jueves, 25 de marzo de 2010

Seguimos coa rolda de entrevistas cos xogadores mariñáns convocados coas seleccións galegas. Hoxe tocálle o turno a Erik Campo, xogador cadete que vai a defender as cores do combinado galego no Campionato de España que se vaia a celebrar do 9 ao 11 de Abril en Málaga.
Pregunta.-Boa Tarde Erik. Qué tal está a ser ata o momento a experiencia coa seleccion galega?
Erik.-Ben polo feito de ser aínda de 1º ano e poder ir xa definitivamente convocado. Haber se para o ano podo repetir.
P.- Que tal te levas cos teus compañeiros da selección?
E.- Ben, todos son de segundo ano menos o outro porteiro que quedou fora e un rapaz de Ferrol que xoga no Parrulo.
P.- Cres que algún dos teus compañeiros de equipo ou da selección da Mariña tamén debera estar?
E.- Si. Carlos, Miguel ou Jairo, sobre todo co partido que este fixo en Ferrol, poderían estar perfectamente.
P.- Como te sintes cando xogas co teu irmán Jairo?
E.- Ben, sobre todo cando xogamos os dous ben e gañamos.
P.- Xogaches algunha vez contra él?
E.- Si pero so amistosos.
P.- E como te sintes cando sodes rivais?
E.- Ben sobre todo cando non me mete goles, jajaja…
P.-Tamén xogas ó futbol verdade?
E.- Si no cadete da S.D. Burela
P.- Qué é o que mais che gusta de cada deporte?
E.- Do fútbol sala o que mais me gusta é o un para un. Do fútbol o que mais me gusta é que teño mais liberdade co pé.
P.- En cal cres que destacas mais?
E.- En Fútbol sala, por todo o que levo conseguido ata o de agora.
P.- Ves á selección galega con opcións no nacional?
E.- Si eu creo que temos bastantes.
P.- A parte dos deportes, tes algunha afección máis, coma por exemplo algún xogo de cartas extranxeiro, moi de moda entre os teus compañeiros?
E.- Non, non me gusta apostar.
P.- Que tal che vai nos estudos?
E.- Ben, por agora sempre fun aprobando todo.
Pois que sigas así en tódolos ámbitos, moita sorte.
Erik da un forte e san apretón de mans.

¡Noraboa e moita sorte Erik!
Unha vez máis, os benxamins mariñáns Nuno Mecia, Pablo López e Rubén Castro foron chamados para o adestramento que a selección galega da súa categoría vaia a realizar o vindeiro mércores 31 de marzo no pavillón municipal de Roxos (Carmen Estévez), situado na carretera de Santiago a Noia e que dará comezo ás 18:00h. Os rapazes deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e ficha federativa.
¡Sorte rapazes!

viernes, 19 de marzo de 2010

Ao final consigueuse o obxetivo marcado. Onte á tarde comunicáronlle ao noso xogador cadete Erik Campo que vai ir convocado coa selección galega da súa categoria que vai a participar nos vindeiros Campionatos de España de Seleccións Territoriais que se van a celebrar en Málaga os dias 9,10 e 11 de Abril. Dende aqui desexámoslle a Erik toda a sorte do mundo e haber se consigue volvernos con outro título de campión de España.
¡Noraboa Erik!

lunes, 15 de marzo de 2010

Hoxe á tarde o seleccionador galego benxamin, Enrique Serantes, volveu a reclamar a presenza dos nosos pequenos Nuno Mecía, Rubén Castro e Pablo López para a concentración que a selección da súa categoria vai a realizar de novo o vindeiro fin de semana dende o venres 19 ata o domingo 21 de marzo no albergue da Marina Española en Gandarío na localidade de Sada. Os xogadores deberán de incorporarse a esta concentración o venres ás 16:15h. e sairán o domingo pola tarde para retornar as súas casas ás 15:00h. Os xogadores deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, ficha federativa e o D.N.I.
A relación de xogadores convocados é a seguinte: Israel Pérez e Alex Pérez do Liceo, Diego Varela Ex Alcohólicos, Ruben Castro das ED Valadouro, Nuno Mecia da AD Santiago de Foz, Pablo López das ED Lourenzá, Adrián Rodriguez do Lumieira, Martin Diz do Ancoradouro, Matias Jesús, Raúl Melo, Alvaro Andrade, Tiago Rodriguez e Miguel Sánchez do Anexa.
¡Sorte rapazes!
De seguido amosamosvos a entevista que lle fixemos a Nuno Mecía e Rubén Castro, dous dos nosos benxamins convocados para a selección galega benxamin que participará o vindeiro mes de abril nos Campionatos de España de categorias base:
Boas, vos ides xogar coa selección galega no Campionato de España, verdade?
Nuno.- Creo que si…si.
Rubén.- Si
Onde ides xogar?
N/R.- En Málaga (os dous ó unísono).
Cando ides xogar?
N/R.- En abril (os dous ó unísono).
Disfrutástedes nas concentracións da selección galega?
N.- Si, sobre todo Rubén…jajaja.
Por qué di iso?
R.- Porque os monitores da selección galega non crían que me doera o estómago e logo tiven que estar ingresado no hospital.
Pero xa estás ben, non?
R.- Si.
E na selección da Mariña, disfrutades tamén moito?
N.- Si porque xogamos cos amigos.
R.- E ademáis xogamos moi ben.
Que opinión tendes voso adestrador na selección da Mariña, Fran?
N/R.- Caenos ben.
Que esperades do Campionato Nacional coa selección galega?
N.- Imos gañar (taxante).
R.- Eu tamén o creo.
Entón védesvos con moitas posibilidades?
N/R.- Siiiiiiiiiiiii.
Qué tal vos levades cos vosos compañeiros da selección galega?
N/R.- Moi ben, facemos moitas tonterías e contamos chistes.
De onde son eles?
N/R.- Hainos de Coruña, Ourense, Noia, Ferrol, Lugo…(a maioría dos lugares coñéceos mellor Rubén ca Nuno)
Esta so para Nuno, qué é a bolecha?
N.- É un baile personal meu, so eu o fago.
Dende aqui queremoslles dalles as grazas polos seus simpáticos comentarios e ao mesmo tempo darlles a nosa noraboa e amosarlles todo o noso apoio esperando que faigan un bo papel deixando o pavillón mariñán moi alto.
¡Noraboa Nuno e Rubén!

viernes, 12 de marzo de 2010

De novo, os benxamins mariñáns Nuno Mecia, Pablo López e Rubén Castro foron chamados para o adestramento que a selección galega da súa categoría vaia a realizar o vindeiro mércores 17 de marzo no pavillón municipal de Roxos, situado na carretera de Santiago a Noia e que dará comezo ás 18:00h. Este adestramento e será o derradeiro que faigan antes da segunda concentración que van a levar a cabo na Ponte de San Xosé no albergue da Marina Española situado na localidade coruñesa de Gandarío en Sada. Os rapazes deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e ficha federativa.
¡Sorte rapazes!

jueves, 11 de marzo de 2010

Hoxe á tarde o seleccionador galego cadete, Manuel Martínez, volveu a reclamar a presenza do noso xogador Erik Campo para a concentración que a selección da súa categoria vai a realizar de novo o vindeiro fin de semana dende o venres 12 ata o domingo 14 de marzo no albergue de Gandarío na localidade de Sada. Erik incorporaráse a esta concentración o venres ás 16:15h. e sairá o domingo pola tarde para retornar as súas casas. No transcurso deste concentración, e máis concretamente o sábado, os rapazes de "Maradona" van xogar un amistoso contra o combinado galego da categoría xuvenil. O xogador deberá ir provisto de roupa deportiva, útiles de aseo, ficha federativa e o D.N.I.
A relación dos xogadores convocados é a seguinte: Bruno Abalde e Fabio Gonzalves do Coruxo, Antonio Rodriguez eRodrigo Blanco do Bueu, Erik Campo do Burela Turística, Pablo Ramos de O Parrulo, Oscar Lago do Mera, ,Ricardo Arcay do Troula, Javier Rico, Alejandro Gruñeiro, Erik Mariño, Carlos Areñas do Azkar Lugo, Modesto Rouco Almuiña do Autos Lobelle.
¡Moita sorte Erik!

domingo, 7 de marzo de 2010

Unha vez máis, os benxamins mariñáns Nuno Mecia, Pablo López e Rubén Castro foron chamados para o adestramento que a selección galega da súa categoría vaia a realizar o vindeiro mércores 10 de marzo no pavillón municipal de Roxos, situado na carretera de Santiago a Noia. O adestramento dará comezo ás 17:45h e os rapazes deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e ficha federativa.
¡Moita sorte rapazes!

miércoles, 3 de marzo de 2010

Unha vez máis o seleccionador galego cadete, Manuel Martínez, volveu a reclamar a presenza do noso xogador cadete, Erik Campo, para o adestramento que o combinado galego vaia a realizar o vindeiro venres 6-3-2010 no pavillón do Centro Terra en Lugo. Neste adestramento a selección galega voltará a xogar un novo partido amistoso que lle sirva de preparación para o Campionato de España de seleccións territoriais que se vai a disputar o vindeiro mes de abril en Málaga. O xogador deberá de presentarse alí con roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e a ficha federativa.
¡Moita sorte Erik!
 


Blogger Template By LawnyDesignz