sábado, 30 de enero de 2010

A selección galega cadete dirixida por Manuel Martínez"Maradona" adestrará de novo o vindeiro venres 5-1-2010 ás 18h no Pavillón Municipal de Melide. O adestrador lucense reclamou de novo a presenza dos nosos cadetes Carlos Valle e Miguel Gomes. Os rapazes desprazaránse ese día para adestrar e deberán de levar a ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.
¡Moita sorte!
Gracias a tod@s polo voso apoio sen o cal sería moi difícil seguir adiante. Dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremosvos agradecer as numerosas visitas que facedes a nosa páxina e que fan que xa pasemos das 1000. Esperamos que vos sexa de moita utilidade e que nos deades moitas ideas coas que poidamos seguir mellorando.
¡1 saúdo!

lunes, 25 de enero de 2010

Según informa a páxina oficial da Federación Galega de Fútbol Sala o campionato nacional de seleccións nas súas categorias de base, benxamin, alevin, infantil e cadete celebrarase durante os dias 9, 10 e 11 de abril nas localidades malagueñas de Torrox e Algarrobo Costa.
En canto ás categorias de senior masculino e femenino asi como do xuvenil masculino xogaranse na localidade toledá de Consuegra os dias 30 de abril e 1 e 2 de maio.

sábado, 23 de enero de 2010

Os benxamins mariñáns Nuno Mecia, Pablo López, Rubén Castro e Nito Valle foron preseleccionados pola selección galega benxamin para o adestramento que vai levar a cabo o vindeiro martes 26-1-2010 ás 18:00h no Pavillón Restollal de Santiago de Compostela. Os rapaces deberán de levar a ficha federativa, D.N.I., roupa deportiva e útiles de aseo.
¡Sorte rapaces e a deixar o pavillón moi alto!

viernes, 22 de enero de 2010

O xogador da nosa selección infantil, Miguel Rivas, foi convocado para o adestramento que o combinado galego da súa categoría fará o vindeiro martes, 26 de xaneiro, ás 17.00 horas, no pavillón compostelán de Restollal.O xogador deberá levar a ficha federativa,D.N.I.,roupa deportiva e útiles de aseo.
¡Moita sorte!.

martes, 19 de enero de 2010

Os nosos xogadores da selección cadete Carlos Valle, Miguel Gomes e Erik Campo foron convocados polo seleccionador galego Manuel Martínez "Maradona" para adestrar o vindeiro luns 25 ás 17:00h no Pavillón Municipal de Guitiriz (situado ao lado do colexio).
Os xogadores deberán de acudir con D.N.I., licencia federativa, roupa deportiva e útiles de aseo.
¡Sorte rapaces!

Unha vez que xa rematamos todos os partidos oficiais coas Seleccións A Mariña de Fútbol Sala todos os xogadores que foron seleccionadosnas distintas categorias teñen que devolver tanto a indumentaria de xogo como o chándal de paseo que lles foi prestado.
Para elo, podeno facer das seguintes maneiras:

1-poñéndose en contacto co seleccionador de cada categoría para que lle recolla a roupa.

2-entregándolla aoa responsables dos seus equipos cos que xogan habitualmente que no la farán chegar a nosoutros.
Rogamos,a poder ser, que non se demoren moito en devolvela coa fin de poder ter todo almacenado e recollido o antes posible.

lunes, 18 de enero de 2010

Unha boa imaxe, unha victoria ante un gran rival e un gran enfado…eso ó o que sacou a selección da Mariña na súa participación na fase final do Campionato Galego de Seleccións Locais.
Comezou a mañá ben para os mariñáns. Os cadetes impúñanse na tanda de penaltis despois do empate a 2 tantos no tempo reglamentario á selección de Lugo, composta íntegramente polo equipo cadete do Azkar, gañador do torneo de Nadal de Lugo fronte equipos coma o F C Barcelona ou o Caja Segovia. Na primeira metade os lucenses mostraron a súa supeioridade e puxéronse con 2-0 pese a tres boas paradas do turista Samuel e á boa imaxe que ofrecían os seus compañeiros, pese a que non gozaron de moitas mais ocasións que un par de contras levadas por Carlos e Miguel respectivamente. Os rapaces defendían con acerto salvo os erros puntuais dos goles e tentaban saír a contra con velocidade para sorprender un rival superior físicamente e que entrena moito máis que os nosos rapaces.
No descanso a consigna de Melu foi seguir igual en defensa, se cadra apretar un pouco mais cerca os xogadores rivais e tentar xogar con máis cabeza as contras, para ter mais claras ocasións. Así os rapaces interpretaron ben as consignas do seu mister e leron perfectamente o partido, sabedores de que estaban aínda dentro do partido. Ben confiados nas paradas do palestino Erik, os rapaces saían cada vez máis á contra en oleadas ben gobernadas por Miguel ou Jairo, chegando a primeira ocasión importante nun man a man entre o infantil Rubén e o porteiro lucense, ó cal regateou con clase pero logo o remate foiselle por fora. Así pasaba o tempo pero os rapaces seguían a confiar nas súas posibilidades que ían aumentar moito cando a falt de uns minutos para o final Miguel completou o mellor gol do torneo. Foise de tres rivais á contra, parouse, comezou a pivotar, deixou atrais outro rival e meteu un duro disparo que deu no pao e entrou.
Así os mariñans chegaban ó tramo final coa moral polas nubes e lanzados a polo empate que chegaría a 20 segundos para o final cando Carlos despois de estrelar un disparo cercano no porteiro colleu o rexeite e fixo o 2-2 de perfecta vaselina.
Chegouse entón á tanda de penaltis na que os mariñáns estiveron máis acertados que os lucenses, que tiraron fora os dous primeiros e lles detivo Erik o cuarto, mentres que os polos nosos rapaces só errou Miguel.
Ao pouco de rematar o partido dos cadetes,os benxamíns remataban temén o deu partido de semifinaiscunha derrota fronte ó combinado de A Coruña,que á postre sería o campión, por 5-2 tras mantelas opcións intactas até o descanso (2-2). Incluso comenzaron gañando cun gol obra de Nuno pero logo empataron os coruñenes, que logo daban a volta ó marcador. Outra vez Nuno foi quen de empatar antes do descanso. Pero a partires de ahí comezou a mala sorte dos máis pequenos da Mariña, que fallaron varias ocasións que poideron contrarrestalos goles que ían subindo ó marcador os da Coruña, ata o 5-2 final, pero non foi así e os nosos campións non poideron disputar a final. Unha mágoa que os discípulos do gran Fran Vázquez non poideran acceder á final, posto que contan cunha das mellores plantillas con nenos da calidade do focego Nuno, do mago de Riotorto Pablo ou do burelao Nito. Aínda así Rubén, Luismi, Paulo, Aitor, Pablo I, Nuno ,Luis , Pablo II, Álvaro, Xavi, Pedro e Nito son 12 campìóns enormes tanto en futbol sala como en simpatía.
Logo dos seus respectivos partidos os rapaces xuntáronse e foron xantar para repoñer forzas. Quedaba a final cadete ás 17:00 da tarde fronte ó combinado santiagués e os rapaces tiñan que estar en condicións óptimas para gañar.
Comezou o partido con dominio absoluto dos mariñáns, cun rival en media pista sen a máis mínima intención de inquietalo rival, presionar, tocar o balón, moverse entre liñas, facer un corte, é decir, de xogar ó fútbol sala. O único que pretendían era esperar que os nosos rapaces fallaran un pase para roubar e lanzarse hacia porta. Cando tiñan a bola o seu único argumento era un saque largo do porteiro hacia o pivote. Así os discípulos de Melu, seguindo os consellos do seu mister tentaban desartellala defensa rival e non tardaron en ter ocasións, pois as chegadas eran continuas, coma un tiro o pao de Miguel, cando este chegou un pouco forzado ó segundo pao. Tivo outra ben clara Carlos antes de que se adiantaran os locais, xa con Erik na portería, pois Samuel tivo un choque fortuito cun rival no que levou un golpe no nariz e comezou a sangrar, polo que se perdeu todo o partido. Seguían a acumular ocasións os visitantes pero non afinaban con batilo porteiro rival, demasiado acertado neste encontro. Ademáis as faltas estaban moito mais caras para un lado que para o outro posto que calquera toque dun mariñán facía sonar o silbato mentres que duras tarascadas dos santiagueses pasaban desapercibidas polos colexiados, mais pendentes de vixilar o banco de Melu que do propio encontro.
Chegouse ó descanso co resultado de 1-0 e o míster vivariense aproveitou para lles clarificar ós rapaces os mellores sistemas ofensivos para chegar á porta rival, a pesar de que o xogo estaba a ser bo.
Continuou igual o partido na segunda metade, con chegadas por parte dos mariñáns, que chegaron a lanzar 5 veces ó poste, e algunha contra rival ben solventada por Erik. Á saída nun corte, nun erro defensivo, chegou o 2-0 que non podía ser mais inxusto visto o feito por uns e outros. Aínda así non cambiaron as trazas e os mariñáns seguían a presionar e a embotellalo rival, errando ocasión tras ocasión e desesperándose cada vez máis coa laboura dos encargados de impartir ¿xustiza? A falta de 5 minutos Melu pideu tempo morto para explicar como ía ser o sistema do porteiro xogador. Colocou un 5 para 4 cun pivote fixo e xogándose un 1 para 1 na banda que quedaba libre pola marcaxe ó pivot, algo que Miguel interpretou á perfección e chegou tres veces a liña de fondo deixando balóns no segundo pao, que nalgúns casos non atoparon rematador e noutros o rematador non poido anotar gol. Unha xogada maestra que non deu os seus froitos. Así chegouse ó final, co enésimo pero de máis bulto erro arbitral que nin merece comentario algún.
Unha mágoa polo esforzo feito polos rapaces, que se cadra o notaron na final, tendo en conta as baixas por lesión de Noé e Miguel. A destacar a entrega de todos e a gran aportación dos infantís Rubén e Miguel.

sábado, 16 de enero de 2010

O vindeiro Domingo 17-1-2010 desprazaremos ata a cidade de Santiago de Compostela os nosos combinados cadete e benxamin para a disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais coa esperanza de seguir mantendo os bos resultados colleitados na fase de clasificación.
Os benxamins disputarán as semifinais contra a Selección de A Coruña ás 12:15h no Pavillón Restollal de Santiago.
En caso de gañar, os discípulos de Fran Vázquez,enfrontarianse na final, ás 18:00h no mesmo pavillón, ao gañador da outra semifinal que enfronta ás Seleccións de Ourense e Santiago.
Pola súa parte os cadetes xogarán as semifinais contra a
Selección de Lugo ás 11:30h no Pavillón de Santa Isabel.
En caso de gañar xogarian a final, ás 17:00h e no mesmo pavillón, contra o vencedor da outra semifinal que enfronta ás Seleccións de Vigo e Santiago.
Asimesmo, gañemos ou non os partidos de pola mañá quedaremonos a comer ali xa que tódolos combinados que se clasificaron para a Fase Final estamos convidados a comer no comedor universitario de Monte da Condesa situado na Rúa Joaquín Diaz de Rábago s/n (campus Sur na carretera de Noia).
As horas e lugares de saída do autobús son os seguintes:
•07:45h. de VIVEIRO (Supermercado Haley)
•07:55h. de SAN CIBRAO (Restaurante O Castelo)
•08:00h. de BURELA (Pavillón Vista Alegre)
•08:05h. de CANGAS (Restaurante Selmira)
•08:15h. de FOZ (Ayuntamiento)
•08:20h. de BARREIROS (Restaurante O Asador)
•08:30h. de LOURENZÁ (Mesón Paraíso)
•08:35h. de MONDOÑEDO (Restaurante O Rei das Tartas)
Ademáis tódolos rapaces deberán de levar:
-DNI E TARXETA SANITARIA
-CHANDAL e ROUPA DA SELECCIÓN
-ROUPA E ÚTILES DE ASEO

Unha vez rematen tódolos partidos os nosos combinados comezaremos a viaxe de regreso.

viernes, 15 de enero de 2010

A viaxe a Cambre ao final foi un rotundo éxito,xa que tanto os benxamins coma os alevins colleitaron sendos triunfos.Comenzou a tarde-noite co partido dos discipulos de Fran ás 20:00h, partido no que os pequenos mariñáns demostraron todo o seu poderío defensivo e ofensivo endosándolle un set en branco á comarca de Cambre(0-6), sellando a súa clasificación para a fase final do Campionato Galego de Seleccións Locais e finalizando unha fase de clasificación brilante con tres triunfos en tantos partidos.Os goles foron obra de Pablo López Gallo das ED Lourenzá que volveu a anotar un hat trick, Nuno Mecia da AD Santiago de Foz e Xavi Goás da ACD Xove. Unha hora máis tarde deu comezo o partido dos alevíns,que ante a ausencia do seu míster José Francisco Martínez, non quixeron ser menos ca o resto de seleccións e acabaron cunha victoria holgada por 2-9. Os goleadores foron Álex Paz do Porto Celeiro FS con tres goles,Manuel Vázquez das ED Lourenzá e Daniel Lòpez do CD Burela FS cun doblete cada un e Hanza Malluri das ED Lourenzá e Aitor López da AD Santiago de Foz que anotaron cadanseu gol.Destacar o feito de que a victoria alevin quixeronlla dedicar os rapaces a Martínez,así como, o feito de que é a primeira vez que conseguimos que o combinado mariñán en categoria benxamin se clasifique para a disputa da Fase Final.¡Noraboa rapaces!

miércoles, 13 de enero de 2010

O vindeiro venres 15-1-2010 a selección cadete levará a cabo o seu derradeiro adestramento antes da disputa da Fase Final do Campionato Galego de Selección Locais que terá lugar o vindeiro domingo en Santiago de Compostela. Os xogadores do combinado mariñán están citados ás 20:30h no Pavillón A Veiga de San Cibrao. Ao final do adestramento informaremolos dos horarios dos partidos e das horas e lugares de saída do bus para a viaxe a Santiago.

lunes, 11 de enero de 2010

Finalmente,teremonos que desprazar o vindeiro xoves 14-1-2010 á comarca de Cambre para a disputa dos derradeiros partidos da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais.
Esta mañá chamaronnos os responsables das seleccións de Cambre e confirmaronos que tiñan pavillón para a disputa dos partidos a partir das 19:00h.,quedando establecidos os novos horarios dos partidos da seguinte forma:
-CATEGORIA BENXAMIN ás 19:30h.
SELECCIÓN DE CAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS
-CATEGORIA ALEVIN ás 20:30h.
SELECCIÓN DE CAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS
Estes partidos tamén sufriron modificación no pavillón no que se ian a disputar,xa que agora xogaránse no Pavillón Breixo Lema, tamén situado na localidade de Cambre.
Como consecuencia dos novos horarios de xogo tamén tivemos que modificar toda a ruta de transporte, quedando establecidos deste xeito as horas e lugares de saída do autobús:
16:45h de VIVEIRO (Supermercado Haley).
16:55h de XOVE (Boutique Catycris).
17:05h de SAN CIBRAO (Restaurante O Castelo).
17:15h de BURELA (Pavillón Vista Alegre).
17.20h de CANGAS (Restaurante Selmira).
17:25h de NOIS (Antigo Bar Brea).
17:30h de FOZ (Concello).
17:45h de BARREIROS (Restaurante O Asador).
17:55h de LOURENZÁ (Mesón Paraíso).
18:05h de MONDOÑEDO (Rei das Tartas).
Todolos rapaces deberán de levar:
-DNI e TARXETA SANITARIA
-A ROUPA E CHÁNDAL DA SELECCIÓN
-ROUPA E ÚTILES DE ASEO
O regreso está previsto para as 00:00h (lugar de saída).

domingo, 10 de enero de 2010

Como non nos garantizaban un bo regreso dende Cambre,vimonos na necesidade ter que volver a suspender a vixe prevista para a disputa dos partidos contra as seleccións de dita comarca.
A situación agora é un pouco complexa porque dende a federación obrigannos á disputa dos partidos aprazados antes do vindeiro xoves día 14-1-2010.
Non nos queda outro remedio que viaxar coas seleccións benxamin e alevin entre semana. Estamos pendientes da confirmación do día e hora de partidos.
Os que si quedan suspendidos de forma definitiva son os partidos amigables que ian a disputar as seleccións infantil e cadete.
Unha vez saibamos os novos horarios dos partidos informaremos da hora e pavillón donde se disputarán estes, así como, da hora e lugares de saída do autobús.

viernes, 8 de enero de 2010

Xa temos confirmados os horarios dos partidos aprazados coas seleccións de Cambre. Serán o vindeiro domingo día 10-1-2010, mantendose a mesma hora de partido e o pavillón donde se van a disputar. A programación da viaxe non sufreu ningunha modificación e as horas e lugares de saída do autobús son as mesmas.De todos modos, os seleccionadores poñeránse en contacto cos seus xogadores e clubes para informarlles de todo esto.
Esperamos poder viaxar e non ter que volver a aprazar a viaxe sentindo moito as molestias que vos puidemos ocasionar.
Sentidoi moito pero con con motivo das nevadas caídas nos últimos días na nosa provincia vimonos obrigados a suspender a viaxe que tiñamos programada para ir a Cambre.
Puxemonos en contacto cos responsables dos equipos rivais e explicamoslles os nosos motivos e decidimos de mutuo acordo aprazar os partidos, notificándolle o aprazamento á Federación Galega de Fútbol Sala.
Asimesmo,tamén aproveitamos a conversa para intentar buscar unha data que nos veña ben ás dúas seleccións na que poder disputar os partidos aprazados, do que vos iremos informando aqui puntualmento no momento en que saibamos algo.

miércoles, 6 de enero de 2010

Como a comarca de Cambre,ao final, non presenta selección nas categorias infantil e cadete os responsables das Seleccións A Mariña de Fútbol Sala decidimos,aproveitando a viaxe,desprazar aos nosos combinados infantil e cadete para a disputa dunha serie de amigables que nos sirvan para preparar a Fase Final do Campionato Galego se Seleccións Locais que terán que disputar o vindeiro Domingo 17-1-2010 en Santiago de Compostela.
Puxemonos en contacto cunha serie de equipos da provincia da Coruña e temos confirmado o partido que disputará o combinado cadete ás 18:00h (Pavillón Munipal Os Campóns) contra o CD Mare Nostrum.
Polo que respeta ao combinado infantil estivemos esperando ata a última hora do xoves para que nos confirmasen algo e ao final non temos equipo ao que enfrontarse, así que, sentindo moito os rapaces do combinado infantil, nesta ocasión, non se desprazarán ata Cambre.
O vindeiro Venres 8-1-2010 desprazaremonos ata a comarca de Cambre para a disputa dos derradeiros partidos da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais.Viaxaremos en autobús que sairá de Viveiro e que como na viaxe anterior irá pasando por tódalas vilas da nosa comarca para ir recollendo aos rapaces dos distintos equipos e lugares que foron seleccionados. As horas e lugar de saída do autobús son as seguintes:
11:50h de VIVEIRO (Supermercado Haley).
12:00h de XOVE (Boutique Catycris).
12:10h de SAN CIBRAO (Restaurante O Castelo).
12:20h de BURELA (Pavillón Vista Alegre).
12:25h de CANGAS (Restaurante Selmira).
12:30h de NOIS (Antigo Bar Brea).
12:40h de FOZ (Concello).
12:50h de BARREIROS (Restaurante O Asador).
13:00h de LOURENZÁ (Mesón Paraíso).
13:10h de MONDOÑEDO (Rei das Tartas).
Tódolos rapaces deberán de viaxar,na medida do posible ,no autobús e:

-LEVAR O DNI E TARXETA SANITARIA.
-LEVAR O CHÁNDAL E ROUPA DA SELECCIÓN.

-LEVAR ROUPA E ÚTILES DE ASEO.
Os partidos disputaránse no Pavillón Municipal Os Campóns situado en Sigrás (Cambre) e os seus horarios son os seguintes:
-CATEGORIA BENXAMIN ás 16:00h.
SELECCIÓN DE CAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS
-CATEGORIA ALEVIN ás 17:00h
SELECCIÓN DE CAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS
Nesta ocasión a comarca de Cambre non presenta selección nas categorias infantil e cadete.
O regreso está previsto para as 23:00h (lugar de saída).

martes, 5 de enero de 2010

As Seleccións da Mariña de Fútbol Sala xa teñen fixadas as datas dos novos adestramentos que terán lugar o vindeiro Xoves 7-1-2010 no Pavillón Monte Castelo de Burela. Os horarios de adestramentos serán os seguintes:
-CATEGORIA BENXAMIN ás 16:00h. ata as 17:30h.

-CATEGORIA INFANTIL ás 17:30h ata as 19:00h.
-CATEGORIA CADETE ás 19:00h ata as 20:00h.
Ao finalizar os adestramentos entregaránse os avisos con toda a información da viaxe a Cambre que terá lugar o vindeiro Venres 8-1-2010.

domingo, 3 de enero de 2010

Coa chegada do ano novo,as Seleccións da Mariña de fútbol sala reanudan os seus adestramentos coas pilas cargadas para aforntar o seu derradeiro enfrontamento da fase de clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais que terá lugar o vindeiro Venres 8-1-2010 en Cambre.
Os horarios dos adestramentos son os seguintes:
-Categoría CADETE:
Luns 4-1-2010 ás 18:00h no Pavillón Monte Castelo de Burela.
-Categoría INFANTIL:
Martes 5-1-2010 ás 17:15h no Pavillón Vista Alegre de Burela.
Ao remate dos adestramentos,informarase aos xogadores dos adestramentos programados para o día 7-1-2010,dos que tamén vos informaremos aquí.

 


Blogger Template By LawnyDesignz