lunes, 18 de enero de 2010

Unha boa imaxe, unha victoria ante un gran rival e un gran enfado…eso ó o que sacou a selección da Mariña na súa participación na fase final do Campionato Galego de Seleccións Locais.
Comezou a mañá ben para os mariñáns. Os cadetes impúñanse na tanda de penaltis despois do empate a 2 tantos no tempo reglamentario á selección de Lugo, composta íntegramente polo equipo cadete do Azkar, gañador do torneo de Nadal de Lugo fronte equipos coma o F C Barcelona ou o Caja Segovia. Na primeira metade os lucenses mostraron a súa supeioridade e puxéronse con 2-0 pese a tres boas paradas do turista Samuel e á boa imaxe que ofrecían os seus compañeiros, pese a que non gozaron de moitas mais ocasións que un par de contras levadas por Carlos e Miguel respectivamente. Os rapaces defendían con acerto salvo os erros puntuais dos goles e tentaban saír a contra con velocidade para sorprender un rival superior físicamente e que entrena moito máis que os nosos rapaces.
No descanso a consigna de Melu foi seguir igual en defensa, se cadra apretar un pouco mais cerca os xogadores rivais e tentar xogar con máis cabeza as contras, para ter mais claras ocasións. Así os rapaces interpretaron ben as consignas do seu mister e leron perfectamente o partido, sabedores de que estaban aínda dentro do partido. Ben confiados nas paradas do palestino Erik, os rapaces saían cada vez máis á contra en oleadas ben gobernadas por Miguel ou Jairo, chegando a primeira ocasión importante nun man a man entre o infantil Rubén e o porteiro lucense, ó cal regateou con clase pero logo o remate foiselle por fora. Así pasaba o tempo pero os rapaces seguían a confiar nas súas posibilidades que ían aumentar moito cando a falt de uns minutos para o final Miguel completou o mellor gol do torneo. Foise de tres rivais á contra, parouse, comezou a pivotar, deixou atrais outro rival e meteu un duro disparo que deu no pao e entrou.
Así os mariñans chegaban ó tramo final coa moral polas nubes e lanzados a polo empate que chegaría a 20 segundos para o final cando Carlos despois de estrelar un disparo cercano no porteiro colleu o rexeite e fixo o 2-2 de perfecta vaselina.
Chegouse entón á tanda de penaltis na que os mariñáns estiveron máis acertados que os lucenses, que tiraron fora os dous primeiros e lles detivo Erik o cuarto, mentres que os polos nosos rapaces só errou Miguel.
Ao pouco de rematar o partido dos cadetes,os benxamíns remataban temén o deu partido de semifinaiscunha derrota fronte ó combinado de A Coruña,que á postre sería o campión, por 5-2 tras mantelas opcións intactas até o descanso (2-2). Incluso comenzaron gañando cun gol obra de Nuno pero logo empataron os coruñenes, que logo daban a volta ó marcador. Outra vez Nuno foi quen de empatar antes do descanso. Pero a partires de ahí comezou a mala sorte dos máis pequenos da Mariña, que fallaron varias ocasións que poideron contrarrestalos goles que ían subindo ó marcador os da Coruña, ata o 5-2 final, pero non foi así e os nosos campións non poideron disputar a final. Unha mágoa que os discípulos do gran Fran Vázquez non poideran acceder á final, posto que contan cunha das mellores plantillas con nenos da calidade do focego Nuno, do mago de Riotorto Pablo ou do burelao Nito. Aínda así Rubén, Luismi, Paulo, Aitor, Pablo I, Nuno ,Luis , Pablo II, Álvaro, Xavi, Pedro e Nito son 12 campìóns enormes tanto en futbol sala como en simpatía.
Logo dos seus respectivos partidos os rapaces xuntáronse e foron xantar para repoñer forzas. Quedaba a final cadete ás 17:00 da tarde fronte ó combinado santiagués e os rapaces tiñan que estar en condicións óptimas para gañar.
Comezou o partido con dominio absoluto dos mariñáns, cun rival en media pista sen a máis mínima intención de inquietalo rival, presionar, tocar o balón, moverse entre liñas, facer un corte, é decir, de xogar ó fútbol sala. O único que pretendían era esperar que os nosos rapaces fallaran un pase para roubar e lanzarse hacia porta. Cando tiñan a bola o seu único argumento era un saque largo do porteiro hacia o pivote. Así os discípulos de Melu, seguindo os consellos do seu mister tentaban desartellala defensa rival e non tardaron en ter ocasións, pois as chegadas eran continuas, coma un tiro o pao de Miguel, cando este chegou un pouco forzado ó segundo pao. Tivo outra ben clara Carlos antes de que se adiantaran os locais, xa con Erik na portería, pois Samuel tivo un choque fortuito cun rival no que levou un golpe no nariz e comezou a sangrar, polo que se perdeu todo o partido. Seguían a acumular ocasións os visitantes pero non afinaban con batilo porteiro rival, demasiado acertado neste encontro. Ademáis as faltas estaban moito mais caras para un lado que para o outro posto que calquera toque dun mariñán facía sonar o silbato mentres que duras tarascadas dos santiagueses pasaban desapercibidas polos colexiados, mais pendentes de vixilar o banco de Melu que do propio encontro.
Chegouse ó descanso co resultado de 1-0 e o míster vivariense aproveitou para lles clarificar ós rapaces os mellores sistemas ofensivos para chegar á porta rival, a pesar de que o xogo estaba a ser bo.
Continuou igual o partido na segunda metade, con chegadas por parte dos mariñáns, que chegaron a lanzar 5 veces ó poste, e algunha contra rival ben solventada por Erik. Á saída nun corte, nun erro defensivo, chegou o 2-0 que non podía ser mais inxusto visto o feito por uns e outros. Aínda así non cambiaron as trazas e os mariñáns seguían a presionar e a embotellalo rival, errando ocasión tras ocasión e desesperándose cada vez máis coa laboura dos encargados de impartir ¿xustiza? A falta de 5 minutos Melu pideu tempo morto para explicar como ía ser o sistema do porteiro xogador. Colocou un 5 para 4 cun pivote fixo e xogándose un 1 para 1 na banda que quedaba libre pola marcaxe ó pivot, algo que Miguel interpretou á perfección e chegou tres veces a liña de fondo deixando balóns no segundo pao, que nalgúns casos non atoparon rematador e noutros o rematador non poido anotar gol. Unha xogada maestra que non deu os seus froitos. Así chegouse ó final, co enésimo pero de máis bulto erro arbitral que nin merece comentario algún.
Unha mágoa polo esforzo feito polos rapaces, que se cadra o notaron na final, tendo en conta as baixas por lesión de Noé e Miguel. A destacar a entrega de todos e a gran aportación dos infantís Rubén e Miguel.
 


Blogger Template By LawnyDesignz