viernes, 15 de enero de 2010

A viaxe a Cambre ao final foi un rotundo éxito,xa que tanto os benxamins coma os alevins colleitaron sendos triunfos.Comenzou a tarde-noite co partido dos discipulos de Fran ás 20:00h, partido no que os pequenos mariñáns demostraron todo o seu poderío defensivo e ofensivo endosándolle un set en branco á comarca de Cambre(0-6), sellando a súa clasificación para a fase final do Campionato Galego de Seleccións Locais e finalizando unha fase de clasificación brilante con tres triunfos en tantos partidos.Os goles foron obra de Pablo López Gallo das ED Lourenzá que volveu a anotar un hat trick, Nuno Mecia da AD Santiago de Foz e Xavi Goás da ACD Xove. Unha hora máis tarde deu comezo o partido dos alevíns,que ante a ausencia do seu míster José Francisco Martínez, non quixeron ser menos ca o resto de seleccións e acabaron cunha victoria holgada por 2-9. Os goleadores foron Álex Paz do Porto Celeiro FS con tres goles,Manuel Vázquez das ED Lourenzá e Daniel Lòpez do CD Burela FS cun doblete cada un e Hanza Malluri das ED Lourenzá e Aitor López da AD Santiago de Foz que anotaron cadanseu gol.Destacar o feito de que a victoria alevin quixeronlla dedicar os rapaces a Martínez,así como, o feito de que é a primeira vez que conseguimos que o combinado mariñán en categoria benxamin se clasifique para a disputa da Fase Final.¡Noraboa rapaces!
 


Blogger Template By LawnyDesignz