miércoles, 6 de enero de 2010

O vindeiro Venres 8-1-2010 desprazaremonos ata a comarca de Cambre para a disputa dos derradeiros partidos da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais.Viaxaremos en autobús que sairá de Viveiro e que como na viaxe anterior irá pasando por tódalas vilas da nosa comarca para ir recollendo aos rapaces dos distintos equipos e lugares que foron seleccionados. As horas e lugar de saída do autobús son as seguintes:
11:50h de VIVEIRO (Supermercado Haley).
12:00h de XOVE (Boutique Catycris).
12:10h de SAN CIBRAO (Restaurante O Castelo).
12:20h de BURELA (Pavillón Vista Alegre).
12:25h de CANGAS (Restaurante Selmira).
12:30h de NOIS (Antigo Bar Brea).
12:40h de FOZ (Concello).
12:50h de BARREIROS (Restaurante O Asador).
13:00h de LOURENZÁ (Mesón Paraíso).
13:10h de MONDOÑEDO (Rei das Tartas).
Tódolos rapaces deberán de viaxar,na medida do posible ,no autobús e:

-LEVAR O DNI E TARXETA SANITARIA.
-LEVAR O CHÁNDAL E ROUPA DA SELECCIÓN.

-LEVAR ROUPA E ÚTILES DE ASEO.
Os partidos disputaránse no Pavillón Municipal Os Campóns situado en Sigrás (Cambre) e os seus horarios son os seguintes:
-CATEGORIA BENXAMIN ás 16:00h.
SELECCIÓN DE CAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS
-CATEGORIA ALEVIN ás 17:00h
SELECCIÓN DE CAMBRE - SELECCIÓN A MARIÑA FS
Nesta ocasión a comarca de Cambre non presenta selección nas categorias infantil e cadete.
O regreso está previsto para as 23:00h (lugar de saída).
 


Blogger Template By LawnyDesignz