegou tras unha falta. A efectividade coruñesa era total, sete goles de 10 tiros entre os tres paos, a pesar de que Aaron atallou un bo feixe de contras nas saídas e mesmo deslizándose polo chan ata roubalo balón dos pés dos atacantes. Un dos mais destacados do encontro.
Xa non quedaba tempo para mais. O título viaxaba para Coruña pese a que os afeccionados disfrutaron dunha selección mariñana que os fixo vibrar e que o deixou todo na pista. Os integrantes do corpo técnico da selección felicitaron no vestiario ós rapaces polo seu esforzo e mostráronse orgullosos deles.
Aaron Fernández Cabana, Cristian García Méndez, Daniel López Otero, Álex Paz Alonso, Jorge Pernas Vázquez, Cristian Reigosa Karageorgian, Javier Fraga Pérez, Borja Blanco López, Adrián Sanjurjo Penabad, Renato Lopes Furtado, Aaron Blanco Casabella e Samuel Alvo Cavaleiro sodes uns auténticos CAMPIÓNS¡¡¡¡¡

MOITAS GRAZAS RAPACES e NORABOA!!!!!!!!!!!!!!!!!

viernes, 28 de enero de 2011

O vindeiro Domingo 30 de Xaneiro de 2011 dispútase a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais, baixo a organización do Concello de Viveiro, Concello de Xove e do Club de Fútbol Sala Cidade de Viveiro e en colaboración coa Federación Galega de Fútbol Sala.
A selección da Mariña infantil xoga o seu partido de semifinais ás 10:30 da mañá perante a selección de Vigo. De eliminar ós vigueses, os mariñáns xogarían a final perante o gañador de Lugo e A Coruña, ás 16:30 da tarde. Ámbolos dous encontros disputaránse no Pavillón Municipal Cidade do Landro.
O corpo técnico das seleccións da Mariña pide o máximo apoio posible para os rapaces no momento mais decisivo, ó igual que xa recibiron ese apoio nas fases previas do torneo.

¡Un cordial saúdo!.

jueves, 27 de enero de 2011

O combinado infantil da Selección A Mariña de Fútbol Sala levará a cabo o seu derradeiro adestramento antes da disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais o vindeiro sábado 29 de Xaneiro no pavillón Monte Castelo de Burela.

¡MOITA SORTE RAPACES!


miércoles, 26 de enero de 2011

O vindeiro Sábado 29/01/11 e como colofón á tempada da Selección A Mariña de Fútbol Sala temos o pracer de convidar a tódolos rapaces que foron seleccionados nas categorías benxamín e alevín a pasar unha divertida mañá na piscina municipal de Xove.
A hora de entrada na piscina será ás 11:30h. e a hora de saída serán ás 13.30h.
Tódolos rapaces deberán ir provistos de gorro, chanclas, toalla e roupa e útiles de aseo.
Esperemos que tódolos rapaces disfruten ó máximo nesta lúdica xornada de convivencia.
O turno para as seleccións infantil e cadete na piscina virá mais adiante, cando o equipo infantil remate a competición.


¡TODOS Á AUGA!

lunes, 24 de enero de 2011

Aquí vos deixamos, para tod@s @s interesad@s, o calendario de partidos da Fase Final do Campionato Galego de Selección Locais que se vai a disputar o vindeiro domingo 30 de Xaneiro nas localidades de Viveiro e Xove e á que a Selección A Mariña de Fútbol Sala acude co seu combinado infantil.

miércoles, 19 de enero de 2011

O combinado infantil segue coa súa preparación de cara a disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputará o vindeiro Domingo 30 de Xaneiro en Viveiro, e faino cun novo adestramento que terá lugar o vindeiro domingo 23-1-2011 a partir das 18:45h. no pavillón Vista Alegre de Burela.

¡ÁNIMO RAPACES!

sábado, 15 de enero de 2011

Para o combinado infantil que reanuda os adestramentos tras conseguir a calsificación o fin de semana pasado para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais. Adestrará o domingo 16-1-2011 ás 18:30h. no pavillón Vista Alegre de Burela.

¡SORTE RAPACES!

lunes, 10 de enero de 2011

Os integrantes do corpo técnico da Selección A Mariña de Fútbol sala de base queren agradecer a tódolos asistentes, pais e nais, familiares e amigos dos rapaces, ás institucións participantes o seu apoio na eliminatoria disputada este pasado domingo 9 de Xaneiro fronte a Ferrol, a pesar do negativo dos resultados en categoría benxamín, alevín e cadete.
Tódolos rapaces deron un exemplo de esforzo, solidaridade e deportividade, representando e deixando en moi bo lugar a honra e a dignidade de tódolos mariñáns. Foi unha demostración de deportividade e civismo de tódolos veciños da Mariña asistentes, que souberon recoñecer todo isto antes e despois de cada partido, reconfortando na medida do posible ós pequenos, nos momentos mais duros, demostrándolles que o resultado é o de menos é que o seu comportamento foi excelente.


Por todo isto ¡MOITAS GRAZAS A
TOD@S!
Tarde de lágrimas en Xove para os rapaces da selección da Mariña de fútbol sala, sobre todo, para os mais pequenos. Despois da disputa dos partidos contra Ferrol, marcados pola tensión imprimida polos visitantes a unha competición escolar, a selección só foi quen de meter o equipo infantil na segunda fase, algo que xa case tiña asegurado pois só necesitaba perder por menos de sete goles. No resto de categorías non houbo sorte e os rapaces deberán esperar ó ano que ven para seguir a competir no campionato galego de seleccións locais. Os benxamíns e alevíns, que contaban con moitas posibilidades de clasificación, levaronse os mirandes disgustos do día, tras empatar e perder respectivamente. O cadro cadete sumou a súa segunda derrota en dous partidos despois de caer fronte ó combinado de Ferrol por 4-1, coas dúas seleccións xa eliminadas.
Comezaba o encontro en categoría benxamín co pavillón cheo, os bombos sonando e a selección da Mariña presionando. A igualdade presumíase total, tras gañar os dous equipos os seus encontros por 8-0, pero eran os mariñáns quenes asumían a responsabilidade como locais e embotellaban ós ferroláns. Estes limitábanse a facer o que podían que era saír esporádicamente á contra. Nunha delas chegaba o 0-1, que relaxaba o ambiente na poblada grada xovense. Isto ía durar pouco porque as gañas e o xogo dos mais pequenos de entre os mariñáns faría ó público de novo levantarse dos seus asentos e animalos rapaces. Así ós cinco minutos chegaría o empate, na enésima ocasión para os locais. Non remataba ahí a ristra de ocasións dos rapaces de Brenan, posto seguían a acosar a meta visitante pero o resultado ó descanso sería de 1-1.
Despois do descanso a tónica non cambiaba, os mariñáns eran superiores e non paraban de chegar a porta ferrolá, que acumulaba perigosas contras. Así mediada a segunda metade, cando a sombra dos penaltis asomaba, chegou o 2-1 que fixo saltar polos aires o pavillón e desatar de xúbilo ós pequenos mariñáns. Aínda así quedaba moito tempo, como se ía demostrar.
Nos seguintes compases, os ferroláns estiraronse algo mais, o que abría o campo para os mariñáns, polo que a tensión aumentaba, se cabe, por momentos. Naide sabía como poñerse e os rapaces daban unha leccións de entrega e futbol sala. Pouco despois do gol, chegaría o empate a 2, cerníndose de novo sobre a localidade xovense o pesadelo dos penaltis. Quedaban 6 minutos e o técnico laurentino quería dar o todo polo todo para gañar o partido. Os seus cativos entendérono a perfección e foronse claramente a pola victoria, contabilizando dúas ou tres claras ocasións, entre un feixe delas. Sen embargo o tempo cumpriuse e os penaltis esperaban. E esperaban ante a oposición inicial do cadro visitante a lanzalos, escudándose non se sabe moi ben en que. Logo de confirmar ante a federación galega esta resolución querían os ferroláns impoñer os xogadores que debían lanzar, pero os árbitros comunicáronlles que calquera xogador podía lanzar o tiro dende os 6 metros, estivese ou non na pista óremate do tempo regulamentario.
Comezaron tirando os mariñáns e fallaron os tres primeiros tiros. Os visitantes meteron os dous primeiros, a pesar de que o bravo porteiro mariñan, Lucas, rozou o segundo. O terceiro lanzamento ferrolán podía darlles a victoria pero foi fora e abríase a esperanza para os locais, pero pouco Ferrol. Non se levaron o partido nin a clasificación os mais cativos dos mariñáns pero si unhas cantas bágoas e sobre todo, unha longa, sentida e cerrada ovación de todo o público, que recoñeceu o esforzo, a valentía e o saber facer dos seus nenos, que pese a ser moi superiores toparonse de bruces fronte á mala sorte.
Moitas grazas a Lucas, Miguel, Brais, Juan, Natalael, Mario, Pol, Aaron, Adrián, Arturo, Jorge e Hugo, sodes uns CAMPIÓNS.
Logo da decepción inicial había que cambiar o chip posto que lles tocaba o turno ós alevíns, que precisabann gañar, co empate nin sequera se tirarían penaltis posto que viñan os ferróláns de gañar 11-0 o seu encontro ante Lambre-Mandeo. Ante a teórica superioridade visitante, os locais tiñan que poñer tódalas gañas e aproveitarse dun pavillón cheo con ganas de disfrutar dunha victoria despois das lágrimas dos benxamíns.
Así o gran "Paco" Vázquez ordenou ós seus rapaces presionar con todo arriba e disfrutar co balón nos pés. A saída foi boa dos locais que tiñan o dominio pero debían controlar ben o balance defensivo. É decir, o econtro presentábase moi parecido ó anterior, con algo mais de presencia dos visitantes en ataque, que tiñan un importante poderío físico e unha agresividade inusual en rapaces de 10 e 11 anos.
Pouco tardaron en chegar os goles. Adiantábanse os locais tras un inicio de intenso dominio, pero uns minutos mais tarde ía chegar o empate dos visitantes. Isto non facía perdela cabeza ós mariñáns que seguían a presionar con fé a salida do balón e non permitían que os visitantes chegaran á porta. Deste xeito ían chegar mais goles, medrando a distancia dos locais ata o 3-1. Pero as malas novas tamén chegaban, en forma de lesión de Xavi, Pablo e Manuel Vázquez, tres dos puntais do míster focense, que recibían sendos golpes, os dous primeiros no sóleo e o terceiro no fuciño. Eran momentos de apuros para os locais, o cal se traduciu no 3-2, no que os visitantes recurtaban distancias. Con ese marcador se chegaba ó descanso.
A segunda parte íase afrontar sen tres dos efectivos máis empregados polo bando local, o que dificultaba de forma notable as cousas, pero iso non ía servir de excusa. Comezaron apretando os visitantes en busca do empate e con el a clasificación, pero resistían ben os locais, cun gran Noé baixo os paos. Pouco a pouco foronse sacudindo o dominio ata a chegar a equilibralas forzas e contabilizar boas ocasións. Aínda así a pegada dos visitantes íase facer notar e chegaban o empate mediado o segundo tempo. Foi moi celebrado no banco visitante, todo o tempo increpando ós arbitros, dando un moi negativo exemplo ós seus rapaces. Isto non deixaba de ser unha confirmación de que non as tiñan todas consigo. Tanto era así que os locais xa non paraban de chegar, incluso Pablo saiu o campo para buscar o gol da victoria visiblemente doente da perna dereita. Cando mais chegaban os locais ía chegar unha lousa moi dura de levantar co 3-4. Outra mala nova foi a lesión de Noé, o porteiro que estaba a completar unha gran actuación, pero foi sustituído por Luismi con garantías. Nos últimos 5 minutos os rapaces deron o todo polo todo, parecía que ían comer ata a portería pero os seus intentos ían todos por fora ou cara as mans do porteiro de Ferrol. Así o partido rematou co definitivo 3-4 que tampouco facía xustiza ó visto sobre a pista. Outra decepción e outra cerrada ovación para os nosos rapaces. Moitas grazas a Noe, Luismi, Nito, Roi, Fran Fiallega, Pablo, Manuel Vázquez, Manuel Noceda, Fran Rolle, Dani, Xoe e Xavi, tamén sodes uns CAMPIÓNS.
Dous partidos e dúas decepcións. Todo tiña que cambiar para ben e o partido infantil semellaba propicio para iso posto que só con perder por menos de sete goles o cadro de Christian Gómez "Fustes" estaba clasificado. Aínda así os mariñáns comezaron adiantándose ata 3-0 con goles de Javi (2) e Jorge, pero non estaban a rendir ó seu nivel nin moito menos. Isto traduciríase nun gran enfado do seleccionador focense e no 3-1 co que se chegaba ó descanso. Cambiaron algo as cousas nas segunda metade, os locais tentaban tocar mais ante un rival inferior, pero que provocara 35 pérdidas en 25 minutos de tempo corrido, frente a 18 recuperacións dos locais. Logo chegaría o 4-1 obra de Javi que parecía achaiar o camiño dos mariñáns, pero cando todo semellaba máis fácil, comenzarono a facer máis dificil e a incrementalo cabreo do seu adestrador. Froito diso chegaron os goles en contra ata apertalo marcador 4-3 que maquillou Javi a última hora facendo o 5-3, pero iso non maquillaba a mala imaxe ofrecida.
O derradeiro encontro do día enfrontaba a dous equipos sen opcións tras perdelos seus encontros fronte a Lambre. Así nun encontro sen moita tensión os visitantes adiantáronse ata o 0-2, pero os locais recurtarían, 1-2, antes do descanso. na reanudación voltarona saír mellor os de Ferrol e que conseguiron o 1-3. Isto provocou que o seleccionador vivariense Melu tirara do porteiro xogador que non deu moitos froitos mais ca un gol en contra que sería o 1-4 definitivo. Último partido para os cadetes que non poideron nin con moito repetila brillante actuación do ano anterior.
Agora toca agardar á disputa da fase final en Viveiro, cuxa organización correo a cargo da delegación da Mariña. Xa está todo preparado para que se compita en tódalas categorías, con especial atención para a selección infantil que tentará traer por primeira vez o título para A Mariña.


¡NORABOA A TOD@S!

miércoles, 5 de enero de 2011

O vindeiro Domingo 9-1-11 disputaremos o segundo partido da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais fronte ás Seleccións de Ferrol no pavillón Municipal de Xove; para iso dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala animamos a todo o mundo a que acude e preste o seu apoio nestes transcendais encontros nos que os combinados mariñáns se xogan a súa clasificación para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais que se disputará o vindeiro domingo 30-1-2011 na localidade de Viveiro.
De seguido, informamoslles dos horarios dos partidos e a hora de convocatoria das distintas categorias:
→CATEGORIA BENXAMIN ás 17:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – SELECCIÓN DE FERROL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 16:00h.)
→CATEGORIA ALEVIN ás 18:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – SELECCIÓN DE FERROL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 17:00h.)
→CATEGORIA INFANTIL ás 19:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – SELECCIÓN DE FERROL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 18:00h.)
→CATEGORIA CADETE ás 20:00h.
SELECCIÓN A MARIÑA F.S. – SELECCIÓN DE FERROL
(*Hora de convocatoria no pavillón ás 19:00h.)
*Recordar que para a disputa destes partidos os xogadores deberán de desprazarse polos seus propios medios.

*IMPORTANTE:
- IMPRESCINDIBLE LEVAR DNI E TARXETA SANITARIA
- LEVAR O CHANDAL e ROUPA DA SELECCIÓN
- LEVAR ROUPA E ÚTILES DE ASEO

¡MOITA SORTE RAPACES!

martes, 4 de enero de 2011

Tralo comezo do ano novo, as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala reanudan de novo os seus adestramentos nos seguintes horarios e pavillóns:
→CATEGORIA BENXAMIN
Xoves 6-1-2011 ás 16:30h.no Pavillón do Colexio O Cantel.
Sábado 8-1-2011 ás 16:30h. no Pavillón Municipal de Viveiro.
→CATEGORIA ALEVIN

Sábado 8-1-2011 ás 16:30h. no Pavillón do Colexio O Cantel.
→CATEGORIA INFANTIL

Martes 4-1-2011 ás 18:00h. no Pavillón Monte Castelo de Burela.
Xoves 6-1-2011 ás 17:30h. no Pavillón Vista Alegre de Burela.
 


Blogger Template By LawnyDesignz