sábado, 16 de enero de 2010

O vindeiro Domingo 17-1-2010 desprazaremos ata a cidade de Santiago de Compostela os nosos combinados cadete e benxamin para a disputa da Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais coa esperanza de seguir mantendo os bos resultados colleitados na fase de clasificación.
Os benxamins disputarán as semifinais contra a Selección de A Coruña ás 12:15h no Pavillón Restollal de Santiago.
En caso de gañar, os discípulos de Fran Vázquez,enfrontarianse na final, ás 18:00h no mesmo pavillón, ao gañador da outra semifinal que enfronta ás Seleccións de Ourense e Santiago.
Pola súa parte os cadetes xogarán as semifinais contra a
Selección de Lugo ás 11:30h no Pavillón de Santa Isabel.
En caso de gañar xogarian a final, ás 17:00h e no mesmo pavillón, contra o vencedor da outra semifinal que enfronta ás Seleccións de Vigo e Santiago.
Asimesmo, gañemos ou non os partidos de pola mañá quedaremonos a comer ali xa que tódolos combinados que se clasificaron para a Fase Final estamos convidados a comer no comedor universitario de Monte da Condesa situado na Rúa Joaquín Diaz de Rábago s/n (campus Sur na carretera de Noia).
As horas e lugares de saída do autobús son os seguintes:
•07:45h. de VIVEIRO (Supermercado Haley)
•07:55h. de SAN CIBRAO (Restaurante O Castelo)
•08:00h. de BURELA (Pavillón Vista Alegre)
•08:05h. de CANGAS (Restaurante Selmira)
•08:15h. de FOZ (Ayuntamiento)
•08:20h. de BARREIROS (Restaurante O Asador)
•08:30h. de LOURENZÁ (Mesón Paraíso)
•08:35h. de MONDOÑEDO (Restaurante O Rei das Tartas)
Ademáis tódolos rapaces deberán de levar:
-DNI E TARXETA SANITARIA
-CHANDAL e ROUPA DA SELECCIÓN
-ROUPA E ÚTILES DE ASEO

Unha vez rematen tódolos partidos os nosos combinados comezaremos a viaxe de regreso.
 


Blogger Template By LawnyDesignz