Dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremos desexarlle a todo o mundo un Feliz e Próspero Ano 2011.¡FELIZ ANO 2011!
A selección benxamín, dirixida polo laurentino Brenan Rivas Terrón está formada polos seguintes xogadores: Lucas Díaz Teijeira, Miguel González Giz, Brais Vilal González, Juan López Sánchez, Natalael Jiménez Borja e Mario Cao Ossorio do Praia de Covas, Pol Bassa Mora e Aaron Artin Hernández do CD Burela FS, Adrián Rodríguez Rego da A.C.D. Xove, Arturo Cardenal López Santos de A Mariña FS, Jorge Insúa Candia do C.F.S. Cidade de Viveiro e Hugo Rodriquez Pardo das ED Lourenzá.¡SORTE RAPACES!
Nos partidos amigables disputados o pasado Domingo 19-12-2010 derónse os seguintes resultados:
O vindeiro Domingo 19-12-2010 os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala van a xogar novos partidos amigables no Pavillón Municipal de Lourenzá.
O vindeiro Xoves 30-12-2010 os combinados mariñáns desprazáranse até a comarca de Lambre para enfrontarse cos combinados de dita comarca. Os partidos disputaránse no Pavillón Municipal de Miño e os horarios serán os seguintes:
Trala disputa dos primeiros partidos amigables as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala non descansan e prosiguen cos seus adestramentos. O vindeiro domingo 12 de decembro os combinados mariñáns desprazáranse de novo ata a vila de Foz para seguir cos seus adestramentos de cara a disputa da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais, nos seguintes pavillóns e horarios:
Xa temos as datas confirmadas dos partidos oficiais que os combinados das Seleccións A Mariña de Fútbol Sala van a disputar na fase de clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais, cuia fase final se vaia a disputar en Viveiro.
Nos partidos amigables disputados o pasado Mércores 8 no Pavillón Municipal de Viveiro derónse os seguintes resultados:
O vindeiro Mércores 8-12-2010 os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala van a xogar os primeiros partidos amigables no Pavillón Municipal de Viveiro.
O vindeiro domingo 28 de novembro os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala desprazáranse ata a vila focense para seguir con seus adestramentos de cara a disputa da Fase de Clasificación do Campionato Galego de Seleccións Locais, nos seguintes pavillóns e horarios:
O vindeiro domingo 21 de novembro os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala seguirán con seus adestramentos nos seguintes pavillóns e horarios:
O vindeiro domingo 14 de novembro os combinados da Selección A Mariña de Fútbol Sala terán novos adestramentos nos seguintes pavillóns e horarios:
Un ano máis arranca a tempada para as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala e volve a facelo con enerxías renovas e con toda a ilusión do mundo coa fin de intentar clasificarse para a Fase Final do Campionato Galego de Seleccións Locais e que por primeira vez se xogará na nosa comarca, en concreto, na localidade de Viveiro.
Os benxamins mariñáns Nuno Mecía, Pablo Lòpez e Rubén Castro proclamáronse campións de España o pasado fin de semana no Campionato de España de Seleccións Territoriais organizado pola Confederación Ncional de Fútbol Sala que se disputou en Málaga. A selección galega benxamin completou un gran torneo xa que no primeiro partido impúxose a Castilla La Mancha por 13-0, no segundo partido impúxose a Extremadura por 12-1 e xa no derradeiro partido logo de empezar perdendo consigueu empatar o partido(2-2) contra Andalucía a falta de dous minutos para a conclusión do encontro pero a maior diferenza de goles ao seu favor otorgoulles o primeiro posto.
Grazas, grazas , de novo grazas e asi ata tres mil que son o número de visitas que recibeu xa a nosa páxina. Dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremosvos agradecer a tod@s as numerosas visitas que nos facedes diariamente e queremos agradecervos tamén o voso apoio sen o cal sería moi difícil seguir a diante. O dito esperamos que vos sexa de moita utilidade e que nos deades moitas ideas coas que poidamos seguir mellorando.
Os nosos xogadores mariñáns, Nuno, Pablo, Rubén e Erik, convocados polas seleccións galegas e os demáis compoñentes destas poñen hose rumbo a Málaga para a disputa dos Campionatos de España de Seleccións Territoriais. Sairán as 19:40h do Hotel Jorge I de Lugo. Ás 22:00 h. farán unha parada en Benavente para cear no Restaurante Paradores. A chegada a Torrox (Málaga) está prevista para as 9:00h do venres hospedándose no Hotel Santa Rosa. Unha vez alí tomarán o desayuno e procederase a entrega da roupa e reparto de habitacións. Os xogadores deberán de viaxar con D.N.I. ou pasaporte individual e a licencia federativa.
Ao final serán catro os rapaces mariñáns que nos representarán nas seleccións galegas de categorias base. Trátase dos benxamíns Nuno Mecía, Rubén Castro pertencentes á AD Santiago de Foz, Pablo López das ED Lourenzá e do cadete Erik Campo membro do Burela Turística. Todos eles desprazáranse o vindeiro xoves cara Málaga para a disputa do Campionato de España de Seleccións Territorias que se vai a celebrar o vindeiro fin de semana do 9-10 e 11. Dende aquí queremos desexarlles a todos eles moitísima sorte.
De novo, os benxamins mariñáns Nuno Mecia, Pablo López e Rubén Castro foron chamados para o adestramento que a selección galega da súa categoría vaia a realizar o vindeiro mércores 17 de marzo no pavillón municipal de Roxos, situado na carretera de Santiago a Noia e que dará comezo ás 18:00h. Este adestramento e será o derradeiro que faigan antes da segunda concentración que van a levar a cabo na Ponte de San Xosé no albergue da Marina Española situado na localidade coruñesa de Gandarío en Sada. Os rapazes deberán ir provistos de roupa deportiva, útiles de aseo, D.N.I. e ficha federativa.
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares que estaba prevista que se desenvolvese desde mañá, xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido á previsión de adversas condicións climatolóxicas.
Todos os que formamos a grande familia das Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremos dar as grazas a todos aqueles que seguides o blogue con interese. Xa van máis de dúas mil visitas o cal quere dicir que entrades nel e ledes as entradas que nel se poñen. GRAZAS.
Gracias a tod@s polo voso apoio sen o cal sería moi difícil seguir adiante. Dende as Seleccións A Mariña de Fútbol Sala queremosvos agradecer as numerosas visitas que facedes a nosa páxina e que fan que xa pasemos das 1000. Esperamos que vos sexa de moita utilidade e que nos deades moitas ideas coas que poidamos seguir mellorando.
Según informa a páxina oficial da Federación Galega de Fútbol Sala o campionato nacional de seleccións nas súas categorias de base, benxamin, alevin, infantil e cadete celebrarase durante os dias 9, 10 e 11 de abril nas localidades malagueñas de Torrox e Algarrobo Costa.
Unha vez que xa rematamos todos os partidos oficiais coas Seleccións A Mariña de Fútbol Sala todos os xogadores que foron seleccionadosnas distintas categorias teñen que devolver tanto a indumentaria de xogo como o chándal de paseo que lles foi prestado.